Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“Non creo na media laranxa para toda a vida, non hai un amor exclusivo, de feito, pode haber múltiples persoas”

LV_MJ (14)

“Todo é un proceso de saber lerse a unha mesma, no meu caso ante a falta de referentes fun probando até que dixen, é isto”

“Tardei moito tempo en darme conta que era bisexual e, ante a falta de referentes, fun pola miña conta experimentando na universidade, probando cousas, lendo moito e falando con amigas e xente coñecida até que dixen, pois é isto”

ORIXES NO BARRIO

María José Ramos ou MJ, como prefire que lle chamen, é do barrio. A súa infancia e adolescencia transcorreu entre a Ronda de Outeiro, Agra, Katanga e Labañou. Estudou a secundaria no Rafael Dieste e hoxe comparte con nós a sección Conversas con…ao fío da celebración do Día Europeo da Saúde Sexual e do Días dos Namorados que se celebra este 14 de febreiro.

MJ cursou Xornalismo e Ciencias Políticas na USC pola súa inclinación a entender as Ciencias Sociais, e foi estudando e facendo o Máster de Investigación de Métodos onde descubriu que o activismo LGTBI era un tema que lle importaba.

LV_MJ (6)

“Non fago activismo poliamoroso pero son poliamorosa, creo que hai que buscar representatividade e escalar na sociedade neste campo, pero se a sociedade non está preparada para entender identidades “trans”, moito menos para o poliamor”

RECOÑECERSE

“Acabei o instituto no 2010 e fai dez anos non tiñamos referentes de persoas transexuais ou bisexuais,  faltaban os referentes femininos. Tardei moito tempo en decatarme que era bisexual. 

Puiden descubrilo a través dos estudos e considero que non debera ser así, unha persoa debera sabelo desde pequeniña, pero como non temos referentes, pois non dispoñemos desa opción. De aí que me pareza tan importante traballar no activismo para expoñerlle referentes á xente.

Haberá uns cinco anos tiven a sorte de empezar a saír cun rapaz co que coincidín nunha visión das relacións moi aberta, separando a sexualidade da afectividade. E tiven a sorte de atopalo a el que entendía as relacións como as entendía eu e que estaban baseadas no respecto básico polas persoas”.

LV_MJ (13)

“Descubrín que podo querer a unha persoa dunha forma e a outra persoa doutra, sen limitarnos a esa estrutura hetero-normativa baseada na media laranxa para toda a vida, porque non se atopa un amor exclusivo, non existe unha persoa para ti, de feito poden existir múltiples persoas”

DO POLIAMOR

O do poliamor é unha mensaxe moi complicada de dar porque a xente lévao sempre ao sexo, e vai moito máis aló diso, vai de respecto, de independencia e comunicación. Eu quero a moitas persoas e se teño unha relación poliamorosa alguén poderá chamarme viciosa, enferma ou o que sexa, pero non é un ataque diario. Teño un grupo de amigas moi forte, teño apoio social, a miña familia e miña nai sabe todo isto e non me supón ningún problema, no meu caso, son consciente dos privilexios que teño e por iso intento axudar a outra xente.

Pero o propio sistema capitalista intenta poñer esa hetero-norma de familia, pai, nai, dous fillos, can e gato. E todo isto do poliamor vai máis alá, trátase de buscar acordos e respectarse, intentar buscar en cada momento o que mellor nos faga sentir a cada unha, e non estamos nin preparados, nin socializados neste xeito de pensar, temos moita deconstrución que facer.

Sin títuloEn Galicia o único grupo que se está a mover está en Compostela, chámase “Compostela non monógama”, e organízase a través de facebook.

O colectivo xorde en outubro de 2018 en Santiago de Compostela como iniciativa dun grupo de persoas practicantes da non monogamia ou sensibilizadas con ela, coa intención de ser un punto de encontro e un referente para todos aqueles interesados nestes temas. As actividades do colectivo están orientadas á difusión, ao debate e á reflexión sobre diversos temas relacionados coa non monogamia tratados en reunións periódicas e outras actividades, nun ambiente seguro, aberto e comprensivo, de xeito que toda persoa que queira poida asistir e participar.

LV_MJ (1)

ACTIVISMO LGTBI
poliamor

Na imaxe unha das ilustracións do libro Poliamor, da autora e ilustradora independente centrada en temas de comunicación saudable e dinámicas de relación Tikva Wolf. Unha das recomendacións de MJ.

Comecei na asociación hai seis meses e estamos intentando tocar todos os paus; este ano son os Encontros Estatais Lgtb, que imos organizar desde A Coruña; por outra banda estamos a traballar no ano temático (organizado desde a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) de Mulleres LTBI para impulsar a presenza feminina no activismo e tamén pechamos “Maiores sen Armarios”, para visibilizar á poboación maior que decide reivindicarse”.

Tamén estou moi concienciada coas persoas transexuais porque son o colectivo que está neste momento máis en precario. O meu traballo fin de máster foi sobre dereitos trans e hai unha grande diferenza entre os nenos que nacen agora que teñen pais concienciados e o que pasaba hai dez anos. Empatizo moito neses casos porque non podes ser ti, non te aceptan ao non entender o que es, con todos os problemas que pode supoñer non expresar a túa propia identidade, que é algo moi básico.

DEBATE NO FEMINISMO POLO TERMO CIS
Cisxénero (abreviado cis) é un neoloxismo de orixe alemán propio do campo interdisciplinario dos estudos de xénero empregado para facer referencia a aqueles individuos cuxa identidade de xénero coincide co seu fenotipo sexual. O oposto a cisxénero sería transxénero.
“A min gústame empregar o termo CIS a pesares da polémica, porque creo que é un indicador de privilexio, para min non invisibiliza ao suxeito do feminismo, simplemente indica que hai mulleres que teñen outras necesidades, igual que unha muller racializada ou musulmana, por exemplo, pero é complicado facer entender ao núcleo duro do feminismo isto, porque consideran que as mulleres de verdade somos as que temos vulva, perseguindo ás mulleres trans “.
MJ RECOMENDA

LV_MJ (15)

NA REDE

Na rede recomendo á xornalista, ilustradora e cómica transxénero Elsa Ruíz, que ademais ten unha forma de ser moi directa e clara. Tamén hai un blog “Golfos con principios” onde se abordan temas de orientación sexual, lgtbi, poliamor ou bdsm(sadomasoquismo).

elsa-horz

LIBROS

“Devenir perra de Itziar Ziga e Poliamor, lo mejor de Kimchi Cuddles, de Tivka Wolf. Este último foi marabilloso”.

devenir-perra-itziar-ziga-square-horz

Na imaxe, de esquerda a dereita portada de “Devenir perra” xunto á súa autora, a xornalista vasca e activista do feminismo Itziar Ziga, e Poliamor, da autora e ilustradora independente centrada en temas de comunicación saudable e dinámicas de relación Tikva Wolf.

UN FILME

ShortBus, de John Cameron Mitchell. É das bizarradas que me gustan e amosa a perspectiva que a min me gustaría que tiveran as ficcións, de realidades de relacións que non son perfectas nin o van ser, pero que se pode traballar con elas”.

UNHA ARTISTA E UN TEMA MUSICAL

A que me tocou no meu período foi Lady Gaga, coñecina cando tiña 16 anos e foi a que empezou a darlle un pouco a volta a todo. E a canción I kissed a girl de Katy Perry, con ela dixen: quero bicar a unha rapaza. Eu non marcho de aquí sen bicar rapazas”.

1571068494_623335_1571068776_noticia_normal-horz

UN LUGAR

“O meu salón, aí teño reunións cos meus amigos onde falamos disto durante horas e saco dildos e outros xoguetes do armario e pasámolo moi ben. Amo aos meus amigos“.

UN SOÑO

Un soño utópico sería que todas as persoas aprenderamos a empatizar e entender realmente aos demais. E dos que non son utópicos, montar a miña propia familia diversa non normativa, que o meu núcleo de habitabilidade sexa home e amigas, un grupo de amizade no que nos queiramos e poidamos vivir xuntas, sen que ninguén nos diga: tedes que sentar a cabeza, se todo vai ben, por que tes que sentar a cabeza cunha parella normal?

Pois até aquí a nosa especial celebración do amor da man de MJ, que recentemente vén de participar no programa Libros Vivintes cunha dobre sesión compartida co alumnado do IES Agra I e o Club de lectura QUEERuña.

Grazas novamente María José, sumámonos desde as BMC á celebración neste 2020 do décimo aniversario de ALAS e desexámosvos uns bos encontros FELGTB na cidade!

Só quero probalo, teño curiosidade por ti, chamoume a atención. Biquei a unha rapaza e gustoume…

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para todas as persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: