Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Xosé Manuel Sánchez Rei: “É preciso apostar pola simbiose entre as culturas para forxar a identidade común do bairro”

Profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, músico e membro da asociación de veciños da Agra da Orzán, Xosé Manuel Sánchez Rei é un amante da cultura galega e un estudoso da toponimia e da música tradicional zona. Conversamos con el de diferentes aspectos da vida na Agra e da súa visión do presente e futuro do barrio.

– Chámome Xosé Manuel, vivo no bairro desde hai 7 anos, aínda que de sempre tiven contacto con el. Eu nacín en Cances, mais desde neno lembro vir á Agra para comprar a roupa, os libros, a comida, … Hoxe vivo na rúa Pascual Veiga, nun lugar ao que hai cento e pico de anos chamaban o Alto do Penedo, porque había unha rocha grande no que hoxe é a confluencia da Canceliña, o Observatorio e a Rúa Barcelona.

– As lembranzas máis vellas que teño é de vir ao colexio desde Cances, atravesando as pistas, con bastante menos cemento e edificacións. A rúa Barcelona non era peonil, había casas vellas, … O bairro é produto da especulación urbanística dos anos 60 e 70, cun desenvolvemento caótico e masivo. Quizais nos 80 se produce a ruptura entre o pasado rural e unha nova realidade xa claramente urbana. Houbo un incremento brutal do cemento, acompañado dunha perda de zonas verdes.

– Moita toponimia desapareceu coa urbanización das diferentes zonas. Galiza e o norte de Portugal -a antiga Gallaecia- teñen máis da metades dos nomes de lugar de toda a Península Ibérica. Isto infórmanos dunha forma de vínculo, de relación e de asentamento no territorio moi especial. Aquí houbo un proceso de substitución, nuns casos,  e de barbarización noutros. Agramela, por exemplo, ten que ver con Agra, é unha agra pequena, pero a barbarización ao español como La Gramela acabou separando o topónimo e creando un artigo inicial que non existía. Despois hai denominacións populares como Katanga, Corea, etc que teñen orixe noutro tipo de cuestións sociais.

– A Agra é un dos bairros máis populosos e con maior densidade de poboación de toda Europa. Aquí primeiro veu moita xente da zona de Soneira e da Costa da Morte,  porque era o primeiro bairro urbano co que se atopaban, logo moita outra chegou dos bairros próximos de Cances, da Silva, de Visma, … e doutras zonas de Galiza. Finalmente a inmigración sudamericana e africana. Hoxe somos un bairro grande e felizmente multicultural, moi diverso, cunhas características sociais moi particulares.

Xosé Manuel 10

–  Neste bairro atopas todo o que precisas: alimentación, roupa, lecer, … É preciso apostar pola simbiose, polo coñecemento mútuo entre as culturas. A galega, as africanas, as sudamericanas, … temos que relacionarnos máis e apostar por unha identidade enriquecida nese aspecto. É un bairro ademais con moita presenza cultural: de aquí foi Pucho Boedo, aquí moran os irmáns Seixo, Xurxo Souto, Bieito Romero e Luar na Lubre teñen aquí a súa orixe, os irmáns Cerqueiro, …

– A veciñanza quere dinamización económica e habitabilidade urbanística. Precisamos espazos para a vida en común, servizos públicos, zonas verdes… e tamén plans de activación socioeconómica, onde as persoas pesen máis que os intereses urbanísticos.

– O proxecto do Ágora debería ser un punto de encontro, un lugar de esparcimento social e cultural, pensado para a interacción e o convívio. É unha boa iniciativa, que chega tarde pero que debe ser positiva, e debe ir acompañada doutras semellantes.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 16, 2013 por en Agra do Orzán,Conversas con...,Espazos,Literatura,Persoas,Traballo , , .
%d bloggers like this: