Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

O alumnado do IES Agra I protagonista da AI na Biblioteca Ágora

Hai meses que desde a Biblioteca puxemos en marcha unha nova proposta de traballo conxunto entre o IES Agra I e o proxecto Suma Ágora. Como comentabamos nun post anterior, o programa de Alfabetización Informacional (AI) tiña dous fíos condutores moi claros:

  • Por un lado, para o alumnado de 4º da ESO, os Libros Vivintes, isto é, a idea de biblioteca vivida e accesible á mocidade a través de historias de vida dos seus veciños e veciñas.
  • Por outro, para o alumnado de 1º e 2º da ESO, o blog da Biblioteca escolar BiblioAgra, como elemento de interconexión entre a Comunidade Educativa (alumnado, profesorado, familias) e a propia Biblioteca Ágora.

Estes dous camiños serían percorridos por cada un dos trescentos alumnos e alumnas ao longo do mes de novembro, na procura de sumar outra das premisas da Alfabetización Informacional:

“Crear persoas capaces de atopar, avaliar e usar a información para resolver problemas e tomas de decisión, usando ou non a biblioteca”

milagros-tile

Milagros, Nuria e Mari nunha das sesións de traballo na Biblioteca Ágora

Para isto foi indispensable a creación e dinamización de Biblioagra, hoxe o Blog da Biblioteca Escolar do IES Agra I, que co apoio e compromiso indiscutible de compañeiros e dirección resultou un xeito magnífico de canalizar todo o que acontece no instituto e, a maiores, de darlle vida tamén ao traballo vinculado coas lecturas, clubs ou recomendacións.

Biblioagra xa é o voceiro da comunidade educativa. Noraboa!!!

Pero o proceso de traballo continuou e a Biblioteca Ágora saíu fóra das súas paredes para presentarse, nas propias aulas, a máis de cen mozos e mozas de 1º da ESO, que foron quen de participar activamente nesta aposta por compartir e achegar habilidades da información.

Sesion previa 1ºB (3)-horz

Presentación da Biblioteca nas sesións previas. IES Agra I

Comezamos cunha presentación na que amosamos un modelo de biblioteca integral, onde a parte tanxible/física convive coas potencialidades da biblioteca virtual. Deixámosvos un enlace da animada presentación que desenvolvemos e á que seguiu a explicación e posterior conformación de equipas de traballo por parte do alumnado.

alteridade

Presentación en prezi da AI de 1º ESO. Fai click para ver

Xestáronse desta maneira catro grupos por aula, en base a catro contidos e inquietudes diferentes:

  • Equipa creativa, para a abordarxe da parte máis visual: os espazos, a distribución e o deseño da Biblioteca Ágora.
  • Equipa reflexiva, para a definición de contidos: que biblioteca quero para min? que actividades ou posibilidades me gustaría que puidese ter a miña biblioteca de proximidade?
  • Equipa descritiva, para a oferta de servizos: as bibliotecas municipais ofrecen un amplo catálogo de posibilidades físicas e virtuais. A equipa de servizos procuraría trasladar toda esa información ao resto de compañeiros, e mesmo explicarlles como sacarlles o máximo rendemento.
  • Equipa colaborativa, para a observación e a elaboración de propostas de todo tipo, con carácter aberto: recomendar é un moi bo xeito de dar a coñecer inquietudes, gustos, propostas e por suposto, achegar aquilo que desfrutamos e co que aprendemos ou nos sorprendemos. Este último grupo tería como obxectivo compartir todas as súas recomendacións, sen liñas vermellas.

Cada un dos cen alumnos e alumnas nesta sesión previa tiveron a oportunidade de decidir en que área querían desenvolver as súas propostas e inquedanzas.  Así é que o seguinte paso que percorremos foi coñecer físicamente a propia Biblioteca.


A visita1ºB 021

Os días 6, 9, 13 e 16 de novembro recibimos aos protagonistas na Biblioteca. As diferentes equipas explicaron a función que lle correspondía a cada un dos alumnos e alumnas que a integraban, coa finalidade de xerar as ideas máis orixinais e versátiles dentro dos distintos grupos.  Buscabamos con isto configurar equipas en que cada persoa puidese aportar o mellor desde o inicio e reforzase a dinámica do conxunto.

Cada grupo desfrutou de xeito diferente o seu paso pola biblioteca Ágora.

Con 1ºB celebramos “Movember”, solidarizándonos para concienciar sobre temas de saúde masculina como o cancro de próstata ou de testículo. Nesta ocasión deixamos medrar un bigote que coido non puido aguantar máis que un día, pero que permitíu visibilizar unha celebración cada vez máis internacional.

movember_nuria_eva

Eva e Nuria preparadas para recibir ao alumnado solidarizándose coa saúde masculina

Con 1ºA achegámonos de xeito divertido ao Venres 13. Non dubidamos en recibilos da maneira máis terrorífica e, con todo, Wu Yibau non temeu a estas bibliotecarias moribundas e compartiu con todos nós moitas das esencias da cultura chinesa: idioma, costumes, tradicións. E por certo, desfrutamos da lectura -por vez primeira en chinés- da obra de Eric Carle: Oso pardo, oso pardo, que ves?1º ESO A 088-tile

A mostra bibliográfica do 25NPinta o teu mundo de laranxa” protagonizou a sesión con 1 ºC. Descubrir o Libro dos Porcos de Anthony Brown e participar na campaña de solidariedade foron os elementos máis significativos que vivimos o día 9.

axenda

Con 1ºD descubrimos que a aposta pola colaboración entre comunidade educativa e Biblioteca cobraba forma, e Teresa, a profesora de lingua galega, plantexóunos a posibilidade de vir dar aulas unha vez ao mes ao espazo da biblioteca, reforzando  a idea de que nós somos o barrio e que facer comunidade está a converterse nunha filosofía compartida e valorada.

Pero sen excepción en todos os grupos o alumnado decidiu participar na campaña dos dezaseis días de activismo contra a violencia de xénero. Deixámosvos unha escolma de imaxes que podedes atopar na súa totalidade no seguinte enlace:

1º ESO A Alejandro (2)-tile

Alumnado solidario co 25N de 1ºA (ESO) do IES Agra I

Mais o proxecto continúa en proceso de creación.  Agora son eles os que están a aportar ideas e a dar forma aos contidos elaborados ao longo deste tempo. Desde a Biblioteca esperamos con ansia comezar a ver os primeiros resultados e converternos, como non, en voces de todo aquilo que estades a cociñar neste pequeno laboratorio de ideas. Aínda que todo o traballo que se está a realizar é igualmente valioso, das dezaseis propostas finais que verán a luz a primeiros de decembro só catro serán as que aparezan reseñadas en Biblioagra.

E mentres esperamos, agradecemos de novo a Begoña, Milagros, Teresa, Mari, Moreira, Fernando, César e moitos outros profesionais do ensino o traballo colaborativo sen o que sería imposible este proxecto.

Grazas de novo!

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

2 comentarios en “O alumnado do IES Agra I protagonista da AI na Biblioteca Ágora

  1. Pingback: Sumando forzas coa Biblioteca do Ágora | Biblioagra

  2. Pingback: A Biblioteca Ágora co IES Agra I: propostas do alumnado protagonista da alfabetización informacional | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: