Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Volven os Libros Vivintes co IES Agra do Orzán

Un dos proxectos máis consolidados da Biblioteca do conxunto dos que puxemos en marcha dentro da liña de traballo de relación cos nosos barrios é o que chamamos Libros Vivintes.

Como explicamos no seu día, trátase dunha adaptación á nosa realidade e posibilidades dunha iniciativa que tamén se desenvolve noutros territorios e que ten orixe en iniciativas de integración social das comunidades inmigrantes nos países nórdicos e na recollida e valorización das culturas dos pobos indíxenas no continente latinoamericano. A día de hoxe temos constancia, tamén, do desenvolvemento de libros vivintes noutras parte de Galiza e do Estado.

Na nosa Biblioteca levamos tres anos celebrando sesións de libros vivintes, sempre con alumnado do IES Agra I e cun resultado francamente positivo. Por poñer un exemplo, compartimos cos lectores e lectoras deste blog a avaliación realizada co alumnado participante en febreiro deste mesmo ano, na que lles preguntabamos por catro cuestións: opinión sobre a proposta de Libros Vivintes como actividade dirixida a alumnado de secundaria, interese que espertou neles a lectura dos textos dos Libros Vivintes, interese e valoración que lles causaron as persoas participantes e valoración do desenvolvemento da propia sesión.

Pregunta 1 Pregunta 2 Pregunta 3 Pregunta 4

Os resultados, sendo no conxunto altamente satisfactorios, tamén nos indican cuestións que debemos ter en conta no desenvolvemento do programa. Así, a adaptación dos textos á capacidade de comprensión lectora do alumnado, a capacidade comunicativa dos libros vivintes escollidos e a posta en común e o traballo previo na aula resultan factores especialmente relevantes para o óptimo aproveitamento desta experiencia.

En maio, catro libros máis

Para a edición de maio, que se vai desenvolver nas tardes dos martes 5 e 12, temos preparados xa catro novo libros vivintes (Qi, The Reformer, A luta continúa, Si, sifu) que vos convidamos a ler.

Portada Portada The Reformer Portada

Nesta ocasión aproveitamos para introducir algunhas pequenas novidades, orientadas a provocar unha participación máis activa dos alumnos e alumnas no proceso de desenvolvemento do programa.

Despois de termos ido nas semanas pasadas ás aulas de 4º de ESO e de Diversificación,  do 20 ao 25 de abril o alumnado lerá os catro textos e indicará, de xeito personalizado a través dun correo electrónico, cal relato lle interesou máis e polo tanto desexa descubrir o día da sesión na Biblioteca.

Sen podermos anticipar máis polo momento, o que si queremos é recomendar a lectura dos catro textos propostos, tanto polo interese humano que as catro historias entendemos que teñen en si mesmas como polo factor común que presentan: a superación persoal para facer fronte a contextos ou situacións adversas.

Se queredes saber máis…

Facémolo constar de forma de xeito habitual, e repetímolo de novo. Calquera cousa que queirades saber sobre o noso traballo só tedes que vos poñer en contacto con nós.  No campo sociocultural o obxectivo debe ser, sempre, indicir de forma positiva nas persoas e nas comunidades e, polo tando, o enfoque do noso traballo pensamos que ten que ser cooperativo e relacional. Gústanos compartir experiencias, coñecementos e prácticas con vós, porque nos vai axudar a que traballemos mellor todos e todas, cadaquén no seu.

Se vos interesa o proxecto Libros Vivintes mandade un correo electrónico a librosvivintes@gmail.com ou vide vernos pola Biblioteca, e falamos!

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Volven os Libros Vivintes co IES Agra do Orzán

  1. Pingback: Catro historias máis para a nosa biblioteca vivinte | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Abril 20, 2015 por en Agra do Orzán,Biblioteca,Ensino,Libros Vivintes,Persoas , .
%d bloggers like this: