Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Escolas que camiñan, monstros que contan.

Se ben comezábamos o ano cunha Beba itinerante que facía as maletas e saía da súa “zona de confort” para visitar as Escolas Infantís da nosa contorna, neste recén rematado mes de maio foron xs pequenos e pequenas quen, sen maletas pero coas pilas ben cargadas, visitaban a Biblioteca Ágora para desfrutar das sorpresas que lles agardaban.

Coa atención á diversidade e o traballo das emocións como meta, Beba encargouse de firmar e enviar ás escolas as pertinentes invitacións para que ninguén faltase á cita. EI Ventorrillo, EI Carmen Cervigón-Padre Rubinos, EI Agra do Orzán, EI Xénesis, EI Parrulos Ventorrillo, EI Nazaret e EI PSN Bicos. Todas elas convertéronse en escolas que contan. Escolas que escoitan, que camiñan. Escolas que aportan e que nos motivan. Escolas que viven a diversidade e non sobreviven sen tolerancia.

De ahí que entre todxs xs colegas que Beba ten na biblio (que non son poucxs), tivéramos claro que Monstro Rosa ben merecía o seu espazo. O conto, escrito pola donostiarra Olga de Dios, aborda o tema da diferenza e a diversidade como algo enriquecedor e transmite que todas e todos somos diferentes, e que esa diferenza é a que nos fai únicos e da valor á nosa sociedade.

monstruorosa2

Xa antes de nacer, Monstro Rosa era diferente a todo o que lle rodeaba. Pero a súa diferenza non le fai perder o sorriso.

Monstro Rosa podería conformarse, renunciar ás súas peculiaridades e adaptarse ao mundo no que lle tocaba vivir, pero decide loitar pola súa identidade con humor e un sorriso, sen medo ao descoñecido. Arriscarse acaba merecendo a pena, pois atópase cunha sociedade rica e diversa na que acaba sendo verdadeiramente feliz.

Unha historia para nenxs de 3 a 99 anos narrada con frases curtas e directas, coa que quixemos ensinar xs nosxs invitadxs a importancia de manternos sempre positivxs, tamén nos momentos máis difíciles. Porque todxs temos algo de monstro rosa. Ou de becho bola. Ou de ra de tres ollos.

mural

Tras unha posta en escea na que houbo risas a moreas, tocounos lanzar o dado: de monstro a monstro e tiro porque me toca. O noso amiguete o Monstro de cores axudounos a baixar revolucións. Xs pequenxs, a cambio, axudáronlle a desfacer o seu lío emocional (é un tipo complicado) e identificar mellor cada estado de ánimo.

page Rosas, verdes, vermellos, amarelos…

¿Quen dixo que os monstros daban medo?

Na equipa de infantil da Biblioteca Ágora despedímonos desta tempada de Bbescolas coas emocións a flor de pel, pero moito máis definidas que as do monstro. Sentímonos amarelos, verdes e rosas. Ou o que é o mesmo: contentos (pola satisfacción de compartir momentos cos máis peques do barrio), relaxados (achéganse por fin as ansiadas vacacións!) e namorados (do noso traballo, dos contos e das historias que atesouran).

E agradecidos, moi agradecidos. A todxs xs nenxs e profes que formaron parte activa desta viaxe de ida e volta. Tamén a Reme, Maru e Cristina, polas súas narracións. Grazas, compañeiras, por percorrer con nós unha parte do camiño 😉

E coma se dunha fábula se tratase, este proxecto tamén trae da man unha ensinanza: así como en moitos casos un/ha ten que liberarse dos seus monstros, outras veces ten moito que aprender deles. Non deixemos nunca de escoitalos.

Advertisements

Acerca de violetasr

Un comentario en “Escolas que camiñan, monstros que contan.

  1. natalialpz
    Xuño 1, 2016

    E o #bebateam pintou o mundo de cor rosa 😉 Fantástico post compi!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xuño 1, 2016 por en Biblioteca , , , .
%d bloggers like this: