Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

SOMOS

A Biblioteca Ágora é a biblioteca máis grande e máis recente das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Inserida no Centro Ágora, desenvolve o seu traballo a partir da súa condición de biblioteca pública e de proximidade, e vén dar servizo aos barrios do Ventorrillo, Agra do Orzán, San Pedro de Visma e Mariñeiros.

Para alén de desenvolver os programas comúns a toda a nosa rede municipal, a Biblioteca Ágora caracterízase polo seu traballo colaborativo cos colectivos, entidades e persoas dos barrios da súa influencia.

 Suma Ágora é a denominación que damos desde a Biblioteca Ágora a todo este traballo, e baixo ela desenvolvemos proxectos que procuran:

achegarnos  á  intrahistoria dos barrios e ao seu latexo cotiá, a través da memoria particular dos seus habitantes

reflectir o seu presente e favorecer a asunción da diversidade como un valor en positivo, que participa da identidade actual dos mesmos

dar voz aos veciños e veciñas, para recoller e proxectar cara o futuro os seus desexos, aspiracións e necesidades en relación ao seu barrio e á propia Biblioteca

Nas actividades relacionadas con Suma Ágora tentamos atender os elementos que conforman a vida cotiá nos nosos barrios:  as persoas, os espazos, as mudanzas urbanísticas e sociais, o mundo do traballo e do lecer, as festas, os colectivos, o deporte, a cultura…

 

suma_agora

 

 

 

 

 

 

3 comentarios en “SOMOS

  1. Chelo Rodriguez Gayoso
    Xuño 3, 2013

    Me parece una muy buena idea la puesta en marcha de “Suma Agora”

    • xavieragora
      Xuño 4, 2013

      Graciñas Chelo!
      Agradécese o apoio. Calquera cuestión que queiras propoñer ou comentar, xa sabes…!

  2. Pingback: Agra Civis, que barrio queremos? | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: