Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Axlubi-x

6823366018_322f7e6d66_m

Axlubi-x é unha formación de hip hop coruñesa, á que algúns se apresurarían en colocar o epíteto colorista do multicultural. Éo, si, porque nela conviven un coruñés, un senegalés, un caboverdiano e un uruguaio. Mais se cadra chega con indicar que son da Agra do Orzán, e por tanto fillos dunha realidade social que vive a multiculturalidade non como discurso impostado senón como realidade cotiá, sen buenismos, coas dinámicas de creatividade e de conflito asociadas á mesma.

Sexa como for, estes catro veciños da zona aprovéitana para sumar forzas e vontades arredor dunha música e dun discurso social claro e sen ambigüedades. Lóxico, tendo en conta a situación e a experiencia vital dalgúns deles. Nós coñecemos ao seu núcleo fundacional, Pablo e Diao Papis, cos que temos conversado no local da asociación Aseser Teranga, que agrupa e apoia a boa parte da comunidade senegalesa da Coruña, desde o local que teñen no Centro Cívico da Silva. A eles uníronse nos últimos tempos Omar e Che. Fan hip hop a partir da realidade que viven e que os circunda. Deixámosvos cun video onde toman a palabra.

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Axlubi-x

  1. Pingback: Músicas Posibles | Suma Ágora

  2. Pingback: Diao Papis: “É fundamental traballar, desde o ensino, o valor da diversidade” | Suma Ágora

Deixar un comentario

Información

Esta entrada foi publicada o Febreiro 9, 2013 por en Agra do Orzán,Música,Persoas , , .