Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Lola Pereira no Ágora

0x1C5B8776CC1711E1B76B8A04B2239F3E.2

Na semana pasada tivemos a sorte de contar na Biblioteca Ágora con Lola Pereira, veciña dos Mariñeiros que leva anos traballando en temas de educación popular, narración oral e dinamización da lectura en Sudamérica, e moi especialmente na zona de Santa Teresa, en Costa Rica, onde ten establecido o seu fogar.

Dentro do programa Libros Vivintes -que desenvolvemos desde a Biblioteca en colaboración co IES Agra I- puidemos organizar un encontro con perto de 30 mozos e mozas de 1º de Bacharelato, no que a nosa convidada percorreu a historia da creación do centro de ensino de secundaria que puxo en marcha no país centroamericano, explicando de primeira man as dificultades e vicisitudes que tivo que superar.

la foto 1

O día anterior, nas sesións do Club de Lectura Ágora, tivera tamén unha xuntanza coas integrantes do mesmo, na que detallou o seu traballo como escritora e narradora oral.

Lola Pereira clube (12) Lola Pereira clube (7)

Se queredes saber máis sobre esta nosa conveciña de orixe, podedes ler diferentes reportaxes sobre o seu traballo e tamén o texto que, baseado na súa vida, elaboramos para esta súa presenza entre nós.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Lola Pereira no Ágora

  1. Pingback: Sesión especial Día del Libro | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: