Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

De roteiro co Raquel Camacho

Roteiro CEIP RAQUEL CAMACHO_VERÁN

Hai dúas semanas anunciabamos dende aquí o inminente inicio dos roteiros polo barrio cos tres centros de ensino da nosa contorna: CEIP Raquel Camacho, CEIP San Pedro de Visma e CEIP María Barbeito. Gañar estima, descubrir servizos e recunchos da súa contorna e vivilos de xeito positivo
, era un dos seus obxectivos e, de conseguilo, non tardariamos en compartilo con tod@s vós.

Nesta ocasión, foi o alumnado do Raquel Camacho quen abriu os roteiros desta xa asentada proposta os pasados días 20 e 23 de outubro. O itinerario non foi quen de esgotar a enerxía destes pequenos de 3º de primaria, que non dubidaron en amosar o seu interese e especial atención en cada un dos puntos sinalados no mapa e que a continuación percorremos.


 

CEIP Raquel Camacho, Praza de Mariñeiros e Centro Cívico de Pescadores

Foi no centro de ensino onde comezamos o noso percorrido e, como non hai roteiro sen mapa, fíxose o reparto dos mesmos lembrando as orixes da propia escola e cargando ás costas o almorzo para unha mañá intensa en contidos e descobertas. Botamos a andar inquedos e ansiosos cara a Praza de Mariñeiros e, alí compartimos a memoria das xentes do mar, lembramos a marcada identidade do barrio e compartimos ao redor do cruceiro o simbolismo relixioso do mesmo.

Na praza xa nos agardaba Josefina, a conserxe do Centro Cívico de Pescadores, que foi quen de contarnos todos os servizos e actividades dos que poderían gozar os pequenos e as súas familias, sen esquecer a importante labor que desenvolve a asociación de veciños de Mariñeiros-Peruleiro.


 

Biblioteca Ágora e Centro Novo Boandanza

Pasamos logo a carón do local da chave de Mariñeiros e xa viamos o seguinte punto da ruta, a Biblioteca Ágora. Primeiro coñecimos todos os espazos a través dunha visita guiada aos 1700 metros que conforman a biblioteca máis grande da Coruña, e logo, descubrimos as orixes da cidade a través da lenda de Hércules e Crunia.

Estefana tivo oportunidade de ler para todo o mundo un dos contos que temos a disposición do público en aprendizaxe de idiomas. Un conto de animais en rumano que todos desfrutamos e que serviu para poñer de manifesto a importancia de proporcionar materiais á diversidade de orixes e culturas que conforman o noso barrio. raquel roteiro B 054


 

Da Biblioteca saímos cara o centro Novo Boandanza e visitamos da man de Natalia, a súa directora, parte das instalacións do Centro de Día, o comedor e outros espazos polivalentes que foron o lugar perfecto para trasladarnos toda a información máis representativa que aos nenos e nenas lles puidera interesar. A visita estrela foi a clase de baile moderno para xente maior que compartimos durante un anaco e que deixou ao alumnado coa boa aberta durante uns minutos.

As experiencias interxeneracionais vinculadas á aprendizaxe ao longo da vida ou coa aprendizaxe cooperativa, son verdadeiramente interesantes para traballar cos pequenos.raquel roteiro B 164

Mercado das Conchiñas e Rúa Barcelona

A ruta polo mercado tamén foi guiada polos nenos e nenas que coñecían a algunhas das persoas que estaban á fronte das carnicerías, froiterías e outros estabelecementos do Mercado das Conchiñas que con tanto agarimo nos reciben cada ano. Aprender a mercar, distinguir os diferentes produtos, así como valorar o pequeno comercio de proximidade, son algúns dos acicates desta parada que se complementa co percorrido pola dinámica Rúa Barcelona, arteria principal do barrio.


 

Planeta Mincha e Manicómicos088

Quen sabe o que é unha mincha? Así nos recibiu o debuxante Manel Cráneo no local que o editor ten a carón da Praza das Conchiñas, e con el descubrimos por qué se chaman así os habitantes deste estraño planeta que dan nome ao proxecto creativo deste artista da banda deseñada en galego. Foi unha visita intensa na que puidemos compartir moitas das inquedanzas dos pequenos e descubrir personaxes fantásticas deste mundo creado por Manel.

 


 

E xa na rúa Andrés Gaos, estaban esperándonos Caxoto e Carolina, membros da Asociación Cultural Manicómicos, que tiñan preparadas sesións nas que a improvisación, o cante ou o baile, foron o aliciente perfecto para trasladarnos o traballo que están a desenvolver colectivos teatrais, musicais ou de novo circo.

Que é ser clown? Grazas á colaboración de Felipe Díaz (Caxoto Contacontos) coñecimos a interesante oferta formativa que dende Manicómicos se dirixe ao público infantil e, por suposto, descubrimos quen está detrás da Trastenda dos Contos.raquel roteiro B 254-horz

Observatorio Meteorolóxico e remate do roteiro

O último punto do noso roteiro estaba a piques de chegar, folgos inda había, pero só unha das visitas consolidadas do noso programa era quen de garantir a máxima atención ate última hora. E sí, o parque do Observatorio Meteorolóxico e o lanzamento do globo sonda non deixou indiferente a ninguén.

123

Outro ano máis poñiamos fin aos roteiros co Raquel Camacho, e se co globo meteorolóxico mediamos presión, temperatura ou humidade, coas avaliacións que nos acheguen profesorado e alumn@s, esperamos medir e mellorar unha proposta que a experiencia di ser imprescindible coas nosas escolas.

 

Somos barrio e facemos barrio, con el queremos estar como Biblioteca e continuar descubrindo o seu potencial a través dos roteiros. Por iso, GRAZAS a todas as persoas e entidades colaboradoras, outro ano foi posible.

Ate a próxima!

 

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

2 comentarios en “De roteiro co Raquel Camacho

  1. Pingback: De roteiro co CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma | Suma Ágora

  2. Pingback: De roteiro co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: