Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Lengalengas infantís co Voluntariado de Lectura de Bibliotecas Escolares de Galicia

redondo

Parte do alumnado que participou na actividade interpretando unha regueifa

Este é o terceiro ano que o Voluntariado de Lectura-A integrado no programa Bibliotecas Escolares Solidarias (Bibliotecas Escolares de Galicia) visita a Biblioteca Ágora dentro das Xornadas de Convivencia que se celebraron entre o 24 e 27 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña. Nesta ocasión, foron catro CEIP procedentes de tres provincias galegas (Ricardo Tobío (Esteiro-Coruña), Ramón Falcón (Castro de Rei-Lugo),  Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra) e Sobreira-Valadares (Vigo) os que compartiron unha sesión ateigada de tradición oral e literatura popular galega.

nena conto redonda

Unha das alumnas do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro lendo algúns dos arrevesados trabalinguas do seu grupo de traballo

Chapa_Grande_version 2

Deseño da chapa coa que a Biblioteca agasallou a profesorado e alumnado

 

 

 

 

 

 

 

 

 


A actividade desenvolvéuse ao longo da mañá do pasado 25 de maio tendo como eixo central a oralidade como expresión cultural deste importante patrimonio inmaterial que posuímos @s galeg@s.  Poñer en valor e traballar a identidade, a memoria, a través dos contos populares, das lendas, das regueifas ou dos cantos de berce, foi o núcleo que serviu para dar contido e musicalidade a un mércores cheo de propostas.

vertical

Pero antes de comezar a compartir inquedanzas arredor do elemento popular e das técnicas propias da oralidade, dividímonos en dous grandes grupos para descubrir cada un dos recunchos dos máis de 1700 metros de biblioteca que estes integrantes das equipas de traballo das súas bibliotecas escolares desfrutaron con atención.

Davide Salvado co seu disco "Lobos"

recorte david

Para de seguido ver un vídeo ao que lle poñía música Davide Salvado coa súa canción -A vida-, recollida no disco “Lobos” que nos levou a unha viaxe cantada polo que sería a sesión de Lengalenga.

E para este momento xa estaban os máis de cincuenta alumnos e alumnas dispostos a escoitar unha das máis famosas lendas da nosa mitoloxía: A lenda da moura Ana Manana, que recollida no Dicionario de Seres Míticos Galegos non deixou indiferente a ninguén.

ana manana redonda

Nuria chamou pola moura Ana Manana durante a sesión. Quen é @ afoutad@ que o fará por ela tres veces a carón da fonte?


 

 

 

 

 

 

 


Nas actividades de voluntariado que desenvolveron cada unha das equipas dos centros ao longo de todo o ano, a lectura a pequenos e maiores foi unha das propostas máis compartidas. Para enriquecer con música as mesmas, convidámolos a coñecer algúns arrolos tradicionais como os recollidos por Xabier Díaz e Guillerme Fernández en Bembrive (Val do Dubra) e recompilados no cd Arrolos de Salitre. Para iso, escoitamos e cantamos conxuntamente Tiroliro, que de seguro formará parte dalgunha actividade con público infantil de cara ao próximo curso. O papá arrolaba á nena, cantáballe este cantar: “Cala, miña nena, cala, cala se queres calar (…)

Á dereita recóllense algúns dos materiais que serviron para o deseño da sesión e que poderedes atopar nas nosas bibliotecas. Ao pé da laxa da Moa, de Antón Cortizas, Rapoemas de Aid, Á lus do candil de Ánxel Fole ou os xa mencionados Arrolos de Salitre e o Dicionario de Seres míticos galegos. Sen esquecer unha coñecida lengalenga onde a protagonista é unha vella,  Dona Carme.

Chapa_Pequena_version 2

Deseño da chapa coa que a Biblioteca agasallou aos Centros de Ensino participantes

Despois dun descanso que permitiu recobrar forzas, sería un conto de aparecidos, “O espello”, compartido por tres fidalgos a carón do lume nunha torre do século XVI, o que amosou a orixe oral das historias de Ánxel Fole, enchendo o ambiente dun misterio quedo que rachamos coa escoita de dous poemas musicados pola rapeira Aid. Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro foron os escollidos, por ser autores onde o quefacer poético reborda de ditos populares e de técnicas propias da oralidade. Así é que desfrutamos de Cantares Gallegos e do poema “O cabozo” con moito hip hop e R&B.


traballos redondo

O grupo dos trabalinguas foi quen de achegar máis de seis complicados textos ao conxunto dos compañeir@s

Estabamos na última parte da mañá e agora sería todo o alumnado voluntario o que cobrara protagonismo para traballar arredor da oralidade e das diferentes manifestacións que esta mesma  tiña en cantigas improvisadas ou trabalinguas imposibles. Para iso, dividímonos en cinco grupos arredor das temáticas: Adiviñas, Trabalinguas, Cantareas, Regueifas e Cancións. Despois de seren traballadas, viñeron as presentacións das diferentes propostas, que a todo o mundo sorprenderon con composicións creadas ex novo como algunha cantarea ben divertida ou mesmo un rap dedicado a Manuel María.


Non quedaba máis antes de rematar a sesión que Cantarea_Parte Diantecompartir unha lengalenga moi coñecida, onde a protagonista non consegue espertar a pesares de ter case unha ducia de animais debaixo da súa cama. Dona Carme pechaba a sesión coa brincadeira de todas as onomatopeas escoitándose na biblioteca da man dunha pandeireta e sabendo que na tradición oral, non só é importante escoitar, senón transmitir.

Fai click na imaxe para ver máis fotos da sesión

Foto de Grupo ao rematar a sesión

Desde aquí a nosa noraboa aos centros premiados: Ricardo Tobío, Ramón Falcón, Leirado e Sobreira-Valadares pola súa labor no Voluntariado de Lectura ao longo deste ano que fixo posible poder compartir toda unha mañá de tradición oral e literatura popular na Biblioteca Ágora. Tamén o noso agradecemento ao profesorado implicado e, por suposto, á xestión de Bibliotecas Escolares de Galicia da man de Cristina Novoa. Para nós é sempre un pracer recibirvos e desfrutar do traballo e a vontade para que as Bibliotecas Escolares avancen no seo da comunidade escolar.

Deixámosvos o enlace ao vídeo A vida, de Davide Salvado, desfrutade del.  Ate a próxima!

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: