Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Cartas con Alma

Hai unhas semanas, cando comezamos vivir este pesadelo social do confinamento, desde a Biblioteca Ágora, convidamos aos clubs de lectura e aos Programas de voluntariado cos que colaboramos habitualmente mediante “La Hora de la lectura” en Centros de día e Fogares,  a colaborar na iniciativa ‘Cartas con Alma’, xestionada en Coruña pola Fundación María José Jove. Con esta iniciativa se pretendía que as persoas afectadas por coronavirus, ingresadas no CHUAC, recibisen o agarimo e o calor humano que tanto necesitaban, da man da súa cidadanía. Moitas desas mans, asemade, viven circunstancias persoais complexas, mais non dubidaron en achegar o seu apoio a esta causa común. A resposta foi tan inmediata coma sorprendente. En nada, vimos encher a caixa de correo con mensaxes cargadas de emoción, de sentimento, de ánimo.

carta-1Pincha na imaxe para ver máis información da iniciativa “Cartas con alma”

Eu son voluntaria nun deses espazos nos que o relato, a poesía, a reflexión e o debate, fan que cada luns a palabra escrita nos transporte a outros lugares e outros tempos. Pero estes días, lendo e transmitindo as verbas do meu grupo, emociónome especialmente. Malia as súas circunstancias e ás veces co engadido dun idioma alleo, brotaban palabras que facían voar ao territorio do futuro, ao país da esperanza, ao reino do mañá. Palabras escritas na distancia, pero desde o corazón e as mans confinadas no Fogar Boa Noite, buscaron un oco no cotián para intentar sentir o que aquelas persoas estaban a pasar, e para intentar –e lograr- aloumiñar e agarimar os rostros descoñecidos desas outras persoas, deses outros seres humanos anónimos tocados pola desgraza.

Só se pode dicir unha cousa. Unha palabra, que de seguro pronunciaron aqueles beizos hospitalizados: Grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: