Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Oralidade, tradición e historias mínimas para celebrar con APEM o día da Narración Oral

“A narración oral é un acto de ensoñación, onde o ser humano ao narrar a viva voz e con todo o seu corpo, reencontra desde a fantasía a dimensión dos soños”

Francisco Garzón Céspedes (Cuba, 1947)

Escritor, xornalista, home da escena teatral e formador de narradores. Fundou e desenvolveu o movemento de Narración Oral Escénica (NOE) e é membro do movemento de narración cubana.
Contando historias co kamishibai, que literalmente significa "drama de papel", orixinario dos templos budistas xaponeses do século XII

Contando historias co kamishibai, que literalmente significa “drama de papel”, orixinario dos templos budistas xaponeses do século XII


Onte, 20 de marzo, veu de celebrarse nun importante número de países dos seis continentes, o día Internacional da Narración Oral. A esencia desta efeméride ten por obxectivo que narradores e narradoras conten historias en todo o mundo, en todos os idiomas e durante todo o día no que ten lugar a celebración. Desde o proxecto Suma Ágora quixemos facer nosa esta data tan sinalada compartindo con APEM (Asociación Pro-Enfermos Mentais da Coruña) un abano de historias capaces de espertar unha verdadeira “fame de contos”. Iso sí, adiantámonos un chisco ao 20, posto que o domingo era festa de gardar.

No salón de actos da sede de Apem Os Chopos, sita no Barrio das Flores.

No salón de actos da sede de Apem Os Chopos, sita no Barrio das Flores. APEM foi a primeira asociación en defensa dos dereitos dos enfermos mentais que se constituíu en Galicia, e a terceira de España

Para poñer en valor oralidade, tradición e imaxinación, comezamos achegando un xeito de contar historias que para moit@s d@s asistentes foi un descubrimento. Estamos a falar do Kamishibai, que desde os templos budistas do século XII ao seu renacemento nos anos 1920-1940 do Xapón contemporáneo, veu aterrar en APEM para coñecer a historia do cabalo de Han Gan. E se coa forza do amor pola pintura do protagonista, os debuxos tomaran vida e foran quen de combater ao inimigo máis valente? A lenda do cabalo non deixou indiferente a ninguén.
O gaito kamishibaiya, ou contista compartindo historias sobre a súa bicicleta con nenos e nenas no Xapón dos anos trinta. Pintura conservada do Retrato do cabalo, do pintor da dinastía Tang, Han Gan (706-783) Portada da obra “El caballo mágico de Han Gan” de Chen Jiang Hong, Corimbo, 2004

O gaito kamishibaiya, ou contista compartindo historias sobre a súa bicicleta con nenos e nenas no Xapón dos anos trinta. Pintura conservada do Retrato do cabalo, do pintor da dinastía Tang, Han Gan (706-783). Portada da obra “El caballo mágico de Han Gan” de Chen Jiang Hong, Corimbo, 2004

Sabiamos que desde APEM tiñan preparadas un par de sorpresas para participar activamente da data, e claro está que a primeira en abrir a caixiña das historias foi Begoña. Tirando dos contos e lendas de Galicia do lucense Antonio Reigosa, foi o conto titulado “Cando os animais falaban”, o escollido para descubrir o que se agochaba detrás da pregunta, queredes saber por qué razón o caracol se chama caracol? Toda unha sorpresa a resposta que nos desvelou Begoña onde Deus e o Demo tiñan un papel fundamental.

Fai click para descargar o pdf da obra de Reigosa

Begoña xunto con Beatriz Heredia (APEM Sagrada) preparando a súa intervención. Portada de Cuentos y leyendas de Galicia, de Antonio Reigosa, Anaya, 2012.

Imaxe mítica dunha moura. Dicionario dos Seres Míticos Galegos, Xerais, 2006

Seguiamos en Galicia no noso camiño polo mundo dos contos e, como este ano a temática da celebración Internacional do Día da Narración Oral eran as mulleres fortes, botamos man da tradición mitolóxica galega para que as mouras foran as protagonistas do imaxinario da actividade. A lenda de Ana Manana, unha das máis recollidas dentro da nosa tradición, deixou entrever o risco de trabar un queixo enfeitizado por unha moura. Un consello, se ao lado dunha fonte, un castro ou unha mámoa unha dona fermosa vos ofrece riquezas, desconfiade, hai feitizo seguro.


Imaxe mítica dunha moura
Dicionario dos Seres Míticos Galegos, Xerais, 2006
Co queixo enfeitizado que en Castrelo de Miño ofreceu a moura galega Ana Manana a carón da fonte do Maimón. Lendas Galegas de tradición oral, de Xosé González Reboredo, Galaxia, 2006

Co queixo enfeitizado que en Castrelo de Miño ofreceu a moura galega Ana Manana a carón da fonte do Maimón. Lendas Galegas de tradición oral, de Xosé González Reboredo, Galaxia, 2006


manuel asA tradición oral, a palabra falada a través de pequenos fragmentos de vida, foi o aporte de Manuel á posta en valor da oralidade. Contóunos desde APEM como un domingo temprano de hai moitos anos á volta dunha noite de esmorga, seu avó esperóunos a el e a seus irmáns na porta da casa do seu Sanxenxo natal vestido co seu uniforme militar (…)


Manuel compartiu co auditorio unha parte da súa historia persoal

Manuel compartiu co auditorio unha parte da súa historia persoal

Por último, e da man do realismo máxico dunha historia ateigada de elementos poéticos, a Viaxe de Indira trasladóunos ao oriente da man desta moza viaxeira que remontou o curso do río Brahmaputra para concederlle o último desexo ao seu tío avó, voltar sentir o arrecendo das follas de té das sete arbores do sur.

Co pano de seda vermello que a protagonista usou en toda a viaxe.
Cuentos de té y otros árboles, do que forma parte o relato “ A viaxe de Indira”, de Mónica Rodríguez Suárez, Everest, 2011.
Ilustración de Sylvia Vivanco, A viaxe de Indira

montaxe 12

Así foi como transcorreu a nosa particular celebración do Día Internacional da Narración Oral, facendo desta arte algo vivo, transformador, porque se ben é certo que a Biblioteca como di Pep Bruno é o espazo natural para o conto “contado”, é labor tamén da Biblioteca que sexan moitos os lugares onde a imaxinación, a fantasía e a posibilidade de viaxar sen movernos da silla se convirtan en ferramenta para ser máis felices.

Desde a Biblioteca Ágora, grazas a APEM pola labor que desenvolvedes no seo da sociedade, polo voso espírito colaborativo, pola aposta polo traballo transversal e por suposto, por sumarvos a esta celebración.

Tamén grazas a Nacho, Beatriz, Begoña, Manuel, Ángel e a tod@s os que fixéstedes posible reencontrar desde a fantasía o mundo dos soños.

Fai click para ver máis imaxes da sesión en APEM (Chopos) e da visita que parte dos usuarios fixeron á Biblioteca Ágora

Fai click para ver máis imaxes da sesión en APEM (Chopos) e da visita que parte dos usuarios fixeron á Biblioteca Ágora

 

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: