Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Música en Branco

 

Na Biblioteca Ágora tivemos clara desde o comezo a nosa intención de poñer a disposición o noso traballo e de colaborar sen reservas con todas aquelas outras iniciativas que nacesen nos barrios da nosa contorna e estivesen focadas, como a nosa, a fortalecer a cohesión social, a facer medrar a (auto)estima e o sentimento de pertenza e a xerar dinámicas positivas para a poboación dos mesmos,  no educativo, no social e no cultural.  

Meses despois da posta en marcha de Suma Ágora tivemos coñecemento da iniciativa Música en Branco, vinculada ao proxecto europeo Urbana-C. Colaboramos con ela, por sentila próxima en moitos sentidos, e desexámoslle o mellor.

Velaquí unha síntese dos seus obxectivos e contidos:

Música en branco: memoria da Agra do Orzán é unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste barrio da Coruña, converténdoa nunha ferramenta para a participación e a innovación social. O proxecto, desenvolvido por Sinsalaudio para a Concellería de Cultura da cidade herculina, lévase a cabo no marco de Urbana-C, o Programa Integral de Rexeneración Urbana financiado pola Unión Europea e o Concello nesta área de gran densidade poboacional. Música en branco explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común.

Esta iniciativa sostense con tres piares básicos: a investigación, a participación activa da cidadanía e a programación de actividades arredor da memoria sonora deste barrio da Coruña. No seu desenvolvemento distínguense dúas fases diferenciadas, mais englobadas nun mesmo proceso de traballo. Nunha primeira etapa, o equipo de Música en Branco centrouse na recolleita de información sobre a contorna, a comunidade e a súa relación coa música a través da consulta de fontes documentais e bibliográficas e a realización de 60 entrevistas persoais. Na segunda etapa, a información recabada e analizada serve de base para oito liñas de actuación.

Música en Branco insírese en Urbana-C, un Programa Integral de Rexeneración Urbana que se desenvolve entre os anos 2007 e 2013 cun orzamento de 11,4 millóns de euros. Financiado con fondos Feder da Unión Europea e do propio Concello da Coruña, ten o seu ámbito de intervención no barrio da Agra do Orzán, cunha poboación de 29.139 habitantes –o 11,9% de toda a cidade–, segundo datos tirados do estudo A Cidade dos Barrios (2011). Un espazo urbano vivo, mais con déficits importantes, desenvolvido principalmente na década dos anos 70.

Advertisements

2 comentarios en “Música en Branco

  1. mjosefa
    Agosto 27, 2013

    Hola soy Maria Dovale Albo ; me gustaria participar ,un saludo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: