Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“O Jugger é unión de esgrima, xogos de pelota e un toque de loita grecorromana”

Fai click para ver máis imaxes da conversa

Na imaxe César Orol e Isabel Juncal, xogadores de Jugger que teñen na explanada da Biblioteca a súa zona de entreno todos os mércores e venres

O 16 de xaneiro é o Día Internacional dos Beatles, especialmente para aqueles fans que consideran a inauguración no Cavern Club, onde fixeron o seu debut John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, a data que debe considerarse como día oficial da agrupación.

E para celebralo cunha admiradora da súa música compartimos na nosa sección Conversas con… charla con Isabel Juncal e César Orol, dous xogadores de Jugger que, ademais de desfrutar coa música do grupo británico, son entusiastas dun dos deportes máis sorprendentes practicados na cidade.

DO JUGGER, ORIXES

A explanada da Biblioteca Ágora hai tempo que se convertiu no lugar escollido polos mozos e mozas da cidade para practicar un dos deportes máis orixinais e descoñecidos polo público xeral, o Jugger, hoxe achegámonos a el grazas a César e Isabel.

  • Cal é a razón de que escollerades a contorna da biblioteca para facer as quedadas?

“Antes adestrabamos no Paseo das Pontes e foron varios factores os que fixeron que mudaramos a zona de entreno. En primeiro lugar a súa situación xeográfica, xa que está ben conectada para que as persoas que veñen de distintos puntos da cidade ou de fóra da Coruña e, en segundo lugar, polos servizos que nos proporciona, como a posibilidade de adestrar a cuberto cando chove, usar os servizos en caso de necesidade e cando anoitece poder contar con iluminación”.

“O jugger foi inventado por David Webb Peoples  para o filme “La sangre de los héroes”, logo transformóuse nun deporte grazas aos afeccionados á película que crearon as armas e o primeiro regulamento, e de aí foi evolucionando e adaptándose ao longo dos anos e das zonas en que foi desenvolvido.

Cesar_Isabel_Jugger (1)Isabel e César explican as vantaxes dos xogadores frees, que son aqueles que queren participar nun torneo pero non teñen equipo oficial, polo que buscan equipa polas redes sociais

  • Fálase dun deporte mestizo entre xogo de pelota e artes marciais

“Máis ou menos, é a unión da esgrima con xogos de pelota e un toque de loita grecorromana, depende da posición na que se decida xogar. Neste deporte atópanse tres tipos de xogadores, o corredor, que a súa función é anotar os tantos, os xogadores armados con armas ríxidas, nos que se fai presente a base do esgrima, e o ketteman, que conta cunha pelota unida cunha cadea que  pode lanzar aos rivais.

É evidente que desde fóra o Jugger pode parecer un mero xogo de paos de cores cos que as persoas pelexan. Sen embargo, o Jugger é un deporte que podería chegar a ser importante, pese a non aparentalo. A combinación de estratexia, partido, habilidades, ou o feito de que non se teñan entrenadores como tal e que todo o esforzo saia por vontade propia, fai que aumenten as ganas de entrenar e conseguir vencer a outro. Hai asociacións, torneos e regulamentos que seguen unhas regras estritas para favorecer un xogo seguro, xusto e entretido.”

Cesar_Isabel_Jugger (10)

Na conversa Isabel e César falan dos xogadores, que poden ser arma (escudos, espadas, duales, bastóns, mandobles, kette, q-tip) ou corredor, e do interesante de ver como cada un/unha destaca pola velocidade, pola puntería, pola axilidade saltando ou pola súa mente. Cada xogador/a faise á súa maneira.

  • A chegada do Jugger á Coruña, unha perspectiva

“Cando chegamos ao jugger xa había xente moi implicada en dar a coñecer este deporte. Costou un pouco chegar ao nivel en que estamos agora e desde logo, a Expotaku, a  Hobycon e o programa Nocturnia fixeron moito para a súa difusión. Ao final, ver xogar e o boca a boca foi sumando adeptos en toda a comunidade autónoma, onde bastantes persoas atoparon no jugger un pasatempo. Nos encontros créase unha boa relación coa xente que vén doutros sitios e, ademais de facer deporte, divertímonos sempre con compañeirismo e respecto.

En canto aos equipos galegos, existen gran variedade en diversas cidades; na Coruña atopamos equipos como La Guardia Varega (o equipo de César), Black Cats (que ten unha especie de entrenador) e Wolfs of War. En Santiago están Onis e Fillos do Norte, este último un dos mellores de Galicia.  E subindo xa un pouco máis de nivel están equipos de Vigo como Vigo Ruíns e Urcos, o equipo de Betanzos (o equipo de Isabel), deste último todas as súas victorias débense ao esforzo e calidade dos seus xogadores, entre eles un dos mellores capitáns”.

JUGGER VERSUS QUIDDITCH*

“O Quidditch é algo completamente diferente ao Jugger, pero o certo é que existe unha pequena competencia entre ambos, pois en certos eventos dáse a loita para ver quen consegue máis espectadores; todo isto é brincadeira, por suposto, pero está aí”

*Quidditch é o nome dun deporte inventado adaptado á vida real practicado por personaxes do mundo máxico na serie de novelas de Harry Potter, escritas por J. K. Rowling.

Cesar_Orol (1)-horz

César Orol, un dos xogadores máis veteranos no núcleo da Coruña, integrante e capitán do equipo “La Guardia Varega” amosa parte do equipamento
  • O equipamento, un deporte para todo o mundo

“De base todos os xogadores e xogadoras deben levar roupa cómoda e algunha que outra protección branda, logo tamén o material das armas, que son de cinco tipos: escudo e espada, o típico das películas, o mandobre , que é unha espada de dúas mans, o bastón, un utensilio que ten zona para o ataque e para a defensa, o q-tip , que é a típica vara de dúas puntas das películas asiáticas, e o kette, unha cadea de tres metros cunha bola na punta que se pode lanzar. Facer as armas é sinxelo e barato, xa que se fan con bambú, corchopán (poliestireno) e cinta”.

Cesar_Isabel_Jugger (2)

                                                                                                                                                                        César leva cinco anos practicando jugger, Isabel dous, e inda que a presenza feminina está aquí recollida, a porcentaxe de mulleres que o practican en España é inferior ao 10%.

“Sen dúbida ver un partido de bos equipos coas súas equipacións personalizadas loitando uns contra os outros é moi excitante, divertido e chulísimo, unha completa pasada!”

O que máis se desfruta co JUGGER

“O que máis nos gusta é o compañeirismo e respecto entre xogadores, aparte da adrenalina dun bo partido, recomendariámolo a todas as persoas maiores de 14 anos que busquen facer algo distinto no seu tempo libre. Unha das cousas que o fai diferente é a diversidade de idades, que vai desde os 14 aos 33 anos, mesmo hai algún xogador que se achega aos corenta.

Para practicalo o xeito máis sinxelo é buscar en Google  “jugger” xunto co nome da túa cidade e mirar se existe núcleo cerca, mandar unha mensaxe para saber cando son os adestramentos e ir un día coñecer á xente”.

DA BIBLIOTECA

“Para nós unha biblioteca é un espazo de reunión para quedar cos compañeiros e facer traballos, por exemplo, polas facilidades para a obtención de información e o ambiente de tranquilidade que alí hai”

CÉSAR E ISABEL RECOMENDAN

Cesar_Isabel_Jugger (11)

UN LIBRO

UN FILME

  • César:  “I am Jugger
  • Isabel: “El Señor de los anillos

414R9TNVBRL-horz

UN TEMA MÚSICAL

UN LUGAR

  • César: Calquera que me dea tranquilidade
  • Isabel: Muros, polos meus vínculos familiares

UN SOÑO

  • César: Chegar a xogar o mundial de jugger algún día
  • Isabel: Ser corredora en jugger! Actualmente xogo co bastón, pero correr gústame bastante.

portada_el-hobbit_j-r-r-tolkien_201505211341-horz

Abriamos a conversa resaltando o Día Internacional dos Beatles e reflexionando arredor deste deporte nacido na Alemaña da caída do muro (1989) e do espallamento actual até os nosos barrios, e pechamos seguindo a letra do tema favorito de Isabel, I´ve got a feeling, co que vos deixamos para que desfrutedes del.

 Di a canción “temos un sentimento profundo que non podemos ocultar…” o desexo que nas vindeiras VIII Winter Cup Jugger en Murcia no mes de febreiro e nas próximas que terán lugar na Coruña no mes de marzo, os equipos galegos poidan destacar e desfrutar da estratexia e diversión deste deporte onde cada xogador faise á súa maneira.

Grazas aos dous e até sempre!

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para todas as persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: