Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

A veciñanza da Agra recupera cunha exposición a toponimia do barrio

1223288884520_RONDA-DE-OUTEIRO-CON-AVDA-DE-ARTEIXO-VIOnhO  mapa_coruña

Pola Asociación de Veciños da Agra do Orzán sabemos dunha nova iniciativa  que busca aprofundar no coñecemento da contorna e da historia do propio barrio. Trátase dunha mostra e dunha exposición permanente arredor da toponimia orixinaria da zona.

En palabras dos seus organizadores, “a zona da Agra do Orzán creceu desordenada e rapidamente nun ambiente pouco respectuoso co patrimonio cultural e paisaxístico. Desprezouse a toponimia tradicional e por iso salvouse unha presiña ben pequena da mesma: Agra da Bragúa, Entrepenas, Nelle, Campo da Burra, Outeiro, As Cunchiñas, … mais outros foron deturpados (Agramela é grafada as máis das veces como A/La Gramela)”.

Para alén de nos nomes de lugar propios do barrio, a mostra atende tamén aos persoeiros e persoeiras que dan nome ás rúas do mesmo. Músicos, pintoras, poetas, … que ennobrecen os espazos e alivian o peso do cemento.  A exposición AGRAdarache Saber inaugurouse o 22 de xaneiro na Facultade de Educación do cámpus de Elviña.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xaneiro 30, 2014 por en Agra do Orzán,Biblioteca,Espazos,Persoas .
%d bloggers like this: