Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

A exposición Suma Ágora, en itinerancia polo barrio

No seu momento presentámosvos neste blog a exposición Suma Ágora como unha iniciativa derivada do traballo bibliotecario cos colectivos  do noso entorno e da recollida da memoria dos nosos barrios, realizado da man de parte da súa veciñanza. Estabamos interesados en achegar á xente que aquí vive, dunha forma accesible, contidos que puidesen resultar do seu interese, por ser xustamente ela a protagonista dos mesmos. Tratábase de traballar non tanto coa historia oficial dos barrios senón con aquilo que Unamuno denominara a intrahistoria, isto é, o cotiá, o local, o que conforma a malla diaria da vida á sombra do que se difunde desde o foco do saber académico ou do interese mediático.

Imagen 002  Imagen 016

 

Fixémolo de forma humilde, mais conscientemente. Gústanos que a xente veña á nosa Biblioteca, mais entendemos tamén que a Biblioteca debe saír de si mesma e rozarse co mundo exterior. Por iso deseñamos a exposición nun formato que fixese posíbel que eses contidos se puidesen achegar a moitos espazos diferentes, para facilitar a súa divulgación e coñecemento. Nos contidos – nos once paneis roll-up que a compoñen, de natureza divulgativa- está o barrio:  as persoas, os espazos, o traballo e o lecer, as festas, os colectivos e asociacións, a cultura, o ensino, o deporte, o comercio, a historia e a memoria, a diversidade, … Mais queremos que eses contidos estean tamén presentes de xeito directo no barrio. Facemos nosas, neste sentido, as palabras do músico Henry Arteaga, que se reproducen nun dos post do blog das nosas bebetecas:  “Hai que coñecer os territorios. Non velos, senón coñecelos de ti a ti. Hai que ir e comunicarse directamente coa comunidade…”

 

sd

 

Despois de estar durante varios meses na propia Biblioteca, a exposición comezou a súa itinerancia por entidades da nosa zona: o IES Salvador de Madariaga, a Asociación de Veciños e Veciñas da Agra do Orzán, o IES Agra I, o Centro Tomás Barros (do 16 de maio ao 15 de xuño), o Centro Cívico dos Mariñeiros (do 16 de xuño ao 30 de xuño) e o Centro Cívico de San Pedro de Visma (xullo).

 

 

2014-03-06 10.45.39 2014-03-06 10.47.49

 

Desde este blog queremos animarvos a que vos acheguedes a algún dos espazos polos que a exposición vai pasar nos vindeiros meses, para terdes a oportunidade de a coñecer directamente. Mais queremos aproveitar tamén para vos lembrar que podedes vela completa neste enlace . A maiores, temos tamén un taboleiro en Pinterest , composto por unha selección das fotos máis bonitas de cada bloque. Finalmente, se o preferides no flickr, aquí tedes os bloques temáticos da exposición nesa plataforma: A nosa xente,Un pobo de artistas, Aqui sempre fomos moi deportistas, Tempo de lecer.

 

kyb as

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “A exposición Suma Ágora, en itinerancia polo barrio

  1. Pingback: A exposición Suma Ágora, en itinerancia polo barrio | anyeladu98

  2. Pingback: A exposición Suma Ágora, en itinerancia polo barrio | anyeladu98

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: