Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Aquí pasan cousas!

Hai días nos que unha se levanta orgullosa e viste o mellor sorriso e almorza na Biblioteca acompañada de fotos e lembranzas. Desde o 31 de xaneiro de 2011 acompáñannos imaxes de todo aquilo que nos vai facendo. Van, desde aquela, tres mil cincocentos socios e socias que se sumaron ás Bibliotecas Municipais da Coruña desde esta nosa, a de Ágora. Van centos de actividades, lecturas, poemas, músicas, préstamos, recomendacións, usos de internet, visionados de filmes, obradoiros, …

Gústanos estar aquí porque estades vós, e porque aquí pasan cousas. Deixamos os rulos na casa do século pasado e fixémonos tatuaxes, para levar na pel visíbel a aposta pola vida cotiá, polo servizo público, pola vocación de traballo cara fóra, cara as persoas, cara ao que dá sentido ao que facemos. Movémonos, ás veces, na corda frouxa que marca a necesidade de innovar, de arriscar, de probar formas, maneiras, ideas. Estamos para iso: bendita frescura, audacia, extravagancia mesmo. A cultura, para nós, é parte nutrinte da vida, non un corpo estraño, non un aditivo prescindible. Por iso mesmo queremos compartir a palabra, a alegría e desfrutar da vida en común. Impórtanos o que entra todos os días polas portas do Centro e circula desde a rúa Barcelona, desde Mosteiro de Caaveiro, desde Mariñeiros, desde as Conchiñas, desde os IES da contorna, desde as tendas e bares e librarías e comercios: a enerxía destes nosos bairros. As súas xentes. O que de verdade importa.

Por iso vos pedimos opinión, para que nos axudedes a mellorar. Por iso vos facemos protagonistas. Por iso gardamos e divulgamos, con paixón, o tesouro da memoria destes espazos que habitamos. Oxalá esteades tan contentos e contentas da Biblioteca como nós o estamos de poder traballar para vós, para facermos mellor o día a día de quen por aquí pasa. Gústanos, de verdade, estar aquí. Porque aquí… pasan cousas.

913798_10201236394774183_1443421936_o  27-04-12 006 0 029 aleman 002 Imagen 030  Imagen 036  20121212_191514 +PARQUE 003 Instalacións (8)

 

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xuño 3, 2013 por en Biblioteca,Persoas , , .
%d bloggers like this: