Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Que queremos?

Sumar esforzos, experiencias e ilusións, para unha vida mellor. 

A nosa Biblioteca sitúase nunha zona da cidade da Coruña cunhas características moi determinadas en termos demográficos, urbanísticos, socioculturais … Esa realidade é  á que temos que atender e para a que debemos resultar úteis como Biblioteca pública.

Por iso na Biblioteca Ágora consideramos imprescindíbel, mesmo desde antes da nosa apertura,  identificar as necesidades do barrio a través dos seus diferentes colectivos, asociacións e axentes e manter con eles dinámicas estábeis de colaboración. Precisamos coñecer o noso entorno e colaborar con quen xa está a traballar nel para podermos, pola nosa parte, dotarnos dunha oferta de programas e de actividades que responda axeitadamente ás necesidades e ás demandas reais da veciñanza á que nos debemos.

Unha das liñas estratéxicas da Biblioteca Ágora, por todo isto, é a que busca fortalecer a relación co noso entorno, desde unha perspectiva fundamentalmente social, cultural e educativa. Con ela tentamos abrir portas e xerar novas posibilidades de desenvolvemento para a veciñanza, e ao tempo favorecer a asunción veciñal do Ágora como un centro sociocultural de proximidade, do barrio e para o barrio, que sexa sentido e vivido desta maneira pola veciñanza do mesmo.

 

DSCF0005

 

Advertisements

Un comentario en “Que queremos?

  1. Pingback: A iniciativa Agra Civis ponse en marcha na Agra do Orzán | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: