Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Voluntariado no Centro de Día NovoBoandanza: lecturas que achegan persoas

Novoboandanza_Bagora

Dende a Biblioteca Municipal Ágora buscamos a colaboración no eido social, cultural e educativo cos diferentes axentes, institucións e entidades  que están a traballar na nosa contorna para reforzar o traballo que cada un desenvolve.

Hoxe falamos a catro voces co director do Centro Día NovoBoandanza, Marcos Núñez, a educadora social Marta Barbeito, a Biblioteca Ágora e a nosa voluntaria, Marisi Lado,  cos que principiamos hai un ano unha liña de traballo comunitaria que busca o benestar das persoas maiores.  Ilusión e ideas sumáronse na súa planificación sen sospeitar o alcance conseguido.

As bases para Marcos son:

“que as persoas maiores deben poder permanecer e participar no seu entorno, ter aceso á posibilidade de gozar de bens sociais e culturais en igualdade co resto da poboación, para que sexan membros activos da comunidade”.

Para Marta Barbeito, educadora social do Centro de Día:

“a colaboración constante da biblioteca no traballo que facemos para e cos maiores achega o pracer e o deleite das Artes, sexa Literatura, Danza, Música… como elementos que enchen de contido os nosos días e que fan remover sentimentos, aflorar emocións, estimular a memoria, a linguaxe, a expresión corporal…, apoiando un envellecemento activo e liberando estereotipos e prexuicios reduccionistas  sobre todo aquelo que nesta etapa vital pódese facer. Mencionar a importante labor das persoas voluntarias que representan mellor que ninguén a importancia do apoio mutuo incondicional e o disfrute do tempo, en presente”.

Efectivamente, a persoa voluntaria que se fixo cargo da actividade dende o primeiro día foi determinante do éxito da mesma. Marisi Lado conta as súas sensacións e como planifica a actividade:

Marisi 1

A nosa voluntaria Marisi durante unha das sesións no Centro de Día

“Hacía ya un tiempo que barajaba la idea de ser voluntaria pero no me decidía pues me preguntaba, voluntaria ¿de qué? por eso la proposición de la biblioteca Ágora me pareció maravillosa: podía ser voluntaria y al mismo tiempo transmitir a otras personas  el gran amor que desde niña siento por la literatura.

Comencé con la vida y obra de Castelao y el segundo día me decidí por ‘’Follas  Novas” de Rosalía de Castro del que les recité tres poemas e intercalé una canción versada en el poema leído. Fue tal la aceptación y la satisfacción que logró la música que desde ese día la integré en la actividad. La música junto con la lectura provoca múltiples sensaciones y efectos poderosos en las personas.

A partir de ese día  me propuse llevarles de viaje a través de la literatura, visitando en cada actividad un país y sus escritores más afamados acompañados siempre con canciones del país elegido.

A veces, las personas a las que presto mi voluntariado recuerdan una canción de su juventud y quieren volver a escucharla, por lo que organizo la actividad en base a ese recuerdo o añoranza.

También conmemoramos  alguna efeméride, festividades como Todos los Santos, San José, Carnavales, Navidad, etc. Siempre con lecturas y música propias de esas festividades”.

A biblioteca facilitou os materiais (libros, discos, películas de préstamo ao Centro) para levar a cabo estas actividades desenvolvidas no marco da colaboración retroalimentada. Foron convidados a visitar a Biblioteca, coñeceron o espazo, os servizos e as actividades  que ofrecemos e que máis se poden adaptar ás súas necesidades e rematamos cunha mistura de poesía, música e contos, na que  colaboraron compañeirxs e usuarixs.

Visita á biblioteca

Con motivo do Día Internacional da Danza · 29 de abril achegamos ao centro unha actividade especial baseada nas palabras, na música e no movemento. Compartimos unha breve historia da danza a través da literatura e dos libros de imaxes, visionamos a linguaxe/plasticidade do corpo enriba da escea e demos a coñecer tres dos ballets maís importantes do repertorio clásico facendo fincapé nas súas composicións musicais, á par que realizamos sinxelos exemplos prácticos baseados no movemento de repertorio seleccionado.

Danza

Cómpre destacar o apoio e asesoramento que a biblioteca amosou á Marisi, facilitándolle as obras que leva, acompañándoa na súa visita semanal e falando cxs maiores, cxs educadorxs sociais e coordinando as súas achegas. É unha labor de traballo en rede na que, como dí Marcos:

“a ilusión e a mirada positiva sobre as persoas maiores axuda a mellorar a súa calidade de vida”

Para Marisi:

“estes meses non puideron ser máis positivos, pois como ela di, foron sete fermosos meses nos que me sentín dichosa, feliz, querida, afortunada, encantada e moi agradecida ás persoas do Centro de Día que fan que eu quera seguir outros sete máis e máis e máis… “

Como seguir? Cal pode ser o camiño? Marta nolo dí na súa achega:

“apelando a definición do ser humano como ser social, que leva implícita a necesidade de compartir e crear en grupo agardamos continuar con vós esta boandanza de xerar ilusións…, repartir alegría… e seguir aprendendo cos nosos afortunados e imparables Maiores”

Grazas por estar, grazas por todo!

Cristina Ameijeiras. Maru Cardiel e Natalia López

Advertisements

Acerca de Maru Cardiel

Bibliotecaria de profesión y vocación. Apasionada de los libros y de la lectura compartida. Siempre aprendiendo, siempre avanzando...

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: