Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Mulleres coraxe: María Barbeito

mbarbeito2

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña dedicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe. No blog Suma Ágora centrámonos na difusión dunha das mulleres máis salientábeis da historia da nosa cidade, que ademais dá nome a un colexio público no noso barrio: María Barbeito.

María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño (A Coruña, 1880 – 1970) foi unha socióloga, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista e mestra coruñesa, comprometida co progreso e a xustiza social desde o campo da educación e a igualdade. Na labor pedagóxica introduciu en Galicia os principios de Montessori e o seu método, así como a figura dos “centros de interés”, do belga Ovide Decroly (1871-1932).

María Barbeito estudou na Escola Normal de A Coruña, resultando o nº1 da promoción. Encomendouselle a responsabilidade da “Escola Da Guarda”, que naquel momento era de formación de nenos. Dende a pedagoxía participativa defendeu sempre a superación das clases sociais e a intruducción da lingua galega nas escolas. No terreo social foi fundadora de institucións benéfico-sociais como: “El niño descalzo”, “El comedor y ropero Da Guarda”, “Gota de Leche”, “La Casa Cuna” e “Las Cantinas Escolares Concepción Arenal”; sen esquecer a famosa “Fiesta de la Flor”, que mais tarde se convertería na Fiesta de la Banderita” da Cruz Vermella.

No 1941, aos sesenta anos, foi destituida por razóns políticas -tivera un pasado claramente republicano e galeguista- dos seus cargos académicos e forzada a se xubilar. Pertenceu ao Instituto de Estudos Galegos e á Real Academia Galega.

(Texto do alumno en prácticas Jacobo Sampedro)

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Mulleres coraxe: María Barbeito

  1. Pingback: As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio | Suma Ágora

  2. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Marzo 5, 2014 por en Agra do Orzán,Ensino,Literatura,Ventorrillo e A Silva , , , .
%d bloggers like this: