Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“Calquera cousa que pensase ou fixese podía demostrar que era tan mala como as madrastas son”

berta2

Decidimos que o día das madrastras non podía reforzar unha das principais problemáticas das familias enlazadas, que leva ás crianzas á confusión e ao conflito de lealdades, ás nais a sentise inseguras ante as madrastas e ás madrastas a ser vistas con recelo e hostilidade, ademais de traer moitísima confusión en canto ás funcións de cada quen na familia

Hoxe na nosa sección Conversas conas madrastas saen do armario coa coach de familias reconstituídas Berta Capdevila. Este 9 de xuño festexamos a “madrastridade ” cunha das participantes na última edición de Libros Vivintes.

Sermadrastra.com


A idea de celebrar un día das madrastras xorde da comunidade de madrastras que formamos. Moitas delas levan tempo pedindo un día onde visibilizar un rol dificilísimo de desenvolven que é practicamente invisible na sociedade, se non é na súa desagradable faceta Disney.

Descubrimos que en Estados Unidos e outros países celebrábase dende hai algún tempo un día das madrastas que sempre é unha semana despois do día da nai. Cando descubrimos isto subiunos a bilirrubina. Precisamente un dos principais problemas que afrontamos as madrastas e as nais é a confusión e comparación entre ambos roles e o que máis sufrimos as madrastas é esta sensación de ser sempre figuras “de segunda”.

Chegado este punto, buscamos un día noso, sen comparacións nin referencia ás nais, para celebrar as relacións entre madrastas e fillastros, visibilizar a complexidade do rol e sacudirnos os estigmas. É unha liberación para grandes e pequenas. O día 9 de xuño as madrastras saímos do armario.

ser_madrastra-lo

“Formar unha familia enlazada é un proceso longo e agotador. Dentro desta lea, o papel de madrasta é o máis estresante de todos”


A orixe deste proxecto orientado ao apoio e visibilización do rol das madrastras parte da miña propia experiencia. Eu son madrastra dende hai 8 anos, pero ademáis fun fillastra e medioirmá na miña familia de orixe, así que a familia enlazada é o meu medio.

A pesar da miña experiencia infantil, a madrastridade colleume totalmente desprevida. Supuxo unha crise que durou máis dun ano onde me sentín moi soa, perdida, e sen persoas de referencia que puidesen acompañarme.

Así empecei o blog sermadrastra.com para compartir a miña vivencia real de madrastridade e formeime cunha coach especializada de Estados Unidos. Pouco a pouco pasei de blog persoal a proxecto profesional, que agora comparto con Aina Buforn.

lecturas infantiles_123

¡En familia!”, de Alexandra Maxeiner e Anke Kuhl, publicado por TakaTuka. Un libro divertido e desenfadado que celebra a diversidade e que se convirte nun xogo cando empezamos a rastrexar todas as conexions familiares. ¡Non é fácil! “Famílium”, de Glòria Castanyet, Bel Bellvehí i Maria Girón, publicado por Aquari. Un libro xogo de busca e atopa con bonitas ilustracións que nos abre a mil historias familiares. Conta ademais con unha guía pedagóxica para familias e outra para educadoras e educadores descargable na web de familium.cat.

As madrastras como parte esencial nos procesos de transformación familiar

cats_1-tile

Os estudos feitos ata o momento revelan que as crianzas teñen más tranquilidade cando os seus dous proxenitores forman novas parellas despois da ruptura. Deste xeito, madrastas e padrastos somos parte fundamental nos procesos de transformación familiar que ocorren en cada vez máis fogares.

Non só iso, senón que por mandatos de xénero as mulleres tendemos a implicarnos moito na familia, asumindo moitas responsabilidades e ás veces mesmo facendo de pegamento entre pais e fillos. O noso benestar ou malestar repercute en toda a familia.

Sacudir o estigma


Bta

Todos os membros da familia precisamos liberarnos, normalizar as nosas relacións e ir paso a paso atopando o noso xeito único de ser familia, contando co apoio e a confianza das persoas queridas.

Cando te convertes en madrasta cae automáticamente un xuízo sobre ti: es mala ata que se confirme o contrario. Ti mesma dubidas do teu facer. Este estigma ten moitos efectos prácticos no día a día das madrastas e as familias.

Para as madrastas crea un clima de desconfianza e hostilidade na súa contorna, ademáis de presionalas para demostrar que non son malas, que poden ser aceptadas e queridas. É como estar baixo exame as 24h na túa propia casa. Con razón é o rol máis estresante da familia.

Para as crianzas é unha inquedanza sentirse infieis cara as súas nais se chegan a querer á madrasta.

Para unha nai, imaxina o que supón deixar ao teu fillo ou á túa filla cunha persoa da que toda a túa cultura recomenda desconfiar (e que ademáis pode “usurpar” o teu lugar na familia).

E para as parellas das madrastas… pois sentirse vinculadas a elas no medio de todo este caldo.

FESTEXAR O DÍA DAS MADRASTAS

Temos a mala sorte de que xusto nos colleu o confinamento, ¡pero igual imos facer ruído xuntas!

Xunto coa cineasta Carla Simón, que decidiu apoiar o Día das Madrastras, estamos a preparar un video coas voces de moitas madrastras plasmando a paisaxe social da madrastridade, que está chea das leccións e esixencias que pronuncian as persoas que deberan apoiarte: as túas amigas, a túa parella, a túa familia…

carla_simon
A directora de cine Carla Simón Pipó, que representou a España nos Óscar coa súa primeira longametraxe en catalán, Estiu 1993, apoia a celebración do Día das Madrastas. “En “Estiu 1993” Marga non é madrastra, senón tía e nai adoptiva da protagonista, pero a situación que vive e os seus sentimentos resoan en moitas de nós”. Imaxe de Massimiliano Minocri, El País

“Non podes queixarte porque xa sabías o que había”, “ti es a adulta”, “non o entendes porque non es nai”, “debes esforzarte máis”… son as palabras de “apoio” que adoitas recibir cando compartes as túas inquedanzas de madrasta primeriza. Esta falta de comprensión e empatía é un efecto máis do estigma que soportamos. Algo que queremos empezar a cambiar con este vídeo.

Xa vedes: aínda que non poidamos estar xuntas fisicamente, as nosas voces van correr xuntas polas redes.

Ademais estamos a lanzar unha liña de camisetas chamada “Soy madrastra, ¿y tú?”. Coido que será a primeira vez na historia que a palabra “madrasta” se poña de moda… e nós imos lucila con orgullo.

E por suposto, imos compartir experiencias e coidados dentro da comunidade de SerMadrastra.com, onde vos recibiremos cos brazos abertos se queredes botar un ollo.

¡Estamos moi ilusionadas!

BERTA RECOMENDA

bi

Que é para ti unha biblioteca?

Para min a biblioteca é un refuxio. Cando me convertín en madrastra cambiei de cidade para vivir coa miña parella e non tiña a ninguén. Nos días en que a madrastridade se me facía demasiado dura, sempre tiña o recurso de refuxiarme nas bibliotecas de Santiago de Compostela. Inda hoxe lembro mesmo os horarios dos días festivos!

Agora, dende que estou en contacto con Ágora, a biblioteca tamén se converteu nun espazo de conexión e apertura cara o mundo.

 DE FILMES E SERIES

filmes

Un filme que recomendo moito é “Rara”, escrita e dirixida pola chilena Pepa San Martín. Un filme que nos sacude a todas e abre mil temas dos que falar: cómo afectan as separacións conflitivas ás adolescentes, o que supón formar unha familia enlazada e homosexual, e especificamente o que pode supoñer para unha muller recoñecerse como lesbiana na sociedade patriarcal chilena (que non é tan distinta á nosa).

Por último as familias enlazadas chegan tamén ao mundo Netflix con “Bonus Family”, unha serie sueca centrada precisamente nas dificultades dunha familia que se separa e que forma novos núcleos.

Lonxe vai quedando (por sorte) a melaza e a idealización de “Stepmom”, que protagonizaran Julia Roberts e Susan Sarandon no 1998. Un filme bonito, pero moi pouco realista se buscas referentes como madrasta.

Os libros que non poden faltar na biblioteca dunha familia enlazada…


bibliografia_1

Estes títulos poderedes atopalos no catálogo das BMC

“Nuevas familias”, de Hilary Boyd, publicado por Oceano. Un bo libro escrito por unha muller que foi nai e madrasta. Claves claras e realistas para afrontar as dificultades máis habituais das familias enlazadas. Cheo de casos reais cos que identificarse de contado.

“Surviving and Thriving in Stepfamily Relationships”, de Patricia L. Papernow, publicado por Routledge. A psicóloga Patricia L. Papernow sentou as bases da atención a familias enlazadas en todo o mundo. Unha pioneira que presenta un libro accesible a todos os públicos, baseado en casos reais, que recorre os principais retos das familias enlazadas ofrecendo claves fundamentais tanto para terapeutas como para familias en busca de novas perspectivas.

“Su hijo, una persona competente” de Jesper Juul, publicado por Herder. Un libro fundamental da crianza respetuosa que axuda a comprender o comportamento das crianzas e acompañalas de xeito respetuoso. Isto é importante en todas as familias, pero nas enlazadas é simplemente imprescindible.

“Comunicación no Violenta: un lenguaje de vida”, de Marshall B. Rosenberg. A convivencia en familias enlazadas é todo un reto e nas parellas recae boa parte da tensión. Ter recursos para a comunicación e a negociación, para poder estar perto mesmo cando non estamos dacordo, é unha das claves da supervivencia das familias enlazadas.

Para sobrevivir como madrastra…

supervivencia_madrastas

Stepmotherhood”, de Cherie Burns, publicado por Three Rivers Press. Este foi o primeiro libro co que eu vin a luz como madrastra. Devoréino. Falaba exactamente do que eu sentía. Por primeira vez deixei de pensar que toleaba e entendín que todo o que me pasaba era normal. Un libro construído a partir de entrevistas a madrastras reais e a expertas e expertos de diferentes campos. “Stepmonster”, de Wednesday Martin, publicado por HMH. Este libro é o resultado da tese doutoral que fixera a autora sobre o rol da madrastridade. Súper recomendable se andas a voltas coa madrastridade e queres entender o que che está a pasar. Descarnado, preciso e liberador. “The enlightened Stepmother”, de Perdita Kirkness e Teri Wingender, publicado por Quill. Se buscas un manual práctico, esta é unha boa opción. Percorre a maior parte das dificultades da madrastridade, e ofrece unha mirada limpa, liberadora, realista, que favorece o autocoidado e promove unha base de flexibilidade e respeto para o funcionamento da familia

Visibilizar a diversidade a través das lecturas infantís
portada muntat.indd

Recoller a diversidade familiar pode ser algo divertido e liberador na casa e unha labor de normalización e de apertura de diálogo nas escolas. Segundo a nosa experiencia, persiste unha imaxe moi ríxida do que é a familia e, as crianzas que non encaixan, adoitan sentirse raras e esconderse. Pero cando abrimos o tema, descubrimos unha grande necesidade de falar.

Berta 56
UN LUGAR

O lavabo de casa, con ferrollo e unha boa serie no móbil.

UN SOÑO

Rematar de ler os libros da miña lista de “pendentes”.

UNHA CANCIÓN

Historia de vampiros”, de Benedetti e Serrat.

UNHA COMIDA

Os spaghetti con tomate que prepara o meu compañeiro. Son aditivos!

Despedímonos cunha das recomendacións musicais de Berta, un poema de Mario Benedetti musicado por Joan Manuel Serrat, co desexo de ter sacudido o estigma das madrastas e visibilizado ese difícil rol que desenvolven moitas mulleres de xeito practicamente invisible na sociedade.

Parabéns por saíres do armario este 9 de xuño!!!


Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para todas as persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: