Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

FoliAgra, o festival da Agra de Orzán o sábado 20 de setembro

O barrio da Agra do Orzán, un barrio de músicas e músicos,  diverso e activo en moitos sentidos, estrea en poucos días un novo evento que confirma estas súas características: o festival FoliAgra. A rúa Barcelona será o espazo escollido para o desenvolvemento das actividades, que terán lugar ao longo do día 20 de setembro. A programación do festival consta de pasarrúas, música para nenos e nenas, foliada de música tradicional e dous conciertos de fin de festa.

 

10647176_10204741166717389_6386314943576729771_n

 

Desde a entidade organizadora, a Asociación de Veciñ@s da Agra do Orzán, transmiten a intención de que “esta sexa unha festa de toda a veciñanza, con actividades e oferta para todas as idades, na que nos poidamos reunir e pasalo ben todas e todos xuntos”.  Para iso, os grupos de música e baile tradicional A Rexouba, Donaire e Frouma animarán a rúa Barcelona durante toda a tarde e o grupo de música infantil Pirilampo ofrecerá o seu espectáculo para os máis pequenos.  O remate da xornada correrá a cargo dos concertos dos coruñeses Sés e Fracasados de Antemano.

 

imagen_tratada  barrio-agra-1

 

Sobre Sés

“Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido. ”

 

Sobre Fracasados de Antemano

“Fracasados De Antemano naceu aló polo 2005 no único e inigualable barrio de Labañou. Román Emilio, Brais, Ainoah e Mario, máis tarde entraría Alba, botaron a andar o grupo facendo versións de rock, blues e rock and roll. Despois de moverse polo panorama de Galiza facendo bailar a moita xente, e cando a súa axenda estaba empezando a se encher de concertos, tiveron que deixar aparcado a súa actividade. Afortunadamente foi un punto e aparte. Agora, un ano máis tarde, os fracasados volven ao ataque. Sin embargo, cun estilo diferente. A nova formación do grupo (Teje:Batería – Bardanca:Baixo – Román:Teclados – Emilio:Guitarras – Brais:Voces e trompeta – Alba:Voces) intentarán facer vibrar a xente co seu pachangueo lúdico-solidario.”

 

 

 

 

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Setembro 10, 2014 por en Música,Persoas , , , .
%d bloggers like this: