Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Na biblioteca… Dámonos ao lote!

Dáte ao lote!

Cando un le un libro, ve unha película ou mesmo escoita un disco é inevitable facer asociacións de ideas ou de conceptos. Todo filtrado a través da propia experiencia subxectiva de quen está a ler, ver ou escoitar unha determinada obra. Novelas, ensaios, cómics, películas ou cd’s de música que, a priori, poden parecer inconexos, entrelázanse no noso cerebro formando un mapa amplo e diverso sobre un determinado tema ou sobre unha cuestión concreta.

Estas relacións subxectivas son parte da esencia de Dáte ao lote!, unha proposta da Biblioteca Municipal Ágora que iniciou a súa andaina hai agora un ano e que ofrece a posibilidade de levar en préstamo durante un mes lotes de materiais relacionados entre si.

Agora, aos 26 lotes da proposta inicial sumamos 8 novos de temáticas moi diversas, que xa están dispoñibles para préstamo. A crise e esboroamento da clase media, a vida cotiá dunha enfermidade mental, os xudeus na Europa do Leste  ou a movida dos 80 en Compostela son algunhas das cuestións abordadas nos novos lotes.

E que atoparás dentro de cada mochila?

  • Tres items relacionados entre si polo tema, pola forma de trasladar unha idea ou polo enfoque co que abordan unha mesma cuestión. Poden ser dende novelas ata ensaios, películas, poemas, música e/ou cómics.
  • Un dossier con material complementario relativo á temática do lote, para enriquecer a lectura.
  • Unha enquisa de avaliación para coñecer a túa opinión e atender as túas propostas de mellora.

Mais Dáte ao lote! é unha proposta viva e agardamos contar coas túas aportacións! Aquí deixamos a relación íntegra de contidos dos novos lotes:

Advertisements

Acerca de nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

Un comentario en “Na biblioteca… Dámonos ao lote!

  1. Pingback: Todos os días son #8m | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Febreiro 2, 2016 por en Biblioteca,Literatura , , , .
%d bloggers like this: