Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Diao Papis: “É fundamental traballar, desde o ensino, o valor da diversidade”

Diao Papis 05

Xa temos falado neste blog da importancia da comunidade senegalesa na Coruña e do traballo que realiza con ela a asociación Aseser Teranga, da que é mediador Diao Papis e que, como explican na súa web, “cobrou impulso recentemente a raíz da apertura do seu primeiro local social e tamén da decisión de se converter en ONG e de abrirse a todas as persoas inmigrantes, con independencia da súa procedencia”.

Na lengua wolof, TERANGA significa hospitalidade e esa é a filosofía básica da entidade: a súa disposición a recibir e axudar a calquera persoa que teña algún tipo de dificultade derivada da súa condición de inmigrante. Este senegalés veciño da Coruña  desde hai anos – e á que chegou despois de estudar e traballar en Paris e Barcelona- conversou connosco de música -é un dos membros do grupo Axlubi-x  e da realidade multicultural da Agra do Orzán.

– A recepción dos inmigrantes aquí é variable. Hai un certo conflito emocional e social da poboación de aquí, e chámame a atención como se ocultan ás veces os problemas sociais ou económicos con discursos sobre a inmigración. Hai unha certa propaganda que busca ocultar as problemáticas sociais asociándoas á presenza de inmigrantes. A miña experiencia é diversa: xente que te acolle como se foses da familia e tamén moitas portas pechadas. Gustaríame erguerme un día, saír á rúa e non sentir que levo colgada comigo a etiqueta de “inmigrante”.

– O feito de que os galegos teñan viaxado e teñan vivido a emigración, debería axudar a que aquí se comprendese mellor esta situación. Pero para min o importante é inculcar desde o ensino o valor da diversidade. É aí onde hai que insistir, onde hai que concienciar, facendo perder o medo e os prexuízos ao que descoñecemos. A Agra do Orzán é unha zona moi multicultural e sería bo que fose visto como algo positivo, sería bo máis interrelación entre as comunidades existentes.

Senegal é un Estado moi plural, hai xente de moitas procedencias diferentes e de diferentes países, e ninguén é visto como inmigrante. Nós alí estudamos a historia do mundo, sabemos e coñecemos a historia de Europa, por exemplo, mais aquí nin se estuda nin se valora a historia africana, por poñer un exemplo. Chámame a atención iso, ese descoñecemento tan grande e ese desinterese por todo o que non é europeo. É unha visión colonial, no fondo.

– Eu vexo que hai certa semellanza entre Senegal e Galiza no que ten a ver cos vínculos familiares, co valor da familia. Somos de formar grupo, de nos apoiar mutuamente de forma grupal. Eu vivín en Cataluña e paréceme que era un pouco diferente.

– Un condicionante que temos aquí é que a maior parte da comunidade senegalesa traballa nas feiras e festas, especialmente na época estival e a partir das seis da tarde. É dífícil compatibilizar eses horarios e esa forma de vida con actividades formativas, educativas, de lecer…

Axlubi-x é un proxecto de hip hop, de poesía slam, … coa que temos un discurso crítico co poder e que quere a irmandade entre os pobos e as persoas, porque só hai un mundo, sen diferenzas entre árabes ou cristiáns, entre occidente e oriente, somos persoas que temos que conseguir que nos deixen de manipular e apostar pola unidade e a fraternidade, por riba de razas ou relixións.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: