Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

De roteiro co CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

ceip san pedro de visma

Hai uns días relatabamos no blog o noso roteiro polo barrio co CEIP Raquel Camacho. É agora o turno de compartir con vós o percorrido que fixemos co alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma.

Saímos os días 21 e 22 de outubro cos grupos de 3ºA e 3ºB respectivamente, acompañados por un sol radiante e unha enorme ansia de descubrir o barrio no que estudamos, traballamos e/ou vivimos. Un total de dez puntos conforman o noso itinerario, que comeza no propio colexio.

CEIP San Pedro de Visma

Aquí repasamos o que é un roteiro, cales son os obxectivos do mesmo e repartimos un mapa a cada neno e nena e, como non, tamén ás profes. Cargados coas mochilas coa merenda e de emoción por comezar a ruta saímos do centro educativo dirección ao Centro Cívico Municipal de San Pedro de Visma.

saindo do colexio san pedro de visma

Centro Cívico e Igrexa de San Pedro de Visma 

centro civico san pedro de vismaNo centro cívico recibiunos Berta, membro da Asociación de Veciños Loureiro de Visma. Explicou aos nenos e nenas que é unha asociación de veciños, que tipo de iniciativas levan a cabo e que servizos proporciona este centro. Falounos tamén da súa oferta de actividades, entre as que destacan: experimentación lúdica, cociña, ioga, pilates, cociña, informática e baile. Despois amosounos diferentes espazos como a cociña, o ximnasio, a aula de informática, a sala de xuntanzas ou a biblioteca. Unha das cousas máis interesantes foi descubrir que cada unha das distintas salas deste edificio recibe o nome dun lugar de Visma (Pedra da Barca, O Cordal…) nun intento por recuperar a toponimia tradicional desta parroquia.

Don SimonCruzamos a rúa e chegamos á Igrexa de San Pedro, situada no alto de Visma. Alí nos recibiron cos brazos abertos Doña Visitas a 3ºA e o cura párroco Don Simón a 3ºB. Visitamos a igrexa, percorremos o adro e Don Simón respondeu amablemente ás cuestións dos nenos e nenas como Onde está Deus? ou Que son as chaves que leva esa figura? (referíndose a San Pedro).

Kung Fu Galicia

Da man de Juan Saldeño, Sifu, achegámonos á arte marcial do Kung Fu. Entre os nenos e nenas había moitas ansias por aprender movementos e técnicas de ataque e defensa, pero Sifu lles ensinou algo moito máis importante:

Kung Fu é facer as cousas ben. E facer ben as cousas é esforzarse, tanto física como mentalmente, é ir desenvolvendo habilidades e adquirindo coñecementos, é ir forxando o carácter para ser mellores persoas cada día en todos os ámbitos da nosa vida.

A través da práctica deportiva traballamos mente e corpo e podemos mellorar en confianza, estima propia e responsabilidade, vencendo os propios medos e inseguridades.

kung fu galicia

Praza de Mariñeiros

Mariñeiros

 

Falamos das orixes do barrio, que naceu a finais dos anos 50 para acoller as familias de mariñeiros e pescantinas da Coruña, e do cruceiro da praza.

Lembramos a importante labor que desenvolve a Asociación de Veciños Peruleiro e Os Mariñeiros, con sede no Centro Cívico Pescadores.

E aproveitamos ademais para tomar a merenda e repoñer forzas, antes de seguir co que restaba de itinerario.

Biblioteca Municipal Ágora

Con enerxía renovada chegamos á Biblioteca Ágora, na que os nenos e nenas descubriron os espazos, servizos e actividades que ofrece. Algún deles, como é o caso de Abou, xa era socio, pero todavía non viñera recoller o seu carnet. Ese día co trafego da visita non o demos localizado, pero tivemos a oportunidade de levarllo ao día seguinte ao colexio cando nos achegamos a buscar ao grupo de 3ºB para o roteiro.

biblioteca agora

Peruleiro, Camiño do Piñeiral  e Observatorio meteorolóxico

De camiño ao Observatorio atravesamos O Peruleiro e o Camiño do Piñeiral, que foi históricamente a  vía principal de acceso á Coruña dende San Pedro de Visma. E puidemos observar os vestixios do rural na cidade.

Falando de todo isto chegamos ao último punto do roteiro, onde asistimos con especial emoción ao lanzamento do globo sonda. Cheo de helio e provisto dos instrumentos necesarios de medida, este globo proporciona datos relativos á presión atmosférica, temperatura e humidade. Quedamos un bo rato mirando ao ceo, ata que desapareceu do noso campo de visión e é que este globo ascende aproximadamente 25 quilómetros!

observatorio meteorologico

Dende aquí, dar as GRAZAS a todas as institucións e persoas que fixeron posible outra edición dos roteiros polo barrio. Pola miña banda, non quero deixar pasar a ocasión sen facer unha mención especial aos nenos e nenas participantes, que nos aprenderon aos adultos a ilusión por descubrir o entorno, por compartir, por desfrutar e por vivir.

Advertisements

Acerca de nmartinezrey

Bibliotecaria fascinada polo social media, a comunicación 2.0 e o coaching. Cada día é unha nova oportunidade de aprender algo máis ;-)

2 comentarios en “De roteiro co CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

  1. Pingback: Roteiro polo barrio de Visma; repetimos experiencia! | Blog da biblioteca escolar do CEIP San Pedro de Visma

  2. Pingback: De roteiro co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: