Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

De roteiro co CEIP María Barbeito

Maria BarbeitoEn entradas anteriores falabamos dos roteiros realizados polo barrio cos colexios San Pedro de Visma e Raquel Camacho e hoxe queremos achegarvos a nosa experiencia co CEIP María Barbeito.

Saímos os días 26, 27 e 28 de outubro co alumnado de 3ºB, 3ºA e 3ºC respectivamente. Desafíando a choiva, percorremos un total de oito puntos de interese do barrio co obxectivo de que nenos e nenas descubrisen e valorasen espazos, recursos  e servizos que teñen no seu entorno mais próximo.

CEIP María Barbeito e Asociación de Veciños do Ventorrillo

O noso itinerario comezou no propio centro, onde fixemos o reparto dos mapas que nos guiarían durante toda a xornada. Aquí aproveitamos para lembrar a figura de María Barbeito Cerviño, para falar de porqué lle da nome ao colexio e para fixarnos no busto que  hai á entrada na súa memoria.

Nada mais saír do centro educativo aterramos no local da Asociación de Veciños, do Club Deportivo Unión Veciñal do Ventorrillo e da Peña Deportivista do Ventorrillo. Da man de Yasmine visitamos todos os recunchos da asociación, dende a sala de trofeos -incluso puidemos coller algún na man!- ata a biblioteca, a aula de informática ou o espazo onde se imparten clases como ioga ou taichi. Algúns dos nenos e nenas tiveron a oportunidade de aprender algunha postura de taichi, guiados por Manuel Aceña.

centro civico ventorrillo

Graffitis Parque Ventorrillo e Depósito de Auga

No Parque do Ventorrillo admiramos a beleza dos seus graffitis e descubrimos a diferenza entre arte e vandalismo, entre embelecer os espazos urbanos e destrozalos con pintadas que carecen de vontade artística. Á parte das explicacións, tamén houbo tempo para fotografarnos cunha das mais famosas tartarugas ninja.

graffitis

E falando de pintadas e graffitis chegamos ao Depósito de Auga, un dos elementos mais emblemáticos do barrio. Construído en 1970 e con 74 metros de altura, este depósito abasteceu a zona ata 1982, ano no que foi substituído polo de Pena Moa.

Por vez primeira puidemos acceder ás súas instalacións, da man da Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa). Escoitamos as explicacións sobre a importancia da auga e a historia do depósito e tivemos a oportunidade de ver a posta en funcionamento dunha bomba para o trasvase e suministro de auga. Os nenos e nenas mostráronse curiosos, realizaron unha chea de preguntas e desfrutaron da visita ao depósito, elemento estrela desta edición dos roteiros.

deposito auga ventorrillo

Mercado Municipal das Conchiñas e Centro Cívico Novo Boandanza

Aínda emocionados, chegamos ao Mercado co obxectivo de aprender a mercar, distinguir diferentes produtos e valorar o pequeno comercio. Percorremos varios establecementos, entre eles a peixaría e a froitaría, onde puidemos probar ademais as saborosas fresas -grazas Manolo!.

mercado das conchiñas

En Novo Boandanza recibiunos Iria, educadora social neste centro cívico. Amosounos os distintos espazos (comedor, sala de xogos, cociña, aulas de usos múltiples…) e explicounos os principais servizos e actividades que puideran resultar de interese para os nenos e nenas.

Dende aquí, saímos cara á penúltima parada do itinerario, a nosa biblioteca.

centro novoboandanza

Biblioteca Municipal Ágora e estatua de Pucho Boedo

Despois de facer un percorrido polos espazos e atender á explicación sobre actividades e servizos que as Bibliotecas Municipais ofrecen, desfrutamos dun tempo de exploración libre. Algúns aproveitaron para consultar Cascarilleiro, o catálogo das bibliotecas, e outros para ler un rato.

Biblioteca Municipal Agora

O último punto do roteiro foi a Praza de Pucho Boedo, onde falamos da figura deste mito da música galega.

Pucho_BoedoRecordamos que na biblioteca temos dispoñible para préstamo “Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo“, un documental dirixido por Xurxo Souto que reconstrúe a vida e obra deste cantante coruñés.

E ata aquí o resumo dos roteiros deste ano!

Unha vez mais agradecer  a todas aquelas persoas e institucións que colaboraron con nós para facelo posible. Mención especial aos nenos e nenas participantes e a José María, Mercedes e Gloria, titores de 3º de Educación Primaria do María Barbeito.

Advertisements

Acerca de nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

2 comentarios en “De roteiro co CEIP María Barbeito

  1. Pingback: “Co graffiti, con calquera parte da cultura urbana, moita xente pode atopar un interese para o seu desenvolvemento” | Suma Ágora

  2. Pingback: Roteiros en rede | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: