Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Libros Vivintes


alzar-la-voz

En que consiste?

Libros Vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna as historias de vida de veciñas e veciños seus, a partir das cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas dentro e fóra das aulas.

O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes personas da Coruña, gravamos as súas historias de vida, ficcionamos e damos forma de relato a esa historia e transladamos o resultado aos alumnos e alumnas dos IES participantes.

Son eles quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, que libro vivinte queren descubrir, para o cal nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e as mozas e mozos que os leron.

Deste modo, os libros vivintes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería ter compartido.

8681572256_1d5d35ec62 8680462967_e4721a98a2

Obxectivos

Traballar a autoestima e a cohesión social desde a valorización do propio, do propio entorno diario e da súa xente.

Romper estereotipos, desafiando dalgunha maneira os prexuízos máis comúns dun xeito positivo e desenfadado.

Promover o respecto e a comprensión dunha forma concreta, sinxela e asequible.

Crear unha oportunidade para manter un diálogo entre persoas con visións e realidades diferentes da sociedade e así intercambiar opinións e aprender dos demais.

 

Cando?

Celébranse dúas edicións, durante o curso escolar: en febreiro e en maio. En cada unha delas trabállanse tres libros vivintes diferentes.

 

Como participar?

Libros Vivintes veuse desenvolvendo até o momento en colaboración co  IES Agra do Orzán, mais é unha proposta aberta á súa realización con calquera centro de ensino da Coruña e mesmo doutros concellos.

Para valorar a posibilidade da súa realización con novos centros educativos simplemente hai que se poñer en contacto coa Biblioteca Ágora.

Máis información

Para saber máis do desenvolvemento deste programa pódese consultar o propio blog Suma Ágora e através do correo librosvivintes@gmail.com 

Onde?

Biblioteca Ágora

Os nosos Libros Vivintes

Estas son as historias que fomos incorporando ao longo das sucesivas edicións:

Maneiras de Vivir      O local sen paredes  No vento de Kagga Kogi (1)   Unha nena diferente de Monte Alto  Pobos Contados (1)  Fabeiro, Coruña, Piruw

Portada  Portada  Portada  The Reformer

Portada

Nun yes tuO_sindrome_Peter_PanNon_son_mercenarioTi_es_culpable_de_todoMenú_xenéticaPoética_randomdestino_minden

Galicia_Crime

Ademais das sesións habituais, preparamos tamén un Libro Vivinte específico para a visita dos rapaces e rapazas das Bibliotecas Escolares de Galicia.

gingko-biloba-1

Advertisements

22 comentarios en “Libros Vivintes

  1. Pingback: En poucos días, os Libros Vivintes | Suma Ágora

  2. Pingback: Unha nena diferente de Monte Alto | Suma Ágora

  3. Pingback: Maneiras de vivir | Suma Ágora

  4. Pingback: O local sen paredes | Suma Ágora

  5. Pingback: Aquí pasan cousas! | Suma Ágora

  6. Pingback: Volven os Libros Vivintes! | Suma Ágora

  7. Pingback: Lola Pereira no Ágora | Suma Ágora

  8. Pingback: A Biblioteca dos Libros Vivintes, de novo na Ágora | Suma Ágora

  9. Pingback: Unha Biblioteca que mira máis alá de si mesma | Suma Ágora

  10. Pingback: Volven os Libros Vivintes co IES Agra do Orzán | Suma Ágora

  11. Pingback: Sesión especial Día del Libro | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

  12. Pingback: Premio audiovisual para o IES Agra do Orzán | Suma Ágora

  13. Pingback: Catro historias máis para a nosa biblioteca vivinte | Suma Ágora

  14. Pingback: A Ágora máis chinesa, coas Bibliotecas Escolares de Galicia | Suma Ágora

  15. Pingback: “Menos no baño, temos libros en todos os sitios” | Suma Ágora

  16. Pingback: Libros Vivintes | Biblioagra

  17. Pingback: Libros Vivintes e Alfabetización Informacional no IES Agra I | Suma Ágora

  18. Pingback: O alumnado do IES Agra I protagonista da AI na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

  19. Pingback: A nosa biblioteca vivinte segue a crecer! | Suma Ágora

  20. Pingback: “Ser muller, galega e actriz é ser muller ao cubo” | Suma Ágora

  21. Pingback: Libros Vivintes 2017 | Biblioagra

  22. Pingback: Dúas historias máis para a nosa Biblioteca Vivinte! | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: