Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Entrevistamos ás responsábeis do proxecto Mulleres Activas 2.0 da Agra do Orzán

Mulleres_activas_cartel 

Na Biblioteca Ágora apostamos, desde o primeiro día, por estarmos pendentes de coñecer e de colaborar con canto colectivo e entidade opera nos nosos barrios de atención inmediata, os da nosa contorna. Fixémolo e facémolo con persoas e asociacións de todo tipo, e unha das últimas foi coas mulleres que xestionan o proxecto Mulleres Activas 2.0. Pedímoslles que nos respondesen a unha serie de cuestións coas que sabermos máis delas e da súa idea, e prestáronse amablemente. Velaquí a entrevista.

¿Que é e como xorde Mulleres Activas?

 Mulleres Activas 2.0 é un proxecto de inserción laboral organizado por Accem Galicia, dirixido ás mulleres en situación de desemprego residentes no barrio coruñés do Agra do Orzán, enmarcado no Proxecto Integral de Rexeneración UrbanaC do Agra de Orzán, promovido e financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Concello de A Coruña.

 Hai un ano xa que a idea de Mulleres Activas comezou a xestarse e porse en marcha no barrio da Agra, o máis diverso e populoso da cidade; co obxectivo de promover a inserción laboral das mulleres e fomentar a súa participación social na contorna na que residen.

 Accem Galicia acudiu a convocatoria aberta para xestionar mediante convenio esta proposta de traballo no 2012 polas particulares características sociodemográficas do Agra, onde a diversidade cultural e xeracional veñen a configurar un escenario veciñal con moitas potencialidades para o seu desenvolvemento.

 ¿Que proxectos tedes entre mans nestes momentos?

Agora mesmo e ata finais de ano, Mulleres Activas 2.0 continuará desenvolvendo a súa actividade no barrio atendendo ás liñas demarcadas no proxecto, levando adiante as actividades que aínda están por realizarse. Entre elas, a Cita Expres co empresariado da cidade e as mulleres participantes no proxecto; as sesións formativas de búsqueda de emprego online que continuarán en Decembro e as atencións individuais que facemos diariamente. Por outra banda, estamos a piques de rematar, xunto a D&R Studios, a edición e montaxe da videoreportaxe “Nós facemos Agra” e o lipdub “Mulleres Activas no Agra de Orzán” (coa colaboración do grupo Chotokoeu), dous documentos audiovisuais cos que Mulleres Activas 2.0 pretende dar a coñecer o barrio e fomentar a participación social da veciñanza no mesmo, e que serán presentados a mediados do mes que ven no Centro Sociocultural Ágora. Pódense seguir os nosos pasos na web www.activasnoagra.org

 

mulleres_activas_ext

¿Como vedes a situación social e económica do Agra de Orzán?

 A pesar de non ter feito un estudo sociodemográfico en profundidade, da nosa intervención e convivencia no barrio do Agra sí podemos concluír que é este un barrio moi diverso socialmente falando, tanto a nivel cultural como xeracional; o cal para nós é indicativo das súas potencialidades e fortalezas comunitarias, bases para facilitar o seu propio desenvolvemento se se articulan de xeito favorable as relacións veciñais, para o que tamén resulta moi interesante o tecido asociativo existente no barrio e na súa contorna máis próxima. 

 Noutro senso, e en referencia á situación económica do Agra, recoñecemos no testimonio veciñal unha pauperización do barrio, maioritariamente centrado nun tecido comercial que se asenta no pequeno negocio, sinaladamente familiar, que está resentindo e moito as consecuencias da situación de crise xeral que se vive hoxe. A máis da expansión na cidade de grandes superficies comerciais: un punto importante este que tende a ser sinalado na maioría dos discursos recollidos entre a veciñanza como negativo para o desenvolvemento da economía local. Unha situación que ten o seu reflexo tamén no índice de desemprego que sostén a poboación do Agra de Orzán, un dos máis elevados da cidade, e que incide particularmente no sector femenino da mesma.

 ¿Coñecedes a Biblioteca Ágora? ¿Que papel vos parece que debe xogar con respecto aos barrios da súa contorna?

 Por suposto, de feito conversamos coa mesma ao longo do proxecto coa intención de compartir experiencias e iniciativas: a Biblioteca Ágora supón un punto de referencia do que partir para o coñecemento da veciñanza do barrio e da súa contorna, e por isto é que recurrimos ao seu apoio para o desenvolvemento dalgunha das nosas actividades, como a videoreportaxe sobre o Agra que estivemos gravando estos meses e qe será presentada o mes que ven.

 Seguindo nesta liña, entendemos que o seu papel respecto da contorna na que se insire debería seguir a liña coa que comezou e coa que entendemos, continúa: dinamizando e fomentando o desenvolvemento comunitario a través da recuperación da memoria do barrio e os seus arredores, tecendo vínculos coa veciñanza a traves das actividades que pon en marcha e achegando espazos de coñecemento como ata o de agora.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Entrevistamos ás responsábeis do proxecto Mulleres Activas 2.0 da Agra do Orzán

  1. Pingback: A iniciativa Agra Civis ponse en marcha na Agra do Orzán | Suma Ágora

  2. Pingback: Agra Civis, que barrio queremos? | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Novembro 21, 2013 por en Agra do Orzán,Traballo .
%d bloggers like this: