Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Maneiras de vivir

luís azteca 013

A noite péchase alta sobre o cemento. O boxeo é un deporte duro, pensa para si. A preparación  física, a resistencia aos golpes –que se ten ou non se ten-, as renuncias que esixe. Pero merece a pena. A el merécella, si. Merécea cada vez que abate a altivez adolescente dos rapaces e lles  mostra que o único camiño admisible é o da humildade. Merécea cando nota o afecto dos que o  rodean, a confianza e a lealdade que lle teñen. Merécea, sobre todo, cando quen entrou pola  porta con rabia e sen saídas atopa con el portas para unha vida diferente.

– Ata mañá! Hoxe a durmir, nada de esmorga, eh! Hai que descansar os corpos, que mañá é
outro día!

Os rapaces baixan e fanlle un aceno coñecido, de despedida. Non lonxe, dúas rúas cara abaixo, por detrás do cruceiro da praza dos Mariñeiros Muhammad Ali sorrí orgulloso desde o mural pintado na parede, coa fachenda negra dos membros da Nación do Islam. I´m black and i´m proud. Quen di negro, claro está, di pobre, di muller, di kurdo, di maricón, di obreiro. Esa dor mastígase nos dentes, proe como unha ferida, e despois muda en orgullo pola propia identidade. As cicatrices son marcas que nos delatan, que nos lembran quen somos, de onde vimos, o duro que foi o camiño. A noite péchase alta, sobre o cemento compacto da Agra. E alguén que son eu e non estou alí asubía, con ritmo de reggae, Redemption Song.

O anaco de relato que vés de ler correspóndese con Maneiras de vivir, o segundo dos nosos Libros Vivintes. Obviamente é unha ficción, unha narración literaria, mais ten moita verdade por baixo das palabras. Baséase -agora xa o podemos descubrir- na vida dun veciño de noso: Luís Suárez, do ximnasio e escola de boxeo Azteca Box.

Luís 01

Luis02

Luís foi para nós unha descuberta: á marxe dos tópicos e dos prexuízos cos que aínda hoxe ten que lidiar o boxeo, el amosounos o que é traballar diariamente desde o deporte para facer mellores persoas e inculcar valores de xustiza, esforzo, humildade e traballo nos rapaces e rapazas que pasan polas súas mans.

Convidámosvos a que o coñezades e a que comecedes a mirar o boxeo doutra forma. Ninguén mellor ca el para vos descobrer ese mundo.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Maneiras de vivir

  1. Pingback: Deporte e saúde estrean os roteiros xuvenís polo barrio | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Maio 7, 2013 por en Deportes,Libros Vivintes,Persoas,Traballo , , , , .
%d bloggers like this: