Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

A iniciativa Agra Civis ponse en marcha na Agra do Orzán

“Un proyecto horizontal construido desde la base, en el que sectores tradicionalmente ‘sin voz’ cobrarán protagonismo en la generación de soluciones para mejorar el bienestar social y económico de su entorno, tomando las riendas de su ciudadanía.
Con Agra Civis, las 30.000 personas que conforman el vecindario del Agra do Orzán podrán abrir un proceso de descubrimiento y afirmación de su propia identidad como comunidad, intensificando su participación a través del asociacionismo y de la toma de decisiones. ”

Desta forma tan clara e ao tempo tan ambiciosa é que se posiciona e se explica a si mesma Agra Civis, a iniciativa financiada con 90.000 euros polo Programa Cidadanía Activa e que impulsa a ONG Ecos do Sur coa intención de “crear bienestar y desarrollo socioeconómico gracias a la coordinación y fortalecimiento de las asociaciones de Agra do Orzán y de la creación de espacios de encuentro y debate.”

 

parques agra calle barcelona

 

Seis son as entidades participantes no proxecto: Ecos do Sur, Viraventos, Mestura, Cuarto Sector, Juan Soñador – Teranga e Manicómicos, cada unha das cales pon en marcha un proxecto particular dentro de Agra Civis. Deste xeito, Viraventos responsabílizase do programa Tecendo redes, que busca a integración laboral e social das mulleres inmigrantes da Agra do Orzán; a fundación Juan Soñador impartirá talleres para o desenvolvemento de habilidades sociais e creativas da mocidade do barrio; a ONG Mestura realizará asembleas cidadás para diagnosticar os problemas sociais que se dan no noso entorno e canalizar e fomentar a participación veciñal no desenvolvemento comunitario; a organización Cuarto Sector, da man do colectivo madrileño Cimas, porá en marcha unha iniciativa de empoderamento de líderes e decisores sociais e, finalmente, a compañía teatral Manicómicos traballará a abordaxe de problemas como a discriminación machista ou a racial a través do programa Narrando en prata.

Desde a Biblioteca Ágora saudamos a Agra Civis, que desde o último trimestre do ano pasado se veu sumar a outras dinámicas de participación postas en marcha nos últimos anos cun enfoque similar, desde Suma Ágora a Música en Branco ou Nós facemos Agra. Ao tempo, e retomando o espírito inicial co que a Biblioteca foi concibida,  poñémola novamente a disposición como espazo de encontro e de interrelación para as persoas e os colectivos da nosa contorna.

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

3 comentarios en “A iniciativa Agra Civis ponse en marcha na Agra do Orzán

  1. Agra Civis
    Abril 28, 2015

    ¡Hola, amigos/as! ¡Muchas gracias por la difusión!

    • xcampos
      Abril 28, 2015

      Graciñas a vós pola iniciativa e moita sorte no seu desenvolvemento. Estamos aquí para o que precisedes.

  2. Pingback: Agra Civis, que barrio queremos? | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xaneiro 24, 2015 por en Agra do Orzán,Artes escénicas,Espazos,Persoas,Traballo , .
%d bloggers like this: