Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Xurxo Souto e o seu “Océano para terrícolas” pecha a sesión de Vismap Junior na Biblioteca Ágora

montaxe 2

Contorna, territorio e persoas volveron cobrar vida o pasado martes día 5 na simbiose que servíu para pechar a colaboración conxunta de Biblioteca, Colectivo 1aun, AAVV Loureiro de Visma, ETSA-UDC e CEIP San Pedro de Visma arredor da actividade Vismap Junior.

Tomando algunhas imaxes para valorar os espazos da súa contorna, alumnado de 6ºB

Tomando algunhas imaxes para valorar os espazos da súa contorna, alumnado de 6ºB

Como tivemos ocasión de amosar hai ben pouco, esta iniciativa pensada para poñer en valor e reflexionar arredor do territorio e os diferentes modos de vida, servíu de confluencia para que veciños e veciñas do barrio de San Pedro, mozos e mozas da ETSA-UDC, xunto co alumnado de primaria do CEIP San Pedro de Visma, fixeran as súas achegas no marco dun proxecto que deu por resultado un interesante proceso de traballo e, por suposto, a visibilización dese esforzo nunha exposición que a modo de resumo de todas as aportacións poderá verse do 6 ao 22 de abril no hall do Centro Ágora, e que nós tivemos oportunidade de inaugurar na biblioteca este pasado martes día 5.

Algúns dos paneis que poderedes ver no hall do Centro Ágora ate o 22 de abril. #O límite da cidade

Algúns dos paneis que poderedes ver no hall do Centro Ágora ate o 22 de abril. #O límite da cidade

E como do que se trataba era de reflexionar sobre os espazos, fixemos partícipe da sesión ao cantante e escritor Xurxo Souto a través da súa proposta “Océano para terrícolas”. Deste xeito, mar e terra foron os elementos- grazas  á pedagoxía lúdica do artista-a través dos que puidemos descubrir unha morea de cousas que, como lembraba o cantante dos Diplomáticos de Montealto, ninguén nos explica nunca.

Xurxo Souto co seu acordeón diatónico no marco da Biblioteca Ágora

Xurxo Souto co seu acordeón diatónico no marco da Biblioteca Ágora

Di o refrán…

O que pasa pola Marola pasa pola mar toda

Foi por iso que aprendemos os nomes de illas famosas como a Marola, descubrimos que a carón da Torre de Hércules hai unha pirámide sumerxida, e mesmo que non é preciso ir a ao cine para vivir os efectos especiais máis incribles. Para iso a cidade da Coruña é única: explosións coma a do petroleiro Urquiola, o mar Exeo e nos últimos tempos o Prestige, fixeron da sesión un xogo humorístico e case de ciencia fición ecolóxica no que a defensa do mar como compoñente que define, marca e crea identidade foi un dos elementos máis destacados.


Devezo por saber do mar complementado coa arela por descubrir a contorna, para refacela, mellorala, entendela e poñela en valor. Estes poderían ser algúns dos termos que resumiran a sesión de peche de Vismap, pero tamén a colaboración, o xeito de facer comunidade e a visibilización do traballo en rede través da exposición #O Límite da Cidade.
Fai click para ver todas as imaxes de Vismap Junior

Na imaxe, 6º A e B do CEIP San Pedro de Visma e as titoras Maruxa e Rocío, Xurxo Souto,  Fiz, Roi e Valerio do Colectivo 1aun e Nuria e Eva da Biblioteca Ágora

Só nos queda agradecer a todos os axentes a vontade de colaboración manifestada (AAVV Loureiro de Visma, CEIP San Pedro, ETSA) e especialmente ao Colectivo 1aun pola súa entrega no traballo conxunto.

Como Biblioteca, queremos dar as grazas e lembrarvos a nosa aposta polo fornecemento da comunidade, pola mediación entre axentes do barrio e por converter este espazo nun punto de encontro para tod@s.

Ate a próxima!

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: