Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Merche Carrión, de Cáritas Boandanza: “A xente maior enfróntase a continuas perdas afectivas”

Merche 09

Falamos con Merche Carrión cando as obras no Centro Boandanza aínda non comezaran. Todo amabilidade e disposición para colaborar con nós, contounos o labor social da entidade na que traballa e a súa experiencia e visión persoal sobre o barrio.

– Chámome Merche Carrión e son directora do Centro Boandanza de Cáritas. Levo traballando aquí desde o 1994 e vivindo no barrio desde o 96. Non son moitos anos, mais si os suficientes como para ver certos cambios no noso entorno.

– Neste tempo, especialmente no aspecto do urbanismo, notáronse melloras. A posta en marcha do Ágora é positiva nese sentido. Para as unidades de traballo social que tiñamos que ir aos Mallos ou a Labañou, ter agora o rexistro municipal, servizos sociais e biblioteca no propio barrio é moi valioso. Percibo esforzos por humanizar a zona, por paliar a falta de zonas verdes e de convívio público, …

– A miña visión da xente do barrio é sesgada, porque eu con quen máis me relaciono, polo meu traballo, é coa xente maior. Dividíria o barrio por zonas. Nesta das casas de Franco hai moita xente maior, moita dela que veu hai anos traballar para a Coruña desde o rural, ou outra que chegou hai pouco, traída polos fillos porque non podía quedar soa na aldea, dun nivel socioeconómico baixo, con nivel cultural tamén baixiño… é unha zona bastante obreira, de xente loitadora.  O barrio da Agra ten tamén algo deste perfil. A grande maioría é xente que veu das aldeas para aquí para A Coruña, aínda que nos últimos anos tamén hai moita xente de orixe inmigrante. O Ventorrillo en cambio xa é socioloxicamente diferente, familias máis novas, dun nivel cultural e económico máis alto.

Merche 05

– Nós aquí o que pretendemos é ofrecer un espazo para que a xente maior se poida socializar, para que teñan un lugar onde paliar as constantes perdas afectivas que sofre a xente maior (morren as parellas, as amizades, …). Cando un ten 80 anos é máis difícil relacionarse con outra xente, e por iso nós ofrecemos posibilidades nese sentido. Temos actividades de moi diverso tipo, que funcionan con voluntariado: tai-chi, ganchillo, ximnasia, manualidades, pintura ao óleo, educación de adultos, excursións, conferencias, … A actividade estrela son as partidas de cartas (risos), sobre todo polas tardes. E despois de servizos ofrecemos un comedor cafetaría, podoloxía, perrucaría, … todo acorde coas pensións dos nosos maiores. Eu cando vexo nas noticias que a pensión media é nonseicanto, sempre penso “pois será noutros lados, aquí non, aquí é moito máis baixa”.

– Penso que en xeral este barrio ten identidade. Eu vivo aquí e vivo a gusto, gústame o sentido de barrio, de unión, como se fose unha aldea, un pobo. A xente fala, axúdase, séntense veciños. Noutras zonas as relacións son máis frías, moi correctas pero frías, sen tanto vínculo. Nesta zona ademais hai bastantes colectivos, de inmigrantes, veciñais, ONG´s, … é unha zona dinámica neste sentido.

Carmen 13

– Non estou de acordo cando se di que aquí temos de todo. O barrio precisa ser humanizado, precisa apoio. Necesitamos zonas verdes e lugares para a convivencia, especialmente na Agra … Non fai falla que cambien grandes cousas, pero é evidente que tanta grande superficie comercial fixo moita mella no pequeno comercio, a Rúa Barcelona non é o que era hai quince anos, e iso nótase no conxunto da zona.

– O Ágora debe achegar os recursos municipais e as actividades socioculturais á xente dos barrios. Moita xente maior tiña verdadeiros problemas para ir ao Centro Cívico de Labañou, por exemplo, e ter a unidade de traballo social aquí ao lado é marabilloso.

– Aquí no Centro hai xente que deixou pegada. Unha señora que era moi amiga de Pucho Boedo, por exemplo, que falaba moito del. Mesmo cando ela casou o Pucho Boedo foi quen lle agasallou o viño da cerimonia. Tamén da señora América, unha institución no noso Centro, que xa morreu, e que era moi querida e respectada por todo o mundo…

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Merche Carrión, de Cáritas Boandanza: “A xente maior enfróntase a continuas perdas afectivas”

  1. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP Raquel Camacho | Suma Ágora

  2. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: