Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Músicas Posibles

Pop, rock, world music, hardcore, blues, jazz, clásica, vocal, punk, folk, tradicional, … as moitas músicas que enchen as nosas vidas teñen presenza destacada na Biblioteca Ágora e medran no noso catálogo desde criterios de calidade e de diversidade. Non son mero ornamento. Están con todas as consecuencias. Soan -baixiño, mais soan- desde a apertura até o peche de cada día.

manolo-o-perrena Imagen 027 TOCA TECLA 19-04-12 009 Xurxo 02 pucho

Buscámolas e facémolas nosas porque as precisamos. Máis aínda, se cadra, neste tempo poboado de incertezas, co frío asexante do futuro mirándonos desde os vidros da ventá semiaberta. Escoitamos en silencio, para nós. Ou escoitamos mentres lemos e relemos. Buscamos nelas a quentura do café confiando en Balzac, achegámonos con elas ao xornal na busca de Manuel Rivas ou Enric González, saudámolas no coche relembrando as viñetas de Jason e de Ralph König, nas idas e voltas dos romances de Lídia Jorge, no pouso dunha pasaxe libertaria de Antón  Riveiro Coello ou nas conversas compartidas arredor dos textos de Dores Tembrás, Nikola Madzirov, Chus Pato.  Na procura da beleza, da emoción, da conmoción. Todas as músicas posibles son nosas.

E queremos que ti as coñezas.  Por iso estamos a preparar unha sorpresa, un proxecto sinxelo e humilde pero que ha servir para divulgar a riqueza do fondo musical das Bibliotecas Municipais da Coruña e achegalo a todas e todos vós. Nel teremos aos grupos e artistas de noso, os máis próximos  e achegados, e tamén toda a riqueza musical planetaria á que poidamos chegar. Estade atent@s!

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xuño 7, 2013 por en Biblioteca,Literatura,Música , .
%d bloggers like this: