Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“O xuízo é a base sobre a que descansa a intolerancia”

Carlos Ocampo Marín naceu na cidade colombiana de Armenia hai 64 anos, descendente da chamada colonización antioqueña, viviu os seus anos de infancia durante a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, mentres o país se debatía nunha guerra civil entre liberais e conservadores e despois de terse producido en Bogotá o asasinato do líder popular Jorge Eliécer Gaitán Ayala. Así comeza a historia de vida de quen será un dos participantes na vindeira edición de Libros Vivintes na Biblioteca Ágora, e que hoxe reflexiona sobre tolerancia na nosa sección Conversas con

Para incidir na comprensión entre pobos e culturas este 16 de novembro, compartimos con vós anaquiños da vida deste terapeuta humanista no Día Internacional para a Tolerancia.

A primeira vítima da miña propia intolerancia fun eu mesmo. Así como xulgaba a sociedade, facíao tamén comigo mesmo e, polo tanto, era intolerante cara a miña familia de orixe, a miña historia de vida e aspectos e partes da miña propia persoa que non aceptaba.

A primeira vítima da miña intolerancia fun eu mesmo. Así como xulgaba á sociedade, facíao tamén comigo mesmo e, polo tanto, era intolerante cara a miña familia de orixe, cara a miña historia de vida e cara aspectos e partes da miña propia persoa que non aceptaba.”

DA TOLERANCIA

Nun espazo privilexiado para o encontro, para o intercambio de ideas, opinións e experiencias de vida como é a Biblioteca, que significa para ti a tolerancia?

Eu entendo a tolerancia como o non xuízo, xulgar é a base na que descansa a intolerancia e para min vai en contra da aceptación e do respecto e a valoración do outro. Os xuízos pechan a mente e impiden unha mentalidade aberta e tolerante. De feito, a intolerancia como fenómeno social é sostida pola intolerancia dos individuos que a conforman. A intolerancia social ten a capacidade de xerar movementos sociais, culturais, políticos e militares de estigmatización de grupos humanos e etnias que perseguen a súa exclusión e incluso o seu exterminio.

Fotografía do artista colombiano Andreas Matilla Pinilla, (Bogotá, Colombia, 1988) Bandeira do Exército Popular de Liberación (EPL), Organización Guerrilleira Popular de Extrema Esquerda Durante o apartheid, o matrimonio entre razas era ilegal en Sudáfrica, sen embargo os nenos non saben o que é a discriminación racial. Foto celebración Día Internacional para a Tolerancia, Mark Garten.

Fotografía do artista colombiano Andreas Matilla Pinilla, (Bogotá, Colombia, 1988). Bandeira do Exército Popular de Liberación(EPL), Organización Guerrilleira Popular de Extrema Esquerda. Durante o apartheid, o matrimonio entre razas era ilegal en Sudáfrica, sen embargo os nenos non saben o que é a discriminación racial. Foto celebración Día Internacional para a Tolerancia, Mark Garten.

Podes compartir a vivencia de recoñecerte como intolerante e a devolución da sociedade nese contexto? De onde partía a túa propia intolerancia?

Os meus xuízos respecto da sociedade colombiana na que vivín na miña xuventude, conducíronme a posicións intolerantes que se manifestaron a través de accións violentas en tanto que membro dunha célula guerrilleira. Os meus xuízos ían máis alá do recoñecemento da gran desigualdade social e económica existente no meu país, pois calificaba a un sector da poboación e ao goberno como opresores e explotadores do pobo. Este xuízo alimentou a miña indignación xa latente en min, en razón da miña propia historia familiar, e conduciume a adoitar comportamentos violentos contra o goberno e as clases do poder. En contrapartida, recibín de parte do Estado colombiano a intolerancia á altura que eu amosara cara el. Fun detido, encarcerado, xulgado, condenado e torturado pola xustiza penal militar.

Imaxe de Ramón Campos Iriarte, fotógrafo bogotano formado en Ciencia Política que decidiu hai dez anos seguir os pasos de seu pai, o recoñecido documentalista Yezid Campos e cubrir os conflitos en América Latina. O seu interese particular na guerra de Colombia levouno até os lugares máis apartados do país, en especial ao departamento do Chocó, a provincia máis pobre do país e unha das máis golpeadas pola guerra. Na imaxe, un guerrilleiro do ELN no 2014.

Á dereita imaxe de Ramón Campos Iriarte, fotógrafo bogotano formado en Ciencia Política e fillo do recoñecido documentalista Yezid Campos. O seu interese particular na guerra de Colombia levouno até os lugares máis apartados do país, en especial ao departamento do Chocó, a provincia máis pobre do país e unha das máis golpeadas pola guerra. Na imaxe, un guerrilleiro do ELN no 2014.

A dor e a infelicidade foron os detonantes do meu proceso persoal de cuestionamento para ir na dirección do non xuízo, do respecto, da aceptación e da valoración do que es.

A sociedade colombiana, algunhas mostras de intolerancia…

A historia de Colombia amosa xeitos endémicos de intolerancia política froito da profunda desigualdade socioeconómica no país, e todo aquilo que pretenda cuestionar esa ríxida estrutura é posible que sufra a intolerancia por parte dos sectores que ostentan o poder: estigma público, persecución, cárcere,  asasinato.

 El olvido que seremos é unha biografía novelada escrita por Héctor Abad Faciolince, gañadora do Premio WOLA-Duke en Dereitos Humanos en EEUU e do Prémio Criaçao Literária Casa da America Latina de Portugal. Un relato sobre a familia que reflicte o inferno da violencia que golpeou Colombia nos últimos cincuenta anos. Los ejércitos, de Evelio José Rosero (Premio Nacional de Literatura), premio Tusquets 2006, aborda as moitas guerras nas que vive inmersa a poboación en rexións que non son do centro do país e a paulatina degradación do conflito. El sabor de la Tierra, un cómic de Baudoin e Troubs, autor e ilustrador viaxan á rexión de Caquetá, preto do Amazonas e cuna das FARC, onde recollen a situación de ducias de miles de campesiños aos que lles foi arrebata a terra sufrindo desprazamentos masivos, secuestros e asasinatos colectivos causados polo enfrontamento entre paramilitares, guerrilleiros e narcotraficantes.

El olvido que seremos é unha biografía novelada escrita por Héctor Abad Faciolince, gañadora do Premio WOLA-Duke en Dereitos Humanos en EEUU e do Prémio Criaçao Literária Casa da America Latina de Portugal. Un relato sobre a familia que reflicte o inferno da violencia que golpeou Colombia nos últimos cincuenta anos. Los ejércitos, de Evelio José Rosero (Premio Nacional de Literatura), premio Tusquets 2006, aborda as moitas guerras nas que vive inmersa a poboación en rexións que non son do centro do país e a paulatina degradación do conflito. El sabor de la Tierra, un cómic de Baudoin e Troubs, no que autor e ilustrador viaxan á rexión de Caquetá, preto do Amazonas e cuna das FARC, onde recollen a situación de ducias de miles de campesiños aos que lles foi arrebata a terra sufrindo desprazamentos masivos, secuestros e asasinatos colectivos causados polo enfrontamento entre paramilitares, guerrilleiros e narcotraficantes.

O proceso de paz coas Farc impulsado polo entón presidente Xoán Manuel Santos no 2016, foi unha expresión de tolerancia en dous sentidos. En primeiro lugar, cara os guerrilleiros que querían entregar as armas e integrarse á vida civil democrática; e en segundo lugar dos guerrilleiros cara o Estado, entendido non xa como inimigo, senón como interlocutor para os acordos de paz e, ao mesmo tempo, unha expresión de intolerancia da opinión maioritaria contra estes acordos expresados no plebiscito do mesmo ano, sen dúbida manipulada polos sectores máis intolerantes da sociedade.

A intolerancia como fenómeno social é sostida pola intolerancia dos individuos que a conforman. Pero a primeira é máis que a suma das segundas.

“A intolerancia como fenómeno social é sostida pola intolerancia dos individuos que a conforman, pero a primeira é máis que a suma das segundas

E quero referirme á intolerancia coa que foi recibido o libro de Ingrid Betancourt en Colombia. Esta candidata á presidencia foi secuestrada polas Farc no 2002 e mantida en cativerio nas selvas colombianas durante seis anos e medio. Logo de ser rescatada polo exército colombiano, narrou a súa difícil experiencia como prisioneira en “No hay silencio que no termine” e tivo que enfrontarse aos prexuízos sobre a súa condición social, sobre o contexto do secuestro, ás relacións cos compañeiros de cativerio e á súa actitude unha vez foi liberada. Todo iso puido máis que a necesaria solidariedade que merece unha vítima da guerra. Nunha declaración ao diario El Espectador queixábase de que a sociedade colombiana era desapiadada coas vítimas.

Imaxe do fotógrafo colombiano Miguel Winograd. No hay silencio que no termine, de Ingrid Betancourt. Ingrid Betancourt

Á esquerda, imaxe do fotógrafo colombiano Miguel Winograd. No hay silencio que no termine, de Ingrid Betancourt.

Actualmente é unha expresión de intolerancia o asasinato de indíxenas e líderes sociais que reivindican os seus dereitos, e dos ex-guerrilleiros que se acolleron aos acordos de paz. Ao mesmo tempo, é unha mostra de tolerancia recente a elección á alcaldía de Bogotá  en outubro de 2019 da candidata Claudia López polo partido Alianza Verde. Unha candidata filla dunha mestra de escola, lesbiana e comprometida coa loita contra a corrupción.

Falando de mulleres comprometidas destacamos á escritora Marbel Sandoval Ordóñez, autora de en En el brazo del río, Joaquina Centeno e Las Brisas, unha triloxía onde a violencia en Colombia ten voz de muller.

A vivencia da tolerancia/intolerancia en Europa

Por outro lado, en tanto que inmigrante en Suíza (país no que permanecín durante vinte anos) e en España (desde hai sete anos), podo dar testemuña da tolerancia e aceptación coa que teño sido acollido. No persoal, debín cuestionar as miñas propias opinións e prexuízos cara o etnocentrismo, a opulencia da sociedade suíza e a súa condición de paraíso fiscal. De igual forma aquí en España, estiven atento aos meus xuízos, os mesmos que teñen sobrevivido séculos respecto do rol de España na conquista e colonización do continente americano. Suspender os meus xuízos permitiume ver o mellor, o máis positivo e construtivo das novas sociedades e culturas europeas, en particular a suíza e a española, fronte á que podo sentir gratitude e recoñecemento.

CARLOS RECOMENDA

Un libro: “El hombre en busca de sentido” de Victor Frankl.
Unha canción: La cigarra, de María Elena Walsh 
interpretada por Mercedes Sosa.

Un filme: Doctor Zhivago.

Unha comida: Ajiaco colombiano.

Un lugar: unha finca cafeteira do Quindío.

Un soño: a paz interior.

Grazas Carlos por todo o compartido neste Día Internacional para a Tolerancia, pola aprendizaxe na conversa, polas  reflexións desde o “non xuízo” encamiñadas á aceptación entre persoas, pobos e culturas e pola túa vontade de colaboración con nós, coa biblioteca e co mundo.

Vémonos en Libros Vivintes proximante. Até a próxima! Quedamos coa voz de Mercedes Sosa!!! Abrazo de corazón!

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para todas as persoas.

Un comentario en ““O xuízo é a base sobre a que descansa a intolerancia”

  1. Pingback: “Ola, chámome Berta e son unha Libro Vivinte” | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: