Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

#Vismap junior: poñendo en valor territorio e xente

Dende a Biblioteca Municipal Ágora apostamos firmemente polo traballo colaborativo e nesta ocasión facémolo coa proposta Vismap Junior, que nace do Colectivo de Arquitectos 1AUN co obxecto de detectar os valores e usos actuais dos espazos de borde -neste caso, San Pedro de Visma- e evidenciar os diferentes modos de vida. Conxuntamente artellamos unha programación dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma e para a que contamos ademais coa participación da Asociación de Veciños Loureiro de Visma.

#vismap_junior

A actividade desenvolveuse os días 29 de febreiro -6ºA- e 1 de marzo -6ºB- e ao longo de toda a mañá rapaces e rapazas tiveron ocasión de reflexionar sobre que uso fan dos espazos, cales son as súas rutinas e por onde se moven, así como tamén de poñer en valor o seu entorno e á súa xente. Compartimos, a continuación, unha breve crónica das xornadas.

Espazos, modos de vida e contorna

Porque as cousas son como son? Por que as casas están onde están? Que necesitamos para vivir? Así comezaba ValerioColectivo 1aun– a súa intervenciónvismap_junior teórica para achegar ao alumnado a explicación de que o territorio responde aos distintos modos de vida.

Tamén falou da aldea galega na que a casa era unha pequena fábrica e zona de vivir e zona de producir eran todo un, ao contrario que nas cidades onde todo funciona distinto e casi ninguén producía na súa casa.

Pero na actualidade… onde están os límites? Que é cidade? Que é aldea? As cidades están a tomalo todo, sitios onde antes se cultivaba e onde había aldeas, polo que non está tan clara a delimitación… ou si?

hercules_crunia

Abad Varela, José Antonio ; Pintor, David. Hércules e Crunia. Pontevedra: Kalandraka, 2005

E falando de espazos e territorio, aproveitamos a ocasión para compartir co alumnado a historia da creación da cidade a través da dramatización de Hércules e Crunia. Un relato que recolle as raíces mitolóxicas da Coruña e no que están presentes, á parte das personaxes, a propia paisaxe con elementos como o mar, os cantís e as rochas.

Memorias dun neno vismego

E despois da lenda de Hércules e Crunia, coñecimos da man de Fátima e MiliAsociación de Veciños Loureiro de Visma– como era a vida dun neno de Visma hai 30 anos e cal era a súa relación coa contorna.

vismap_junior

Recordan que naqueles tempos todo eran campos e leiras en Visma e a xente vivía do que cultivaba. Os excedentes ían a vendelos á cidade -Praza de Lugo- e para iso había que pagar o fielato na oficina situada no actual Playa Club Riazor.

En canto á escola, coméntannos que estaba ubicada no que é agora a casa do párroco de Visma e que estivo en funcionamento dende 1960 ate 1968. A partir desa data comeza a funcionar como centro social da igrexa.

En relación ás rutinas diarias, Fátima e Mili fan fincapé en que a maior parte da xente de San Pedro ía a buscar auga á Gramela para lavarse, cociñar e facer as labores da casa. Despois do colexio tocaba traballar colaborando en tarefas como plantar patacas ou recoller a herba.

Non obstante, tamén quedaba tempo de lecer que aproveitaban xogando ás canicas, ao fútbol, á mariola… nada de play nin de móbil!

E como non… por aquel entón en San Pedro celebrábanse festas! A festa do Carme na que se sacaba á virxe en procesión e a festa de San Pedro, na que se bailaba a muiñeira.

#Recomendamosbmc a obra Historia del antiguo Puerto del Portiño -Seavella de Fernando Cabanas López, que nos aporta interesantes datos sobre Visma e Portiño e que nos permite profundizar na historia do lugar

Mural dixital Os meus sitios”

Durante unha semana o alumnado de 6º levou un pequeno diario dos espazos polos que se moven tanto a diario coma na fin de semana, para despois trasladalo en aula a un mural dixital, empregando o modelo 3D de Google Earth.

Robinson_Crusoe

Defoe, Daniel. Robinson Crusoe. Madrid: Anaya, 2011

Pero antes de ubicarnos no mapa, participamos da historia de supervivencia máis coñecida na literatura de ficción: Robinson Crusoe. Unha aventura coa que descubrimos que nos podemos orientar a través de diferentes elementos da natureza, mesmo estando sós nunha illa.

E despois da dramatización, rapaces e rapazas colaboraron para facer o mapa virtual, guiados por Roi e Fiz Colectivo 1aun: Coñecemos Visma? Que cousas hai en Visma e arredores? Que sitios diferentes hai? Que facemos en Visma? A que sitios imos?

E rematamos a sesión en aula cunha análise de fotografías para contrastar: Está en Visma? É real? Está na cidade?

vismap_junior

A saída de campo

Despois do recreo e con enerxías renovadas emprendemos a nosa ruta para tomar imaxes, poñer en común e valorar como ve o territorio o alumnado de 6º do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma.

Divididos en pequenos grupos traballouse sobre tres áreas temáticas: sitios bos para xogar, cousas que nos gustan ou non nos gustan e cousas que pensamos que non pertencen á cidade. Os integrantes de cada grupo tiveron que reflexionar, debater e poñerse de acordo á hora de fotografar cada sitio e/ou elemento, así como tamén para explicar o porqué.

vismap_junior

Pero #Vismap non remata aquí. Temos unha cita pendente o martes 5 de abril na Biblioteca Ágora para inaugurar a exposición dos materiais resultantes da actividade e para disfrutar de Xurxo Souto e do seu Océano para terrícolas. 

Moitas grazas a Roi, Fiz, Valerio, David –Colectivo 1aun– e a María. Grazas a Xosé Ramón, Fátima e Mili da Asociación de Veciños Loureiro de Visma. Grazas a Juan, Patricia, Maruxa e Rocío, do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma. E grazas ao alumnado de 6º que participou da actividade. Sen todos vós non sería posible!

vismap_junior

Foto de grupo coas titoras e alumnado de 6ºA e 6ºB respectivamente

Advertisements

Acerca de nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

3 comentarios en “#Vismap junior: poñendo en valor territorio e xente

  1. Pingback: Dominamos o espazo | Blog da biblioteca escolar do CEIP San Pedro de Visma

  2. Pingback: visMAP JR |

  3. Pingback: Xurxo Souto e o seu “Océano para terrícolas” pecha a sesión de Vismap Junior na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: