Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Diao Papis: “É fundamental traballar, desde o ensino, o valor da diversidade”

Xa temos falado neste blog da importancia da comunidade senegalesa na Coruña e do traballo que realiza con ela a asociación Aseser Teranga, da que é mediador Diao Papis e que, … Seguir lendo

Outubro 1, 2013 · Deixar un comentario

Merche Carrión, de Cáritas Boandanza: “A xente maior enfróntase a continuas perdas afectivas”

Falamos con Merche Carrión cando as obras no Centro Boandanza aínda non comezaran. Todo amabilidade e disposición para colaborar con nós, contounos o labor social da entidade na que traballa … Seguir lendo

Setembro 25, 2013 · 2 Comentarios

O comercio da Agra, na prensa da cidade

Esta fin de semana o comercio da Agra do Orzán foi protagonista nun dos xornais da cidade, La Opinión, a través dunha ampla reportaxe sobre a situación da actividade económica … Seguir lendo

Setembro 17, 2013 · Deixar un comentario

Tres proxectos culturais nacen arredor da Agra do Orzán

  Esta semana soubemos de tres novos proxectos culturais que se van desenvolver nos vindeiros meses dentro do programa Música en Branco e que parten, todos eles, da identidade e … Seguir lendo

Agosto 20, 2013 · Deixar un comentario

Carlos Suárez: “Precisamos máis espazos públicos, abertos, para a xente”

Carlos Suárez, veciño da Agra e usuario da Biblioteca, conversou con nós arredor dalgúns dos temas que máis preocupan na Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que el preside desde 2011. – … Seguir lendo

Agosto 5, 2013 · Deixar un comentario

Gedeón Ituka: “Na Coruña dou aulas de francés e colaboro como voluntario cunha ONG”

Gedeón é usuario habitual da nosa Biblioteca. Camerunés, mozo, amante da música, fala inglés, francés e español, dá aulas de apoio en colexios, traballa como voluntario en ONG´s e ten … Seguir lendo

Xullo 23, 2013 · Deixar un comentario

María Barreiro, directora do CEIP Raquel Camacho: “Creo firmemente no poder da educación”

Cando entrevistamos a María Barreiro, no verán do 2011, viña de ser escollida directora do CEIP Raquel Camacho. Levounos da súa man a coñecer os espazos do centro e descubrimos … Seguir lendo

Xullo 11, 2013 · 2 Comentarios

Carla López Ponlla: “De nena era moi inqueda e só paraba cando me poñían vídeos do Lago dos Cisnes ou da Bela Adormecida”

Carla López Ponlla é unha coruñesa espelida e risoña de Monte Alto, aínda que nacida na Agra do Orzán. Con 27 anos, ten xa unha moi importante traxectoria como bailarina … Seguir lendo

Xullo 9, 2013 · 2 Comentarios

Comezan os nosos programas de voluntariado

    Neste comezo do mes de xullo puxemos en marcha os primeiros dous programas de voluntariado da Biblioteca Ágora: Préstamo no fogar e Cibervoluntariado. A continuación poñémosvos unha breve … Seguir lendo

Xullo 4, 2013 · Deixar un comentario

Lecho, dos Mariñeiros: “Aquí todos andamos ao mar e todos nos coñecemos”

Lecho é memoria viva do barrio dos Mariñeiros. Veciños da nosa Biblioteca, el e o resto dos homes do Clube da Chave dos Mariñeiros sempre se prestaron a contarnos, con absoluta … Seguir lendo

Xuño 29, 2013 · 2 Comentarios