Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Libros Vivintes e Alfabetización Informacional no IES Agra I

Alfabetizacion previa 4ºB

Sesión previa co grupo 4ºB ESO

Nos últimos anos, a Biblioteca Ágora ven de desenvolver a proposta Libros Vivintes na súa aposta por traballar cos institutos da contorna e facer da súa relación con eles, unha biblioteca vivida, accesible á mocidade e cercana ás historias de vida dos seus veciños e veciñas.

Nesta ocasión, e con motivo da posta en marcha dun programa de alfabetización informacional (ALFIN) para o alumnado deste mesmo centro, pensamos sería un bo xeito de empatar ambos obxectivos no senso de reforzar a idea de biblioteca humana orientada ás persoas de Libros Vivintes, coa formación e aprendizaxe da alfabetización informacional, compartindo recursos e servizos que están a disposición do alumnado e dos que pretendemos coñezan o máximo posible.


Unha breve mostra da presentación

https://prezi.com/8ethxzdqilda/papel-da-biblioteca/

010-horz

Sesión previa 4º C-D ESO

Con ese obxectivo, achegámonos ao instituto Agra I, para compartir con todo o alumnado de 4º da ESO unha sesión previa de abordaxe da proposta de Libros Vivintes, e dar os primeiros pasos no manexo e uso da biblioteca. E se ben é certo, que a alfabetización ten como finalidade crear persoas capaces de atopar, avaliar e usar a información para resolver problemas e tomar decisións, usando ou sen usar a biblioteca, nós comezamos por dar os primeiros pasos para identificar o problema e poñérmonos en común algúns dos recursos que como biblioteca temos.


Ademais este ano ao fío de Libros Vivintes,  e formando parte dunha programación para solidarizármonos co 25N, Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller, as persoas protagonistas dos nosos libros achegarán interesantes historias de vida para divulgar unha mensaxe de loita dende diferentes perspectivas.

Podedes consultar toda a programación na axenda e participar na campaña que lle da nome "Pinta o teu mundo de laranxa", un bo exemplo é David Sobrino, alumno do Agra I.

axenda

Pero para que a proposta de Libros Vivintes cobre vida, é preciso que todo o alumnado participe e seleccione o título que maior interese lle suscitara. Para iso, non esquezades entrar no seguinte enlace, onde poderedes deixar constancia da vosa escolla.

Pincha aquí: https://docs.google.com/forms/d/1nFlUd0ulksYqJvvcYmFvh_0AV8Jz7CLxysTiWUHIlHc/viewform

E xa para rematar, non podemos máis que dar as grazas á dirección e profesorado do IES Agra I pola implicación que están a manifestar na súa colaboración coa biblioteca e co proxecto Suma Ágora. Grazas a tod@s e específicamente á equipa da biblioteca escolar, porque BiblioAgra-O blog da biblioteca escolar do IES Agra do Orzán comezou a dar os primeiros pasos, nós apareciamos hoxe por alí, e de seguro serán moitas as referencias que desta labor deamos ao longo deste mes de novembro que compartiremos con tod@s vós.

Sempre un pracer!

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

4 comentarios en “Libros Vivintes e Alfabetización Informacional no IES Agra I

  1. MILAGROS MARTINEZ RIOS
    Novembro 7, 2015

    Gracias de nuevo a todo el equipo de la biblioteca del Ágora, sin vuestro apoyo , consejos y ánimos, este nuevo proyecto de biblioteca escolar no sería posible .
    Un abrazo
    Milagros y Mari ( en nombre de todo el Instituto Agra )

    • evavieites
      Novembro 7, 2015

      O traballo colaborativo implicándonos naquilo no que cremos, é sempre unha labor que desde a Biblioteca facemos con gusto e enerxía. Graciñas a toda a comunidade educativa por compatir e camiñar nun obxectivo común, facer barrio e apostar por todo o positivo que nós une…

  2. Pingback: O alumnado do IES Agra I protagonista da AI na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

  3. Pingback: Libros Vivintes e #25N co alumnado do IES Agra I | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: