Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Literatura do Brasil no Día do Libro Infantil e Xuvenil

Un ano máis na Biblioteca Municipal Ágora celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil co CEIP Raquel Camacho e o CEE Nuestra Señora de Lourdes Aspronaga cunha proposta de promoción da lectura a través da integración: Ti tes moito conto!

Se o ano pasado a temática escollida polo IBBY para esta conmemoración foi “Moitas culturas, unha historia“, nesta ocasión xirou arredor da literatura do Brasil baixo o lema “Érase una vez…“. E ao Brasil viaxamos a través dos seus autores, a súa música e as súas historias. Seis foron as equipas que se conformaron para traballar os seguintes materiais:

monteiro_lobato

Primeiro libro de Monteiro Lobato para nenos, “A meniña do narizinho arrebitado” (1920)

– Cancionero infantil del papagayo, Samba lelé / recopilación, Magdeleine Lerasle; dirección musical, Paul Mindy

– Yaci y su muñeca / Conto popular ilustrado por Gloria Carasusan

– El perro del cerro y la rana de la sabanaAna María Machado ; ilustracións de Peli

– Niña bonita / Ana María Machado ; ilustracións de Rosana Faría

– Jararaca, Perereca y Tiririca / Ana María Machado ; ilustracións de Rosana Faría

Cancionero infantil del papagayo, Marinheiro só /recopilación, Magdeleine Lerasle; dirección musical, Paul Mindy

samba_lele

Ao longo dos meses de febreiro e marzo os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria do CEIP Raquel Camacho e o alumnado de CEE Nuestra Señora de Lourdes-Aspronaga prepararon as representacións que o venres 1 de abril viñeron a presentar á Biblioteca Municipal Ágora para celebrarmos xuntos este día.

A xornada comezou con ilusión e moita alegría, da man do alumnado de 6ºA do Raquel Camacho que nos deleitou co Samba Lelé.

yaci_muñecaO punto tenro chegou da man da historia da nena india Yaci e da súa boneca Curumín, feita con mazorcas de millo. Representada por alumnado de CEE Nuestra Señora de Lourdes-Aspronaga e alumnado de do Raquel Camacho.

Descubrimos que se poden facer moitas cousas cunha mazorca de millo, dende unha torta ata a nosa propia boneca!! Ai, cantas Curumín haberá polo mundo!

perro_cerroO momento máis divertido vivímolo grazas ao alumnado de 6ºB do Raquel Camacho que nos achegou a historia do can do cerro e da rá da sabana.

Estes dous animais enrédanse nunha tremenda discusión para demostrar a súa valentía. O resto de animais entran en escena e fan as súas apostas. Quen será o máis afouto dos dous?

jararacaE depois das risas, o alumnado de 6ºA do Raquel Camacho compartiu con todos nós unha poética historia sobre a supervivencia e o deterioro ambiental da man dos seus protagonistas: Jararaca, Perereca e Tiririca, unha serpe velenosa, unha rá e unha herba capaz de nacer e sobrevivir no lugar menos pensado.

A xornada continuou da man do alumnado de 6ºB do Raquel Camacho que nos fixo partícipes do seu Marinheiro só, recollido no Cancionero infantil del papagayo.

marinheiro_so

Eu não sou daqui

Marinheiro só

Eu não tenho amor

Marinheiro só

Eu sou da Bahia

Marinheiro só

De São Salvador

E o tempo de intervencións dos rapaces e rapazas rematou con Niña bonita, interpretado polo alumnado do CEE Nuestra Señora de Lourdes e alumnado de do Raquel Camacho.

niña_bonitaHoubo algún que outro problema técnico propio dos directos, sobre todo cando van asociados a novas tecnoloxías, que non permitiu visibilizar todo o traballo que había detrás. Aínda así puidemos gozar da historia do coello branco que queda prendado da fermosura dunha nena negra, cal será o seu segredo para ser tan bonita?

O peche da celebración veu da man de Caxoto Contacontos, que compartiu con nós unha selección de lendas e tradicións do Amazonas e do Orinoco.

E ate aquí a crónica da nosa homenaxe á literatura do Brasil para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. O máis bonito de todo foi compartir, traballar en equipo e descubrir que entre a rapazada temos uns cantos contadores de historias profesionais!

Mil grazas a todos ás direccións e docentes do CEE Nuestra Señora de Lourdes e do CEIP Raquel Camacho que fixeron posible outro ano máis Ti tes moito conto! Pero sobre todo, moitas grazas ao alumnado que participou da proposta polo esforzo e ilusión postos nela!

Acerca de nmartinezrey

Creo firmemente no poder transformador da sociedade que teñen as bibliotecas e a lectura, por iso desenvolvo a miña labor profesional como bibliotecaria. Motívame especialmente a aprendizaxe continua, o que me levou a formarme en áreas como bibliotecas escolares, community management e coaching.

2 comentarios en “Literatura do Brasil no Día do Libro Infantil e Xuvenil

  1. Pingback: Literatura do Brasil no Día do Libro Infantil e Xuvenil | Lo especial de mi aula

  2. Pingback: “Ti tes moito conto” en la biblioteca Ágora – CEE. NTRA. SRA. DE LOURDES

Deixar un comentario