Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

En poucos días, os Libros Vivintes

human-library

Ese neno cambia. Medra cos amigos na Grande Obra de Atocha e aprende a importancia de
tratar a todo o mundo por igual. Ese neno xa non é tan neno e pon outravolta no radiocassete a
cinta de Leño, gastada polo uso, escoitando Maneras de vivir. Debuxa no ar upercats de
esquerda, directos á cara dos problemas, e esfórzase por se manter fiel a si mesmo. Ten dez, ou
once, ou doce anos, e xoga pachangas de fútbol no campo da Pena, soñando emular Arconada.
Ou fai horas e horas de traballo para axudar na casa. Ou ten trinta e cinco e custa chegar a fin
de mes, pero hai que pelexar polo soño que se busca. Ou ten menos, morre o pai e hai que
atender como se debe o negocio familiar. Todos eses intres son del, momentos da vida dese
neno que medra e perde a inocencia e ama o boxeo e xestiona un ximnasio. Quen agora
conduce o coche xa entrando na Coruña e pregunta aos rapaces onde os deixa, un por un.

O que vides de ler é un anaquiño pequeno dun dos cinco relatos que conforman o primeiro proxecto de Libros Vivintes que desenvolvemos desde a Biblioteca Ágora, e que imos poñer en marcha coa axuda do IES Agra do Orzán. Os alumnos e alumnas de 4º da ESO, da man do profesorado de literatura, están a traballar cos textos e, en poucos días, o 23 de abril (Día Internacional do Libro) terán a ocasión de descobrer, no Centro Ágora, quen son as persoas a partir das cales se crearon os diferentes relatos.

Trátase -ou iso queremos- de que os rapaces e rapazas dos centros da nosa contorna teñan a ocasión de coñecer, escoitar e valorizar as historias de vida de persoas do seu barrio, historias diferentes e cheas dos valores e dos exemplos que merecen a pena: esforzo, solidariedade, traballo, humildade, constancia.  Trátase, tamén, de que recoñezan nas persoas do seu día a día o autentico heroísmo cotiá, os auténticos exemplos a imitar, o auténtico valor co que enfrontar a vida, moi lonxe do brillo impostado dos shows televisivos, da fama como ideal, do éxito baleiro desta sociedade do espectáculo que perde a humanidade e a cambia polo resultado, polo diñeiro, polo poder custe o que custe.

Obviamente, o proxecto está enfocado e pensado para alumnos e alumnas de secundaria, mais nada impide a calquera persoa leitora deste blog achegarse aos textos –colgados no mesmo para a súa libre lectura– e gozar coas cinco historias ficcionadas que recollen diferentes momentos da vida de cinco veciños e veciñas de noso.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Abril 13, 2013 por en Libros Vivintes,Literatura,Persoas , , .
%d bloggers like this: