Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Premio audiovisual para o IES Agra do Orzán

Como fixemos no seu día co CEIP Raquel Camacho, desta volta traemos á actualidade de Suma Ágora o premio que vén de recibir outro centro da nosa contorna, o IES Agra do Orzán.

Coordinados polos profesores Teresa E. Méndez e César Morán, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato deste instituto (Mario Blanco, Claudia Gomez, Alba Gomez, Andreia F. Pereira, Nerea Rio,Sara Salvado e Michelle S. Trilck) elaborou unha curtametraxe que recibiu o pasado 24 de abril o segundo premio do Festival cinEOI, que organiza a Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

O título do traballo é “A árbore da amizade” e podedes velo a seguir:

Desde a Biblioteca Ágora queremos parabenizar ao noso centro veciño por este premio, un galardón que reciben ademais tanto alumnado como profesorado co que temos traballado man a man no proxecto Libros Vivintes, do estamos a desenvolver unha nova edición estes días (5 e 12 de maio, con alumnos e alumnas de 4º da ESO e de Diversificación) e da que vos faremos unha ampla reseña nas vindeiras semanas.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: