Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

E ti, chiscaches?

Fai click na imaxe para compartir todas as chiscadelasUnha única semana estivo viva a campaña da  Chiscadela a #ManuelMaría que desenvolvemos desde a  Biblioteca Ágora dentro do  traballo de colaboración conxunto co CEIP María Barbeito para celebrar o día das #LetrasGalegas2016. O resultado foi gratamente satisfactorio. En tan pouquiños días foron máis de 250 persoas, colectivos e institucións as que se sumaron a este guiño ao autor chairego e á lingua e literatura de noso.

miguel alonso1

O autor de “A nena a que non deixaban ser feliz” ou “O soño de Esther”, sumándose á chiscadela coa súa pequena Esther

A campaña, deseñada e lanzada dentro das liñas de traballo do proxecto Suma Ágora, dirixímola en primeiro lugar ao alumnado máis miúdo do noso barrio, aquel co que traballamos no día a día e co cal tecemos complicidades e relacións de moi diferentes maneiras. A partir deles quixemos, despois, facela extensíbel a todas as persoas que, nas redes sociais, quixesen tamén amosar o seu compromiso e amor ao idioma, á nosa literatura e, por suposto, á celebración do que somos ao redor do simbolismo do 17 de maio.

Artai1

O pequeno Artai tamén participou coa súa chiscadela da man do Coelliño Branco de Kalandraka

E tamén neste caso a resposta foi estupenda. Foron moitos e moi variados os colectivos e institucións que nos achegaron o seu sentir solidario e alegre, chiscando un ollo á nosa proposta. Desde aquí vaia o noso máis sentido agradecemento a:

Adrián, Alba, Alberto Riveiro, Real Academia Galega, Alonso Montero, Ana Pontón, Álvaro García, Deputación da Coruña, Ánxela Pouso, Anxo Manoel, Lucecús Teatro, Artai, Belén Bermejo, Eduardo Estévez, Biblioteca Pública de Ourense, Brais Boquete, Carlos Ares, Chus Otero, Cristina Castrillón, Daniel Río, Valerio González, Fiz Seixo, Roi García, Divina, Dores, Dubra, Estíbaliz Veiga, Rolando Chouciño, El Clú Biblioteca Infantil e Xuvenil, Faia, Fátima, Colectivo 1aUN, Fran Rei, Francisco Castro, Francisco Jorquera, BNG, Gaiferos Parrado, Gemma Bib.Fórum, Goretti SanMartín, Henrique Monteagudo, Inacio Vilariño, Títeres Fantoche Baj, Inés, Jaspe (Nao), Sabela, Jesús, Laura, Leticia, Lorena Martínez, Lucía, Cig Servizos, Luís, Luna, Magín Blanco, Manuel López Foxo, Margarita Ledo, María, María Solar, Mariola Cerdeiro, Urdime Artes Escénicas, Miguel Alonso, Esther, Miro, Miguel, Librería Moito Conto, Mónica, Montse, UDC, Nerea Rodríguez, Nóa Présas, Olalla Martínez, Paco Nogueiras, Paula, Leire, Paulo, Teatro Rosalía, Pepa Rivas, Ramiro Torres, Rocío, Carlos, Rosario Álvarez, Sara, Lucía, Lía, Silvia Seixas, Stella, Suso Bermello, Suso Soto, Teresa Varela, Torres Queiruga, Vanesa, Xavier Campos, Vanesa Santiago, Xosé Antón Rubal, Xavier Vence, USC, Xosé Regueira, Alicia, Ana, Carla Queijo, Emilio, IES Agra I, Goretti, Rosa Souto, Miguel Santaolalla, Teresa, Larraitz Urruzola, Títeres Babaluva, Raquel Queizás, Laureano Castro Dans, Miriam Urruzola, Sira Bib. Rosais, Crispín, CEIP María Barbeito

En nome de toda a equipa,  grazas por lembrarnos que Galiza somos nós, a xente e máis a fala, porque con todos vós tivemos a sorte de coñecela -e coñecérmonos- un pouco mellor.

GALIZA

Galiza docemente está ollando o mar:
¡ten vales e montaPaco 1ñas
 e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros, 
cidades e labregos
cargados de traballos, 
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai velliña, 
soñadora:
na voz da gaita rise, 
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos: 
a terra, o mar, o vento...
Pro hai outra Galiza 
que vai no sentimento!
Galiza somos nós: a xente e 
máis a fala
Se buscas a Galiza en ti tes que atopala!

Catro+tere_galego

cadro branco chisco

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: