Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“Co graffiti, con calquera parte da cultura urbana, moita xente pode atopar un interese para o seu desenvolvemento”

O mundo do graffiti e o barrio do Ventorrillo camiñan dende hai tempo nunha mesma dirección. As intervencións nas paredes do local da Asociación de Veciños son parada obrigada nos roteiros co alumnado do CEIP María Barbeito.

Hoxe compartimos na nosa sección CONVERSAS CON…, interesantes achegas sobre o mundo do graffiti con Brais Rodríguez Trigo, veciño, graffiteiro, ilustrador e colaborador na recuperación do entorno do seu barrio.

imaxe principal

“A esencia é ver o graffiti na rúa” Brais RT

Biblioteca e Barrio

Para Brais, poñer en valor e aprofundar na arte graffiteira é un dos motivos polos que este mozo, gañador de dúas edicións do Xuventude CREA 2012 e 2014 na especialidade de Graffiti, visita a Biblioteca Ágora e comparte algunhas das súas inquedanzas con nós.

Brais857 (3)-horz

A verdade é que o teu nome era unha constante en cada un dos roteiros que compartiamos co alumnado do María Barbeito. Yasmine, da Asociación de Veciños, lembraba que ti eras o “graffiteiro oficial” do local. Cal é o teu vencello coa AAVV?

roteiro maria barbeito 026 (2)-horz

Co alumnado do María Barbeito diante da AAVV. Facendo a onda vital con Son Goku Superguerreiro pintado ao fondo

  • Eu son do barrio de toda a vida e comecei “trasteando” dende os quince anos. A orixe do graffiti é ilegal e pasou tempo ate que me deron permiso para pintar dentro dos túneles. Logo déronme muros, e despois intereséime polo local da asociación de veciños que estaba feito un desastre e cumpría darlle unha man, pintar algo. Así é que fixemos un evento, pagáronnos a pintura, trouxemos xente de fóra para que fixera a intervención con nós e propuxémonos mudar cada verán as paredes. Utilizamos temáticas ben coñecidas de debuxos e demáis porque hai un montón de nenos no barrio, o María Barbeito está ao lado e cando saen da escola pasan por aí.

Nós procuramos achegarlle ao alumnado a diferencia entre un graffiti e unha pintada. Cal sería a explicación dun graffiteiro?

  • Pois é que a tradución literal de graffiti é pintada, e na súa orixe é ilegal. A verdade é que o graffiti foi evoluíndo co paso do tempo, pero non se trata de pintar por pintar. Cada quen ten o seu estilo propio, pero sempre tentamos mostrar algo. A xente que tenta depurar un pouco o que fai, procura pintar en sitios máis degradados e facer que o seu graffiti se poida aproveitar, que teña algo vistoso ou algo bonito. Dalgún xeito é rehabilitar, restaurar…

A esencia do graffiti

Compoñente artística, reivindicativa…Por qué comezas a facer graffiti?

  • Comezo simplemente por expresarme, non un sentimento, senón amosar o que eu sabía facer e compartilo cos demáis. Quería que a xente fóra pola rúa e puidera velo, esta é unha parte moi fermosa do graffiti, é desinteresada. Tento facer o que me gusta introducindo moita cor e desfruto coa sensación de que as persoas despois de atoparse duascentas paredes grises de súpeto vexan un graffiti e digan: mira iso!
Brais (91)-horz

Visitamos o barrio na compaña de Brais, que nos explica cada un dos detalles dos graffitis dos túneles do Ventorrillo, espazos para os que conta con permisos de intervención. A poucos metros vive dende hai anos

Hai infinidade de técnicas: aerosol, pintura de aceite, tizas…Cal é a túa?

Brais (12)96-horz

Graffiti no barrio do Ventorrillo de KOME, amigo de Brais e outro consolidado graffiteiro. Ambos pertencen á crew NON ME FODAS Crew-Grupo de artistas ou “writers” que compoñen un graffiti e traballan xuntos.

Todo iso que mencionas entra máis ben no arte urbano, street art, onde se usa todo, calquera elemento da rúa: plantillas, rodillos, pegatinas, papel adhesivo. Agora por exemplo, en vez de manchar a parede facendo un debuxo, o que fas é limpar a parede para facer o debuxo. Pero o graffiti para os máis puristas é un pouco máis estrito.

O graffiti vai con spray. Son letras, é estilo, cor. Logo xa entramos na parte ilustrativa, pero iso xa é máis complexo de entender, porque:

Son un elemento máis para completar o graffiti? Ou son ilustradores que se meteron a pintar con spray porque o material lle compensa e da un bo resultado?

Neste punto Brais acláranos que a metade do graffiti que se ve agora en España non é tal. Trátase de ilustracións e intervencións estéticamente máis adsequibles para os públicos, pero que non teñen a súa base no graffiti.

Postgraffiti, arte na rúa… como chamariamos agora ao graffiti?

  • Agora fálase de postgraffiti e… estou comezando a creelo. Porque o graffiti evolucionou e xa non cumpre a mesma función coa que naceu, case non o ves na rúa, xa non se desfruta das intervencións fóra. Agora as redes sociais sono todo e ves máis graffitis na rede que en ningún lugar. Se o teu graffiti só se ve en internet, xa non é graffiti para min.

Brais (6)-745horz


Premios Xuventude Crea…que supuxo para ti ser finalista e gañador en dúas edicións coas obras Galician Octopusstyle e Estilo Salvaxe?

  • Realmente é importante de cara á xente que non entende ben a maneira de ver o noso mundo. Fai de mediador entre persoas alleas e nós. É como dicirlle ao resto que non só se fan firmas, senón que somos quen de crear mil cousas. É importante porque os graffiteiros obteñen un recoñecemento por parte das institucións de xente afastada do noso mundo.
E para rematar...

É posible vivir do graffiti?

Sí. Hoxe en día hai un montón de xente vivindo do graffiti, pero só xente como Bansky pode vivir do ilegal ao reproducir obras e vendelas en galerías, por exemplo. Pero hai moitas persoas que comezaron pintando trens, sendo perseguidos, pagando multas e hoxe gañan a vida bastante ben dentro e fóra de España. Un exemplo é  o Neno das Pinturas de Granada, que fai intervencións na rúa da súa cidade. Coincidín con el hai un par de anos e, por un lado ten as contas embargadas polo concello de Granada, e polo outro estase a facer un oco grande na escena internacional…

Ser graffiteiro é un xeito de entender o mundo e de relacionarte con el, ves potencialidades nun espazo como a Biblioteca ou o Centro Ágora?

Calquera espazo vale para o graffiti. Calquera lugar na rúa é ideal. Pero se falamos de edificios visíbeis que teñan un carácter cultural xa non digamos…


Qué é o graffiti?
  • O graffiti é egocentrismo a tope. É que te vexan. Marcar o territorio ate no lugar máis tonto. O obxectivo de todo graffiteiro é que se vexa o seu nome en cantos máis sitios mellor.

lib00501-horz

Aquí tendes algúns dos títulos que podedes desfrutar na nosa biblioteca arredor do mundo do graffiti. As primeiras pezas “masterpiece” nos trens de Nova York, pioneiros como Taki 183 ou Cat 161. Referencias dos artistas consolidados dos cinco continentes, e un percorrido por un importante número de técnicas e estilos. Por exemplo, o do noso entrevistado Brais, que lle deu nome a unha das súas obras gañadoras: o Wildstyle, un estilo salvaxe de caracteres cruzados e distorsionados que non deixará indiferente a ninguén. Máis que unha recomendación…

Brais (14)-horz

FICHA EXPRESS de Brais RT

FICHA EXPRESS
  • Un libro…El francotirador paciente, de Reverte. Agasallóumo miña nai, a cousa ía de graffiti e seica o autor xuntóuse con graffiteiros para darlle forma á historia, pero creo que non o conseguíu…menuda fantasía se montou este home…
  • Un disco, unha canción…Sempre pinto con música, pero escoito de todo. Realmente o que máis escoito é salsa. A xente non o entende, pero a min gústame a salsa. A salsa brava ademáis de Hector Lavoe, Willie Colón… Tamén escoito hip hop, rock, un pouco de todo.
  • Unha película…Vive como queiras de Frank Capra.
  • Un lugar…As columnas, debaixo do paseo marítimo á altura da casa do home. Vese dende Riazor, é un lugar precioso, podes pintar vendo o mar e no verán incluso darte un baño.
  • Un soño…Que me tiro ao mar dende un lugar moi alto.
  • Un obxectivo vital…Estar tranquilo, só iso, estar tranquilo.

portadaelfrancotiradorpaciente-horz

 

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Un comentario en ““Co graffiti, con calquera parte da cultura urbana, moita xente pode atopar un interese para o seu desenvolvemento”

  1. Pingback: Roteiros en rede | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: