Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Unha nena diferente de Monte Alto

bette

Sinto que meu pai foi a única persoa que de verdade me entendeu na vida. Meu pai era cobrador de seguros e traballaba polas aldeas. Era feliz indo dun lado a outro e falando cos paisanos, gustáballe moito o trato coa xente do rural. E sobre todo era extremadamente culto e un lector voraz. Tiñamos tantos libros na casa que unha vez cedeu parte dun chan polo peso que soportaba. Foi el quen me ensinou a ler, antes xa de entrar eu na escola. A esa cultura, a esa curiosidade, sumáballe un carácter alegre e divertido, libre. Penso que nunca deixou de ser un neno grande. Os domingos á mañá poñíanos música e todos bailabamos no salón: Louis Armstrong, jazz, algo ao que non se lle podía chamar claqué, … E, ademais, era colombófilo. A xente de agora xa non sabe moi ben o que é iso, descoñece o mundo das pombas mensaxeiras, os usos que tiveron na historia. Sendo eu nena, nas Olimpiadas de Múnich do 1972 fixeran unha solta de pombas. Unha delas desorientouse e non sei como pero o caso é que chegou ao pombal do meu pai. Meu pai coidouna e tivo fillas. A unha delas, unha pombiña moi bonita, púxolle o meu nome: Fernanda. E acabamos descubrindo que aquela pomba era hermafrodita. Que cousas, verdade? Pódese dicir, se cadra, que a miña casa era unha casa de pombas e de libros.

O texto que vides de ler é un extracto do relato Unha nena diferente de Monte Alto, correspondente a un dos cinco Libros Vivintes cos que traballamos na Biblioteca Ágora en colaboración co IES Agra do Orzán.

Agora xa podemos dicir quen é a súa protagonista, a partir de quen se construiu o relato: Fernanda Pardo, tamén coñecida como Nandita ou Bette Pardo nos ambientes artísticos e alternativos da Coruña.

Nandita 01 Nandita 02

A vida de Nandita é realmente variopinta, chea de experiencias ao límite e de vontade de saír adiante a pesar de todo. Os distintos momentos vitais que aparecen no relato fóronnos referidos por ela na entrevista que mantivemos hai un par de meses. Mais non se dedica, hoxe, a mirar atrás con nostalxia, ira ou tristeza. Nandita mantén o seu vigor, a súa modernidade e a súa vocación de rebeldía fronte á ditadura silenciosa dos homes grises, con trallazos de creatividade e actitude punk, coma nesta versión coruñesa do “Love Jihad” de Skip & Die.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Unha nena diferente de Monte Alto

  1. Bibliotecas Municipales de A Coruña
    Abril 30, 2013

    Non temos acceso ao video deste libro vivinte?

  2. xavieragora
    Abril 30, 2013

    Infelizmente non puidemos gravar os libros vivintes en video, só temos fotos do seu desenvolvemento. Fixemos tres libros vivintes de forma simultánea e éranos imposible. Nas vindeiras semanas iremos subindo ao blog referencias aos outros dous.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Abril 28, 2013 por en Libros Vivintes,Música,Persoas , , , .
%d bloggers like this: