Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Roteiros polo barrio

Unha das actividades que desenvolvemos desde Suma Ágora e que enlaza de xeito máis claro coa filosofía da nosa iniciativa é a dos roteiros guiados pola xeografía urbana dos nosos barrios.

Queremos, con eles, coñecermos mellor o noso entorno e as súas características, poñer en común as historias e os cambios experimentados no espazo que habitamos e sabermos máis sobre os nosos lugares de vida.

ROTEIROS DE ADULTOS

Coa axuda de persoas que son referentes nos barrios, ben polo seu coñecemento histórico ben pola súa propia traxectoria vital, percorremos diferentes puntos da nosa contorna, atentendo as mudanzas urbanísticas, os espazos de convivencia, os servizos cos que contamos e a memoria de lugares e de xentes que deixaron pegada no noso territorio físico e humano.

Rematamos sempre na propia biblioteca, para dar conta das posibilidades que esta ofrece de cara ao conxunto da nosa veciñanza.

Roteiro Suma Ágora

ROTEIROS INFANTÍS

Ao longo do curso escolar, en colaboración cos centros de ensino da contorna da Biblioteca Ágora e grazas ás diferentes entidades e colectivos que se prestan a participar, realizamos itinerarios específicos polos barrios da Agra do Orzán, o Ventorrillo, Mariñeiros e San Pedro de Visma para o alumnado de 3º Educación Primaria dos CEIP Raquel Camacho, CEIP María Barbeito e CEIP San Pedro de Visma.

Cos roteiros infantís tentamos que nenos e nenas coñezan máis e mellor os espazos da súa contorna, gañen estima polos mesmos e descubran os seus elementos urbanos, históricos e culturais máis relevantes. Trátase de afianzar, desde a infancia, unha relación consciente e en positivo con respecto aos seus propios espazos cotiás de vida.

Roteiro Suma Ágora: CEIP San Pedro de Visma

ROTEIROS XUVENÍS

En colaboración co IES Agra do Orzán e co alumnado do Ciclo de Técnico en Actividades Físicas e Animación Deportiva, elaboramos un percorrido co obxectivo de coñecer o barrio e poñer en valor os seus espazos e as súas xentes, especialmente aquelas vinculadas a diferentes disciplinas deportivas e ao traballo en valores relacionados co deporte e unha vida máis saudable.

Trátase de afianzar, desde a adolescencia, unha relación consciente e en positivo con respecto aos seus propios espazos cotiás de vida, presentando a biblioteca como punto de encontro para diferentes colectivos e intereses.

Roteiro saúde e deporte: IES Agra do Orzán

Quero saber máis…

De cada un dos roteiros que se desenvolven dende a biblioteca vaise deixando constancia no blog Suma Ágora e no álbum de fotos en Flickr do programa.

Advertisements

7 comentarios en “Roteiros polo barrio

  1. Pingback: A Biblioteca dos Libros Vivintes, de novo na Ágora | Suma Ágora

  2. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

  3. Pingback: Unha Biblioteca que mira máis alá de si mesma | Suma Ágora

  4. Mercedes
    Abril 7, 2015

    Como nai,que teño aos meus fillos escolarizados no Ceip “María Barbeito”, parecéme FANTÁSTICA i ENRIQUECEDORA a experiencia que tiveron os nenos de 3ª de Primaria, por facer o roteiro polo barrio. Lástima que non puidesen facelo os nen@s doutros cursos. Animo, e a seguir con este tipo de iniciativas.

  5. xcampos
    Abril 7, 2015

    Moi agradecidos polo comentario, Mercedes. Nós tamén pensamos que é unha iniciativa bonita e ao tempo interesante e útil. É bo que os nenos e nenas coñezan o seu entorno, saiban que recursos ten e adquiran estima polo propio.
    Graciñas e segue ao tanto do blog, imos ir metendo nel todas as actividades que facemos en relación ao barrio.

  6. Pingback: Comezan os roteiros na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

  7. Pingback: Roteiros en rede | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: