Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Comezan os roteiros na Biblioteca Ágora

85632

Era xaneiro de 2013 cando a Biblioteca Ágora puxo en marcha a iniciativaroteiros polo barrio” vinculada a Suma Ágora. Daquela foron  os veciñ@s da nosa contorna os que desfrutaron dun paseo polo barrio da man de Xurxo Souto e do Señor Alejandro.

Despois viñeron os roteiros para os nenos e nenas de educación infantil do María Barbeito, andabamos xa por abril de 2014 e seguiamos na teima de traballar a identidade e os espazos do barrio con estes pequenos de cinco anos.

85

 

O proxecto continuou medrando e o pasado febreiro compartimos cos tres centros de ensino da nosa área de influencia: CEIP San Pedro de Visma, CEIP Raquel Camacho e CEIP María Barbeito un total de sete mañáns, onde descubrimos elementos urbanos, históricos, culturais e, o máis importante, humanos, de moitos dos recunchos que rodean a vida diaria dos pequenos.

A descoberta de espazos, servizos, recursos e persoas, xunto coa visión en positivo do que o seu barrio é, presentóuse como un dos elementos máis satisfactorios desta proposta. E por suposto, a biblioteca Ágora constituíu un punto obrigado neste percorrido.

 

8797

Este ano repetimos con moitísimas ganas e, nesta ocasión, será no mes de outubro cando volvamos a vivir na compaña dos alumnos de 3º de primaria dos nosos tres centros de ensino, unha experiencia que de seguro non esquecerán o que resta de curso.

85214796

Nesta quenda visitaremos como novidade un dos emblemas do barrio, o depósito de augas do Ventorrillo, accederemos ás instalacións e alí explicarannos a importancia da auga, a historia do propio depósito e mesmo teremos oportunidade de ver  o funcionamento dunha bomba para o trasvase e suministro de auga, que seica non deixará indiferente a ninguén.

Quen se resiste a participar con nós nesta nova edición? Pois xa quedan menos de quince días, esperámosvos con moita ilusión…e despois, por suposto, un merecido descanso…

639

 

Advertisements

Acerca de evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Un comentario en “Comezan os roteiros na Biblioteca Ágora

  1. Pingback: De roteiro co Raquel Camacho | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 5, 2015 por en Biblioteca,Ensino,Espazos,Roteiros , , , , , , , .
%d bloggers like this: