Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

O Urbana-C da Agra do Orzán informa de novos cursos de emprendemento

O proxecto Urbana-C, do que xa temos falado neste blog, é un proxecto promovido polo Concello da Coruña e  cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. Desde o ano 2007 procura, a través de diferentes iniciativas e actuacións, a rexeneración urbana do barrio da Agra do Orzán.

 

20140308_141319  urbana-c-1-638

 

 

Unha das liñas de traballo do Urbana-C é a da aposta polo emprendemento individual, é dicir, polo apoio e titorización daquelas iniciativas empresariais ou de autoemprego que se queiran poñer en marcha na zona de acción do programa. Para o seu desenvolvemento cóntase coa denominada Escola de Emprendemento, que nos meses de agosto e setembro desenvolve o seguinte plano de acción:

  • Sesións individuais de mentorización e coach para proxectos emprendedores.
  • Cursos LANZA (tres cursos de 20 horas, ao longo de catro días) de explicación do que significa e implica o emprendemento, coordinados por profesionais integrados en contextos de traballo “real”.
  • Curso AVANZA, de 250 horas, de carácter intensivo ao longo de tres meses, sobre xestión de iniciativas emprendedoras.
  • Semana do comercio electrónico, conformada por un taller de comercio electrónico, un seminario sobre novas teconoloxías aplicadas aos negocios e un outro curso de comercio electrónico para Pemes.
  • Feira de Emprendemento e Networking.

Pola especificidade das accións, todas elas gratuítas, desde URBANA C recomendan a calquera persoa interesada contactar coa Escola de Emprendemento a través do correo electrónico informa@emprendedorescoruna.es ou do teléfono 981 185 037.

 

 

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Agosto 29, 2014 por en Agra do Orzán,Espazos,Persoas,Traballo , .
%d bloggers like this: