Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Chega a V Edición de Libros Vivintes

Se o pasado mes de novembro compartiamos co alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán unha especial sesión de Libros Vivintes vinculada á programación do 25N, nesta ocasión serán os mozos e mozas de 1º de Bacharelato, os que terán a oportunidade de afondar nas historias de vida dos seus veciños e veciñas.

Co alumnado de 1º BAC do IES Agra I. Fai click na imaxe para ver a presentación de Libros Vivintes

Co alumnado de 1º BAC do IES Agra I. Fai click na imaxe para ver a presentación de Libros Vivintes

Na aposta da Biblioteca Ágora por traballar cos institutos da súa contorna e facer da súa relación con eles unha biblioteca vivida accesible á mocidade, sumamos nesta V Edición a participación do Centro Tomás Barros de Formación Profesional, sito na nosa área de influencia.

Na sesión previa co alumnado de Atención á Dependencia e Educación Infantil do CPR Tomás Barros

Na sesión previa co alumnado de Atención á Dependencia e Educación Infantil do CPR Tomás Barros

Coa finalidade de explicar a esencia do proxecto e o procedemento para facer a escolla dos diferentes libros participantes, achegámonos ao longo desta semana a ambos centros educativos onde tivemos ocasión de resolver dúbidas, compartir inquedanzas e espir coa presentación da proposta un modelo de biblioteca onde o importante son as persoas.

Nesta edición o alumnado participante terá a posibilidade de escoller entre tres títulos:

Portada_IsaRiscoNon son un mercenarioPortada_PacoNogueiras

 

Non son un mercenario

O síndrome de Peter Pan

Ti es o culpable de todo

 

Sexa cal sexa a escolla, de seguro non deixará indiferente a ninguén, pero iso saberémolo despois de térense celebrado as sesións os vindeiros días 23 de febreiro e 1 de marzo. Para aqueles que devecen por escoitar e vivir máis dun título, sempre está a graza de compatir cos compañeiros as historias acontecidas na sesión do lado.

Deixámosvos xa que logo, o enlace para que poidades facer efectiva a votación. Contamos con vós! E lembrade introducir nome, apelidos e centro de ensino!

http://doodle.com/poll/t29bzqcmx6w4wrt4

Enquisa_libros2016-horz

Tamén poderedes votar facendo click na imaxe!

Sempre un pracer!

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

3 comentarios en “Chega a V Edición de Libros Vivintes

  1. Nocturnal
    Febreiro 4, 2016

    Gustáronme moito os textos. Teñen verdade dentro.

    • evavieites
      Febreiro 4, 2016

      Bo día Nocturnal,
      Grazas pola achega do teu comentario. Alegrámonos que desfrutaras coa lectura dos textos dos vindeiros Libros Vivintes.
      O mérito é das persoas que se agochan detrás dos mesmos.
      Apertas

  2. Pingback: A nosa biblioteca vivinte segue a crecer! | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: