Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

O colectivo 1aUn organiza o proxecto InstAGRA na rúa Barcelona

 

CONVERSAS_DEF[1]

Un novo colectivo se une ao traballo sociocultural arredor da realidade da Agra do Orzán. Despois do proxecto Suma Ágora da nosa Biblioteca, do proxecto Música en Branco levado adiante desde o programa europeo Urbana-C e das accións desenvolvidas pola asociación ACCEM no campo da inserción laboral das mulleres da Agra, aparece agora o colectivo de arquitectos e urbanistas 1aUn, que presentará  xunto con TEST o proxecto InstAGRA, unha exposición fotográfica comunitaria que recollerá un conxunto de imaxes aportadas polas xentes do  barrio con intención de reflectir as identidades e historias que conforman a realidade plural do barrio.

A mostra terá lugar no HANGAR de TEST, na rúa Barcelona 58 (antiga imprenta López), do 18 ao 31 de Xullo e incluirá dous eventos para complementar a exposición. Primeiramente as “Conversas” na tarde do día 19,  sábado, onde xentes do barrio entablarán un diálogo sobre os motivos que os levaron a habitar na Agra, así como os elementos e espazos que os cohesionan socialmente. Ademais, como peche, prepárase unha “Verbena” o día 31, totalmente aberta, na que haberá música e actividades a cargo de persoas do barrio, tentando dar mostra do amplo abano que compón a realidade da Agra.

Dende 1AUN e TEST faise un chamamento para que aqueles que o desexen acheguen imaxes propias do barrio, antigas ou non, que representen espazos ou momentos de valor para eles, así tamén como fotografías dos seus lugares de orixe, narrando dalgún xeito o camiño que os levou a habitar na Agra na actualidade.  Desde os organizadores informan de que as imaxes serán escaneadas e devoltas aos propietarios no momento, sendo a recollida das mesmas os días 21 e 28 de Xuño no local de TEST de 10:30 a 14:00.

Desde a Biblioteca Ágora saudamos a posta en marcha deste tipo de iniciativas, que veñen sumarse ao traballo cotiá dos propios colectivos do barrio e que inciden na liña de intervención que en Suma Ágora entendemos é de especial interese na nosa contorna. Aproveitamos, así mesmo, para lembrar a todas as usuarias e usuarios do noso blog que teñen a posibilidade de ollar as fotografías e imaxes antigas recollidas no flickr e pinterest do noso proxecto.

 

Mulleres_activas_cartel   USUARI@S DE BIBLIOTECA  calle_barcelona_2009_1

 

1366787515776_640_480_A_3314cc684701ce18c3f9ec4b6f0c9  as

 

 

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xullo 1, 2014 por en Agra do Orzán,Audiovisual,Biblioteca,Espazos,Persoas , , .
%d bloggers like this: