Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio

Coñecer o noso barrio, poñer en valor os seus espazos e as súas xentes, e sentírmonos máis de aquí, colectivamente. Ese é un dos obxectivos que desde o principio tivemos no proxecto Suma Ágora, e que tentamos desenvolver a través de diferentes actividades. Os roteiros pola nosa xeografía urbana, tanto para adultos como para nenos, foron unha delas. Desta volta, a petición do colexio María Barbeito, o equipo de infantil da nosa Biblioteca preparou tres roteiros específicos para tres aulas de nenas e nenos de 5 anos.

Como primeira acción preparatoria, días antes da celebración das saídas guiadas desprazámonos ao colexio para levar a cabo unha sesión de estimulación das nenas e nenos, co obxectivo de lles explicar de forma lúdica en que ían consistir os roteiros, que puntos do barrio visitariamos e a que figuras do mesmo prestariamos atención.

 

Motivación roteiro infantil Motivación roteiro infantil (4) Motivación roteiro infantil (5) Motivación roteiro infantil (3)

 

Cinco foron os puntos escollidos para nos deter: o propio colexio, a asociación de veciños, o parque do Ventorrillo, a praza de Pucho Boedo e a Biblioteca Ágora. Como é lóxico, a carón das explicacións contextuais adaptadas para as idades coas que traballamos, non podía faltar a diversión, a creatividade e a música. Estando no Ventorrillo, era obrigado o protagonismo para o grande crooner da Silva,  Pucho Boedo.

 

Xa na sesión preparatoria disfrutáramos coas cancións de Pucho e Os Tamara, e aproveitamos para pedir nas aulas á rapazada  a súa particular visión desta figura. Aquí tedes un par dos estupendos resultados que nos fixeron chegar…

pucho boedo1 pucho boedo

 

Unha vez preparada a visita, pasamos ao seu desenvolvemento, que fixemos en tres días, un para cada grupo. O percorrido, sinxelo pero ben bonito. No cole soubemos máis de María Barbeito, muller innovadora e atrevida do seu tempo, que apostou por un ensino mixto e en galego nos tempos da II República. Na asociación de veciños descubrimos, da man de Jaime, un dos seus membros, a importancia de a xente se organizar colectivamente para traballar polo ben común, e visitamos as instalacións do local veciñal, nas que teñen cabida clubes deportivos, sala de informática, actividades físicas, … Nesa zona o roteiro remataba xusto ao carón, no parque do Ventorrillo, onde aprendemos a facer os nosos grafittis particulares, fomentando a creación artística ao tempo que o coidado do entorno.

 

Roteiro infantil (1) Roteiro infantil

Roteiro B (3) Roteiro B (2)

10 abril 003 (8)  Roteiro infantil (3)

10 abril 003 (4)  Roteiro infantil (2)

Roteiro B (4) 10 abril 003 (6)

Roteiro B  10 abril 003 (2)

A estatua de Pucho Boedo, ata a que fomos cantando  “A Santiago Voy” versionada ao galego, foi a penúltima parada do traxecto, que nos serviu para falar das orquestras, da música e da vida deste home que deixou pouso na nosa música e na memoria cultural do noso país. O derradeiro espazo, claro, foi a Biblioteca, onde despois dun percorrido por todos os seus recantos, gozamos das interpretacións que as nosas compañeiras Eva e Natalia fixeron das cancións  “O mundo do revés“, versión de El reino del revés, e do “Bruxiño de Gulubú”, versión de El brujito de Gulubú, da arxentina María Elena Walsh,  e tamén do Tiro-liro, a canción que o grupo Migallas versiona no seu libro-disco Pan de Millo a partir do orixinal da portuguesa Amália Rodrigues.

En definitiva, unha experiencia máis de traballo arredor da identidade e dos espazos dos barrios dos que formamos parte,  da que sempre quedamos coa sensación de aprendermos tanto nós coma os propios nenos e nenas.

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio

  1. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

  2. Pingback: Comezan os roteiros na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Abril 15, 2014 por en Ensino,Espazos,Música,Persoas,Roteiros,Ventorrillo e A Silva , .
%d bloggers like this: