Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Chiscadela a #ManuelMaría para celebrar as #LetrasGalegas2016

Fai click na imaxe para ver todas as chiscadelas

Chiscadela de Brais Vázquez, 4ºB Ciclo Primaria, CEIP María Barbeito

A PROPOSTA

Non podiamos comezar doutro xeito o percorrido polo que foi a proposta de colaboración co CEIP María Barbeito e a Biblioteca Ágora para celebrar as #LetrasGalegas2016, que coa chiscadela dun dos alumnos de 4º de primaria como símbolo do traballo e esforzo que comunidade educativa e Biblioteca sumaron para celebrar a data máis importante do noso idioma, o 17 de maio.

Hai máis de tres meses que o proxecto Suma Ágora en colaboración con Jesús e Ana (dirección e xefatura de estudos CEIP María Barbeito) albiscamos a posibilidade de colaborar de maneira conxunta para poñer en valor a figura de #ManuelMaría, un autor especialmente plástico para traballar cos máis pequenos e cunha obra que tomou vida en cada unha das aulas de xeitos distintos pero con intensidades parellas.

A PREPARACIÓN
Escoita a Rebelión das ovellas musicado por Manuel Crespo

Un dos momentos de gravación co alumnado de infantil ensaiando a súa actuación: A rebelión das ovellas. Na imaxe, coa clase de Nuria Fernández Del Moral, 3ºA EI


Nesta ocasión, a Biblioteca adoptou un papel mediador, canalizando as inquedanzas do profesorado para visibilizar o esforzo que cada titor e titora desenvolveron para abordar en aula a figura do autor de Outeiro de Rei e a súa obra.

Para iso desprazámonos dous días ao centro nunhas xornadas que nos descubriron “O bigote de Mimí“, “Os soños na gaiola“, “Canta o cuco” de Uxía Senlle e Magín Blanco, “Teatro de Guiñol“, o Cuco de Suso Vaamonde e moitas outros xeitos de abordar o idioma e a obra de Manuel María. Neses intensos días gravamos imaxes tanto no ciclo de infantil como no de primaria para elaborar dous sinxelos vídeos que pretendían facer a nosa “chiscadela particular” á inxente labor a prol da lingua e da obra do poeta lucense.

libros

Materiais sobre o poeta que se traballaron nas aulas e que poderedes atopar nas nosas bibliotecas

E inda que de seguro moitos de vós xa tivéstedes oportunidade de botarlle unha ollada, deixámosvos os enlaces para que poidades desfrutar do traballo previo que se desenvolveu no centro de ensino. Unha mostra do ciclo infantil…

E a continuación, o bosquexo do que serían as actuacións no auditorio do Centro Ágora que tivo como protagonistas aos alumnos e alumnas de primaria:

lucecus

Anxo Manoel de Lucecús Teatro, achegando obra e vida e Manuel María

O ESPECTÁCULO

Pero tanto esforzo tiña que verse plasmado nun día de especial celebración para cada un dos ciclos, así é que aterrou o día cinco de maio todo o Ciclo de Infantil no auditorio do Centro Ágora…Cada quen ía caracterizado con elementos que apoiarían a actuación, 3ºEI cos seus pequenos cucos que decidiran facer os niños nas cabezas de cada un dos pequenos, 5ºEI cos barcos de xoguete capaces de facer vogar a imaxinación, feroces lobos con devezo por comer inocentes ovellas e mesmo burriños trotóns que non eran quen de deixar de brincar. Pero antes tivemos oportunidade de compartir o vídeo das súas sesións preparatorias e como non, desfrutar do espectáculo de Lucecús Teatro achegando a figura do autor e da súa obra.

Fai click na imaxe para ver máis fotos da sesión

Atentos observan a actuación de Lucecús. En primeira fila os cursos de 3ºEI

Fai click na imaxe para escoitar a canción do meu burriño

O alumnado interpretando o burro de Manuel María acompañados da súa titora Ángeles

 

 

 

 

 

 

 


O mércores 11 de maio foi todo o ciclo de primaria quen desfrutou dunha mañá cargada de nervios, pero tamén de ilusión e ganas de compartir o esforzo de tanto traballo, o auditorio colgou o cartel de completo e máis de 500 persoas démonos cita para homenaxear a Manuel María. Seguindo o mesmo esquema que o día 5, primeiro tivemos a oportunidade de compartir o vídeo elaborado desde a Biblioteca cos seus protagonistas, Lucecús Teatro tomou o relevo e continuou coa festa, para a continuación dar comezo as distintas actuacións de cada un dos cursos.

Seleccion_inicial-primaria (20)

Todo o alumnado de 4º de primaria actuando cunha composición creada e musicada por eles para celebrar o 17 de maio

Os encargados de presentar a gala foron Natalia, Andrea e Antón, de sexto de primaria, que deron paso á primeira actuación na que os seus compañeiros e eles mesmos musicaban o poema “A FALA“. Viñeron despois as actuacións do barco de xoguete e tamén do alumnado de primaria que decidíu marcarlle un rap ao idioma.

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo: primaria
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

A Señora Vaca de 3º de primaria, o recitado magnífico de moitos dos poemas de “Soños da Gaiola” e a composición creada polo alumnado de 4º de primaria para a ocasión, pecharon a gala non sen que antes tiveramos desfrutado e sentido a interpretación do himno galego da man de 5º de primaria nunha actuación que puxo en valor o idioma como elemento identitario definidor do que somos e do que precisamos para non morrer como pobo.

PECHAR CHISCANDO

Para rematar volvemos ao elemento que xunguíu a proposta, a chiscadela a #ManuelMaría por parte de boa parte do alumnado do CEIP María Barbeito. Tratábase de facer un guiño ao autor, pero tamén ao galego, á literatura na nosa lingua e á posta en valor de todo o que nos define, nos enriquece e por suposto, nos fai medrar. Esa chiscadela na que participaron un número importante e alumnos e alumnas á vez que outras moitas persoas anónimas, colectivos, institucións, etc. O noso agradedemento desde aquí a todas as persoas que tivéstedes colaborado e desfrutado de compartir un guiño simpático ao que somos.

Se queres ver máis chiscadelas fai click na imaxe

Alumnado de 4º e 6º de primaria do CEIP María Barbeito. Chiscando: Marilyn, Iria C., Nacho, Julia, Daniela, Ruth, Pedro, Paula, Rubén, Naiara, Pablo, Yago, Raquel, Sabrina, Lara, Martin, Iria e Brais

Por último só nos queda dar as grazas a toda a comunidade educativa do CEIP María Barbeito, a Maite, Ledicia, Gala, Beatriz, Lorena, María C, María I, Ángeles, Nuria, Gregorio, Mónica, Lucía, Patricia, Rosa, Belén, Luz, Laureano, Isabel, Belén S, Victoria, MªCarmen e Cruz. Pero especialmente a Ana e Jesús, capaces de mover e mobilizar a todo o centro para compartir e valorar o esforzo do profesorado e de todo o seu alumnado nunha data coma esta.

Grazas tamén de xeito especial a Lucía Blanco Moreira, alumna de 6ºB, por ter cedido a súa imaxe para converterse na cara da proposta da Chiscadela e a todo o alumnado participante polo agarimo transmitido en todo momento cara Nuria e cara min mesma, facendo sentirnos que esta é unha Biblioteca viva e como diciamos no vídeo inicial,

Unha Biblioteca que mira máis alá de sí mesma

Ata sempre!

 

 

 

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

4 comentarios en “Chiscadela a #ManuelMaría para celebrar as #LetrasGalegas2016

  1. Chelo Rodriguez Gayoso
    Maio 16, 2016

    Me encantó como prepararon en el colegio Mª Barbeito las actividades para estudiar y celebrar AS letras galegas 2.016.

    • evavieites
      Maio 16, 2016

      A verdade é que a implicación da comunidade educativa foi ampla e vivimos de maneira moi positiva que fóra nunha data tan especial para o idioma toda a ilusión que amosaron todos e cada un dos pequenos e, por suposto, todo o profesorado. Noraboa desde aquí e grazas Chelo polas túas aportacións.

  2. Pingback: E ti, chiscaches? | Suma Ágora

  3. Pingback: Blog SUMA ÁGORA , Campaña Chiscadela a #Manuel María | Biblioagra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: